Construindo o primeiro módulo en escaiola

Nesta fase explicaremos a construcción do primeiro módulo en escaiola, utilizando un molde perdido.

Logo de rematar o noso molde perdido, pasamos a fabricar a primeira peza en escaiola. O molde non era do mellor, xa que tiña dous inconvenientes bastante grandes: primeiro, o molde non era nada ergonómico, é dicir, que era difícil de suxeitar, de colocar para verter a escaiola, etc. Segundo, a parte interior do molde era moi porosa, o que nos perxudicaba moito para obter unha peza lisa e sen deformacións.

Aínda así, non nos demoramos máis e seguimos adiante. Para arranxar o defecto da porosidade, encheos os buracos con troziños dunha pastilla de xabón. Logo, polas partes do molde que ían a estar en contacto, tanto unha coa outra como as que estarían en contacto ca peza, extendimos unha capa de vaselina. Isto fará que as partes non se queden pegadas e que a nova peza saia perfectamente do molde sen que haxa perigo de rotura. Co molde xa preparado, cerramos as dúas partes e asegurámolo con gomas elásticas, para que mentres se realizase o proceso de vertido, o molde non se abrise e garddase de forma óptima a escaiola líquida. De seguido, preparamos a escaiola e vertémola polo bebedoiro ata rebasalo.

Sen perder o tempo, axitamos o molde con pequenas vibracións para que a escaiola ocupe toda a forma do molde, e para que non queden dentro bolsas de aire que deformarían a figura. Todo isto antes de que fraguase a escaiola.

Por último, pasadas un par de horas como mínimo, abrimos o molde e con coidado separamos as dúas partes. No noso caso tivemos que romper parte do molde para sacar a peza, pero non pasa nada xa que este era un molde perdido, o molde que nos daría unha primeira aproximación de como queremos que sexa a nosa peza a reproducir. Sacamos a peza, quitámoslle as impurezas, limpámola un pouco porque aínda conten a vaselina e listo, a peza estaría lista para con ela, fabricar o molde verdadeiro co que fabricaríamos as pezas necesarias no material que quixésemos.

Comments are closed.