Proposta do Día da Ciencia en Galego, para alumnado de 4º de ESO.
Algunha documentación de consulta:
- No blog Arquyma, publícase un artigo sobre a figura de Richard Buckminster Fuller (1895-1983). http://arquyma.blogspot.com.es/2011/03/richard-buckminster-fuller-el.html
Fuller entende a vivenda como “ máquina para vivir” e “un sistema para satisfacer as necesidades humanas de protección contra os elementos, privacidade e hixiene”.
- Cita ordenados cronoloxicamente e indica o ano de creación dos deseños de vivendas de Fuller
- Desde o punto de vista estrutural, que aspectos teñen en común os deseños de vivendas de Fuller?
- Que innovacións aportan a nivel de materiais? Algunha permanece na actualidade?
- Que aportacións teñen estes deseños desde o punto de vista enerxético?
- Investiga e aporta documentación sobre algúnha construción que se asemelle ás creadas por Fuller que exista na actualidade.
- Consulta información sobre arquitectura sustentable e bioclimática e comenta a relación dos deseños de Fuller con este tipo de arquitectura.