Eva Dafonte María jose malmierca Verónica Ramallal Carmen García Mateo Nieves Rodrigez Brisaboa
Antía Fernández

Antía Fernández López é a actual Directora de Servizos e Aplicacións de Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia).

Biografía

Naceu en Allariz (Ourense).

-Formación

Estudou Enxeñería de Telecomunicación na especialidade de Telemática na Universidade de Vigo.

Incorpórase a Gradiant no 2008 para desenvolver o proxecto de fin de carreira sobre un sistema de xeolocalización e posicionamento do tráfico aéreo en tempo real sobre Google Maps.

Máster Universitario en Enxeñería Telemática, 2009-2010.

Curso de Creación de Empresas de Base Tecnolóxica no EOI (Escola de Organización Industrial), en Madrid, no 2013.

Máster en Administración de Empresas MBA na Escola de Negocios Novacaixagalicia, 2013-2014.

-Vida laboral

A súa vida laboral desenvolveuse en Gradiant desde o 2008.

Entre 2008 e 2011, participou no proxecto Set-Top Box Arantia STB2010, que consiste no desenvolvemento dun decodificador IP. Tamén traballou nun proxecto relacionado con este tema.

Traballou no proxecto RunWithUs da Universidade de Oulu, entre o 2010 e o 2011.

Dende o 2012 participa no proxecto A2Vises, que consiste no deseño e desenvolvemento de aplicacións de análise de vídeo e de xeración de sistemas de xestión e grabación de video orientado a sistemas de vixilancia para unha Smart-City.

Tamén forma parte do proxecto Sístole, un proxecto de cooperación liderado por Inabensa, o cal trata do uso de novas tecnoloxías para obter información precisa sobre ambientes reais a partir de sistemas de posicionamento emerxentes.

Actualmente é a directora da área de Servizos e Aplicacións de Gradiant.

A súa principal liña de investigación céntrase na formación con realidade aumentada relacionada coa medicina, no sector da automoción e no ámbito industrial empregando localización de alta precisión en interiores.

Bibliografía

Perfil en Linkedin

Perfil en Gradiant.org

Palabras clave

Telemática, Enxeñería de Telecomunicación, Gradiant