Puntos notables do triángulo

Na seguinte construción dinámica podes ver os catro puntos notables do triángulo.

O incentro ou centro da circunferencia inscrita no triángulo atópase na intersección das bisectrices do ángulos do triángulo. A circunferencia inscrita pasa por tres puntos de tanxencia cos lados do triángulo que se atopan nas respectivas perpendiculares aos lados pasando polo incentro.

O circuncentro ou centro da circunferencia circunscrita atópase na intersección das mediatrices dos lados do triángulo.

O ortocentro atópase na intersección das alturas do triángulo. Nos triángulos obtusángulos estas non se cortan, polo que será preciso prolongalas mediante rectas.

O baricentro ou centro de masas do triángulo atópase na intersección das medianas.

Modifica a posición dos vértices A, B e C para construir diferentes triángulos. Observa as posicións dos distintos puntos notables e saca conclusións.

Constrúe a túa propia cúpula xeodésica

Cúpula xeodésica de coresSe queres construír unha cúpula xeodésica de papel podes descargar e imprimir este recortable. Se decides pintala mellor faino antes de nada, logo recorta polas liñas negras, dobra polas liñas grises e pega as solapas.

Desenvolvemento dunha cúpula xeodésica V2. Recortable con solapas.

Para descargar o recortable elixe un tamaño:   [Recortable A4]   [Recortable A3]

As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.

Cando Fuller idea as cúpulas xeodésicas, en realidade levaba tempo traballando sobre o reticulado da esfera coa intención de elaborar mapas nos que os elementos xeográficos resultasen menos distorsionados do que nos mapas convencionais. O fundamento destes mapas e o das cúpulas xeodésicas son exactamente o mesmo.

No IES de Brión construímos un invernadoiro empregando este tipo de estrutura. se queres saber máis sobre este proxecto podes velo aquí.

invernadoiroSe este traballo desperta a túa curiosidade e queres saber algo máis de Buckminster Fuller podedes empezar polo seguinte vídeo.

Bucky Fuller & Spaceship Earth. A short film by Ivorypress. from Ivorypress on Vimeo.

Eames Shell Chair

Neste documental producido polo propio estudo de Ray e Charles Eames en 1970 pódese ver parte do proceso de deseño e fabricación dunha silla en fibra de vidro e resina de poliester.

O proceso inclúe os estudos de ergonomía, a elaboración de vistas, seccións, patróns, volumes, modelado de matrices e confección de moldes.

Axonométrico. Construción de figuras dadas as súas vistas

Con esta pequena aplicación poderás obter a representación axonométrica-isométrica de figuras a partir das súas vistas. Podes empezar coas figuras de exemplo, pero é moito máis interesante que traballes con outras creadas por ti.

Coa ferramenta “Isometría dun punto” (en verde) indica por orde: a proxección horizontal do punto (planta), a proxección vertical do punto (alzado) e a orixe dos eixes coordenados na axonometría. Crearase así a isometría do vértice escollido. Repite o procedemento para o resto dos vértices da figura. Logo une os vértices con segmentos para definir as arestas.

axo_grella_1Se queres crear unha nova figura sen borrar a anterior desliza o lenzo coa cruceta de desprazamento e crea uns novos eixes e unha retícula para as vistas coa ferramenta “Diédrico, isométrico” (en vermello).

LAB-AP

LAB-AP é un proxecto que ten como obxectivo dar visibilidade a produtos multimedia elaborados polo noso alumnado en diferentes materias, un espazo aberto para difundir as súas primeiras creacións audiovisuais. Publicaremos producións que satisfagan certos estándares de calidade, artísticos e técnicos, e que por diferentes motivos poidan resultar de interese para a comunidade educativa de Brión.
Inauguramos este espazo de proxección con dúas animacións realizadas por alumnado de 2º de Bacharelato na materia de Imaxe e Son o pasado mes de outubro.Se che parece un proxecto interesante, axúdanos a difundilo.

Material para o alumnado de 3º ESO

O seguinte listado de material será de uso habitual en aula para o alumnado de 3º ESO.
Non é preciso estrear material, así pois se tedes parte do material usado podemos empezar con el, e ir repoñendo a medida que sexa necesario.

  • Papel branco tamaño A4 de entre 80 a 90 g/m2
  • Unha carpeta de cartón con gomas ou similar tamaño A4.
  • Tres lapis de grafito de durezas HB, 2B e 4B.
  • Portaminas con mina de 0,5 mm de grosor e dureza HB.
  • Goma branca branda.
  • Afialapis.
  • Unha caixa de lapis de cores de 12 a 24 cores.
  • Unha caixa de rotuladores de punta fina de 10 a 12 cores.
  • Regra numerada de 30 cm, escuadro e cartabón a xogo.
  • Compás.

A carpeta deberá estar identificada co nome do/a alumno/a curso e grupo.