Os departamentos de Tecnoloxía e Plástica e Visual organizamos en colaboración co CEIP de Pedrouzos un Obradoiro de cociñas solares pasado 23 de marzo, no que participaron o alumnado de 6º de Primaria, de 3º da ESO e 1º de Bacharelato das materias de Debuxo Técnico I e Tecnoloxía Industrial. No obradoiro tratáronse aspectos relativos ao deseño, construción, aproveitamento enerxético e dimensións socioeconómica e medioambiental e ao longo da mañán todo o alumnado colaborou na construción dun novo reflector fresnel.
Arquivos da etiqueta: enerxía solar
Impresora solar 3D
Unha impresora solar 3D que funde area para crear obxectos de vidro.
A impresora concentra e manipula os raios solares e os proxecta sobre un montón de area que se derrite baixo a intensidade do calor; capa a capa a area vaise convertindo en vidro. O resultado final é un obxecto sólido feito a partir de area.
O prototipo foi creado polo deseñador industrial Markus Kayser, segundo nos contan desde Microsiervos en RTVE.
Un novo reto no emprego das enerxías renovables, o control e a impresión 3D, que sin dúbida chamará a atención dos futuros enxeñeiros e deseñadores industriais das aulas do noso centro.