Edificios de cartón

¿É posible empregar cartón na estructura dun edificio? O Premio Prizker de Arquitectura amósanos a resposta.

En 2º de ESO estamos introducindo a unidade de estruturas e falamos do Premio Pritzker 2014 de Arquitectura (algo semellante ao Nobel en Arquitectura),  concedido a Shigeru Ban na última semana e dalgunhas das súas construccións nas que emprega o cartón. Ante o interese que despertou a nova na aula, deixo algunha imaxe e ligazón de interese que continuaremos traballando.

O Pabellón de papel da IE Business School de Madrid é un deseño estructural sostible e temporal formado por  unha estrutura de 173 tubos de papel unidos por xuntas de madeira que descansan sobre columnas de papel.

FG + SG

O arquitecto Shigeru Ban caracterízase polo deseño e construción de obras de carácter liviano e temporal con materiais económicos, accesibles, a veces reciclados  e de carácter liviano. Outra característica fundamental é contribuir a situacións de catástrofes ideando infraestructuras fáciles de construir, transportar e de baixo custo, segundo a Plataforma de arquitectura.

A imaxe amosa as vivendas de emerxencia, con tubos de cartón sobre caixas de cerveza, levantadas por Shigeru Ban en Kobe (Japón) tras o terremoto de 1995.

GTRES / Takanobu Sakuma

Catedral de cartón na cidade de Christchurch en Nueva Zelanda, construída como edificio transitorio para o normal funcionamento da igrexa, despois do terremoto que sufriu a cidade no 2011.

© Shigeru Ban

Podes ver a nova do premio Pritzker  publicada o pasado 24 de marzo en  El PaísEl mundo, ou tve no seguinte vídeo:

Na fotogalería de El País, podes ver algúns proxectos de Shigeru Ban.

Podemos atopar algunhas similitudes entre os proxectos de Shigeru Ban e Buckminster Fuller (figura sobre a que traballamos a principio de curso no día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego)?