Antes de construír o noso módulo, queremos probar os materiais necesarios para o noso proxecto. Así poderemos saber as súas características e ver como reaccionan. Para iso faremos dúas probas diferentes:
1ª Observación do comportamento do barro en contacto co cartón,
2ª Construción dun molde de escaiola.
Antes de nada vou falar un pouco destes dous materiais: barro e xeso.
Barro: o barro é unha mistura semilíquida de auga e terra composta por sedimentos, partículas de po e arxila. Os depósitos de barro endurécense co paso do tempo ata converterse en lutita. O barro, como material de construción, tanto apilado a man, en forma de ladrillos, ou compactado, é unha forma moi barata e pouco técnica de crear parades e muros.
Xeso: o termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga, e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.
1º proba: nunha lámina de cartón pequena, pegamos con cola de contacto dúas filas de trozos cuadrangulares de cartón, separados uns 2 cm aproximadamente. Así formamos unha estrutura que se pode recubrir con barro. Recubrímolo todo de barro, deixando pequenos espazos onde o cartón esta en contacto co aire, para que o día seguinte podamos ver a cantidade de humidade que ten o cartón.
2º proba: queremos facer unha parte do molde dun toro. para iso, construímos unha plataforma para o toro. A altura da plataforma ten que chegar ata cubrir a semicircunferencia inferior da circunferencia xeratriz do toro. A partir desa plataforma, formamos unha muralla arredor dela para que a escaiola líquida non escape, e ao secar forme unha parte do molde.
Botamos escaiola ata que supere a altura máxima do toro, o mellor sería que houbera uns 3 cm de espesor. Deixase secar. Ao día seguinte podemos sacar o barro, e o resto de material é parte do molde. Dáselle a volta,e pódese ver perfectamente a metade do toro que está descuberta. Quitamos o toro e xa temos unha parte do molde (parte negativa). Para completalo facemos o mesmo proceso que para a primeira parte: colocamos o toro, facémoslles unha barreira de barro, vertemos escaiola, e esperamos a que seque. Para que funcione o molde deberíase facer uns rexistros e un bebedeiro para verter escaiola líquida.
Para a preparación da escaiola podemos tomar como referencia a información presentada no seguinte vídeo: