Electrificación da lámpada

Unha vez construídos os módulos, decidimos facer probas de electrificación para 2 módulos.

  • Deseño do circuíto e compoñentes eléctricos e electrónicos:

Inicialmente deseñamos o circuíto e realizamos os cálculos pertinentes, para saber que resistencia tiñamos que colocar, empregando a Lei de Ohm.  O circuíto estaba formado por 2 led,s de alta luminosidade en serie cunha resistencia e un interruptor como elemento de control. Reutilizamos un cargador vello dun móbil como fonte de alimentación, para poder enchufar a lámpada  directamente á rede eléctrica. Probamos o circuíto empregando unha placa protoboard e realizamos medidas de voltaxe e intensidade co polímetro. Logo de facer o calculo numérico e de elixir a resistencia adecuada, pasamos a montar o circuíto dentro no interior dos módulos.

  • Cableado:

Cableamos os módulos da lámpada, asegurándonos de que as pezas estaban totalmente ocas e  tiñan o suficiente espazo para pasalo cable. Analizamos como deberías ir as conexións volvendo ao esquema electrónico.

  • Instalación dos LED,s:

Unha vez os cables listos e ben preparados, dispoñémonos a colocar os leds no seu sitio empregando uns porta-led,s prefabricados que insertaremos na parafina. Debemos revisar as conexións dos leds para que a intensidade poda circular. Temos que asegurarnos de que as unións sexan estables para evitar problemas de conexión.

  • Comprobacións:

Probamos o circuíto antes de soldar os compoñentes e finalizar o proceso de cableado. Conectamos o noso novo circuíto a unha toma de corrente e vemos como funcionan os nosos leds. Probamos a mobilidade do circuíto para ver que está ben construído e que non se desune. No caso de que estas dúas accións non saian como esperamos, deberemos revisar o circuíto outra vez ata atopar o fallo.

Se todo sae ben, así é como queda.

  • Soldadura:

Unha vez comprobado o circuíto, soldamos as unións dos compoñentes electrónicos ao cable e unimos os módulos de parafina.

 

 

Construindo o primeiro módulo en escaiola

Nesta fase explicaremos a construcción do primeiro módulo en escaiola, utilizando un molde perdido.

Logo de rematar o noso molde perdido, pasamos a fabricar a primeira peza en escaiola. O molde non era do mellor, xa que tiña dous inconvenientes bastante grandes: primeiro, o molde non era nada ergonómico, é dicir, que era difícil de suxeitar, de colocar para verter a escaiola, etc. Segundo, a parte interior do molde era moi porosa, o que nos perxudicaba moito para obter unha peza lisa e sen deformacións.

Aínda así, non nos demoramos máis e seguimos adiante. Para arranxar o defecto da porosidade, encheos os buracos con troziños dunha pastilla de xabón. Logo, polas partes do molde que ían a estar en contacto, tanto unha coa outra como as que estarían en contacto ca peza, extendimos unha capa de vaselina. Isto fará que as partes non se queden pegadas e que a nova peza saia perfectamente do molde sen que haxa perigo de rotura. Co molde xa preparado, cerramos as dúas partes e asegurámolo con gomas elásticas, para que mentres se realizase o proceso de vertido, o molde non se abrise e garddase de forma óptima a escaiola líquida. De seguido, preparamos a escaiola e vertémola polo bebedoiro ata rebasalo.

Sen perder o tempo, axitamos o molde con pequenas vibracións para que a escaiola ocupe toda a forma do molde, e para que non queden dentro bolsas de aire que deformarían a figura. Todo isto antes de que fraguase a escaiola.

Por último, pasadas un par de horas como mínimo, abrimos o molde e con coidado separamos as dúas partes. No noso caso tivemos que romper parte do molde para sacar a peza, pero non pasa nada xa que este era un molde perdido, o molde que nos daría unha primeira aproximación de como queremos que sexa a nosa peza a reproducir. Sacamos a peza, quitámoslle as impurezas, limpámola un pouco porque aínda conten a vaselina e listo, a peza estaría lista para con ela, fabricar o molde verdadeiro co que fabricaríamos as pezas necesarias no material que quixésemos.

Experimentando cos materiais

Antes de construír o noso módulo, queremos probar os materiais necesarios para o noso proxecto. Así poderemos saber as súas características e ver como reaccionan. Para iso faremos dúas probas diferentes:

1ª Observación  do comportamento do barro en contacto co cartón,

2ª Construción dun molde de escaiola.

Antes de nada vou falar un pouco destes dous materiais: barro e  xeso.

Barro: o barro é unha mistura semilíquida de auga e terra composta por sedimentos, partículas de po e arxila. Os depósitos de barro endurécense co paso do tempo ata converterse en lutita. O barro, como material de construción, tanto apilado a man, en forma de ladrillos, ou compactado, é unha forma moi barata e pouco técnica de crear parades e muros.

Xeso: o termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga, e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.

1º proba: nunha lámina de cartón pequena, pegamos con cola de contacto dúas filas de trozos cuadrangulares de cartón, separados uns 2 cm aproximadamente. Así formamos unha estrutura que se pode recubrir con barro. Recubrímolo todo de barro, deixando pequenos espazos onde o cartón esta en contacto co aire, para que o día seguinte podamos ver a cantidade de humidade que ten o cartón.

2º proba: queremos facer unha parte do molde dun toro. para iso, construímos unha plataforma para o toro. A altura da plataforma ten que chegar ata cubrir a semicircunferencia inferior da circunferencia xeratriz do toro. A partir desa plataforma, formamos unha muralla arredor dela para que a escaiola líquida non escape, e ao secar forme unha parte do molde.

Botamos escaiola ata que supere a altura máxima do toro, o mellor sería que houbera uns 3 cm de espesor. Deixase secar. Ao día seguinte podemos sacar o barro, e o resto de material é parte do molde. Dáselle a volta,e pódese ver perfectamente a metade do toro que está descuberta. Quitamos o toro e xa temos unha parte do molde (parte negativa). Para completalo facemos o mesmo proceso que para a primeira parte: colocamos o toro, facémoslles unha barreira de barro, vertemos escaiola, e esperamos a que seque. Para que funcione o molde deberíase facer uns rexistros e un bebedeiro para verter escaiola líquida.

Para a preparación da escaiola podemos tomar como referencia a información presentada no seguinte vídeo:

Lámpada movil desmontada

 

Esta interesante imaxe permítenos ver os mecanismos e os circuitos desta lámpada movil. Esta imaxe pódenos dar unha idea de como temos que construir a nosa lámpada en referencia ó sistema de funcionamento interno da mesma.

 

Lámpada con interesantes características

LÁMPADA:

 

Paréceme interesante esta imaxe principalmente polas súas características: primeiro, o seu deseño é relativamente simple e as súas partes repítense en todo o obxecto. Segundo, é un obxecto pequeno e cómodo, que non necesita estar colgado, senón que pode situarse en calquera superficie plana. Terceiro, non ten unha luz moi potente, nin moi concentrada nun punto, senón que emite unha luz moi difusa e en todas as direccións, o cal  nos sería útil se queremos traballar coa tecnoloxía LED de baixo voltaxe.

En definitiva, creo que esta lámpada é un bo exemplo para axudarnos a pensar o deseño do noso proxecto.