Eva Dafonte María jose malmierca Verónica Ramallal Carmen García Mateo Nieves Rodrigez Brisaboa
Nieves R. Brisaboa

Nieves Rodríguez Brisaboa, doutora en Psicoloxía e Ciencias da Computación, catedrática en Linguaxes e Sistemas Informáticos, desenvolve unha intensa labor de investigación e xestión académica, así como colaboracións en programas de motivación das rapazas en Informática. Foi premio Ada Byron no 2016.

Biografía

Nace en A Coruña en 1958.

-Formación

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid no 1979.

Licenciada en Informática pola Universidade da Coruña (UDC) no 1992.

Doutorado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa tese " "Elicitación de coñecementos para a construción de sistemas expertos" no 1993.

Doutorado en Computación pola UDC coa tese: "Inclusión de consultas conxuntivas baixo a Semántica de Bolsas" no 1997.

Catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos na UDC.

-Vida laboral

Entre 1979 e 1987 foi profesora de Educación Especial e EXB.

Ao final da súa licenciatura en Psicoloxía creou un pequeno centro de educación especial vinculado a unha escola concertada da antiga EXB. Pouco despois, este tipo de aulas foron creadas nas escolas públicas.

Preparou a oposición para profesorado de Educación Especial combinando co estudo un primeiro ano de FP en Informática durante o curso 1984/85. Aprobou a oposición co número 1 e nese mesmo ano ingresou na 1ª promoción da Licenciatura de Informática da Universidade da Coruña.

Profesora Asociada na UDC ata 1993 cando presentou o doutorado en Psicoloxía coa intención de por en valor a súa formación en psicoloxía no campo da Intelixencia artificial.

Profesora Titular interina (1993-1999) ata obter a praza de profesora Titular, cargo que ocupou ata 2007 cando accedeu á Cátedra universitaria no ámbito das Linguaxe e Sistemas Informáticos.

En 1996 creou e desde entón dirixe o Laboratorio de Base de Datos de Bases (LBD).

Desenvolve unha importante e intensa labor de investigación sobre Estructuras de datos compactas e algoritmos, Recuperación de textos, Procesamento de secuencias e Deseño de Sistemas de Información, dando lugar publicacións, congresos, proxectos e comités científicos internacionais.

No campo da xestión presenta unha importante traxectoria. Na xestión universitaria da UDC ocupou os seguintes cargos:

Secretaria Académica (1995-96)

Adxunta ao Vicerrectoruado de Infraestructuras e Servizos (2000-2001)

Adxunta ao Vicerreitorado de Innovación Tecnolóxica (2001-2004), Adxunta ao Vicerreitorado de Investigación eTransferencia (2012-13).

Na xestión de organismos públicos foi:

Xestora do plan galego de I+D+i para a Sociedade da Información (2007-2010)

Xestora do Plan Nacional de I+D en Tecnoloxías Informáticas ata 2014

Participa activamente na iniciativa ICT-Girls da Universidade de A Coruña, no día Internacional das rapazas nas TIC, organizado polo CESGA.

Recoñecementos

O Laboratorio de Base de Datos (LBD) que dirixe foi declarado como grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia. É moi activo tanto no desenvolvemento de proxectos de I + D como na realización de proxectos de transferencia e innovación promovendo no 2002 a creación dun spin-off chamado ENXENIO SL que comercializa os principais produtos de informática desenvolvidos no laboratorio.

Premio Ada Byron 2016, outorgado polo CPEIG .

Nieves Brisaboa en ICT-Go-Girls! 2014

Accede tamén a:

Nieves Brisaboa en ICT-Go-Girls! 2017 (Minuto 13:40)

Entrevista

Neste audio poderás escoitar unha entrevista a Nieves Brisaboa:

Bibliografía

Asociación de mujeres investigadoras y tecnólogas

Código 0

Laboratorio de Base de Datos. Universidade da Coruña

Palabras clave

Universidade da Coruña, Laboratorio de Base de Datos, Premio Ada Byron