Este curso tivemos a oportunidade de expor desde o 22 de abril ao 8 de maio no IES de Brión a exposición “Sobre Galicia Industrial”.
A exposición forma parte do proxecto Intercentros de educaBarrié do 2013, “Sobre Galicia Industrial” , que xorde a partir da exposición orixinal da Fundación Barrié “Galicia Industrial”
Galería de imaxes da exposición orixinal.
Documental da exposición “Galicia Industrial”
Para máis información sobre o proxecto podes ver o seguinte vídeo:
Sen dúbida seguiremos traballando este e vindeiros cursos, co proxecto. Parabéns e agradecemento ás tecnólogas, autoras do proxecto, polo traballo realizado e boa dispoñibilidade para difundilo.