O noso futuro atópase no CIMUS

O Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) constitúese para propiciar o desenvolvemento dunha investigación interdisciplinar no ámbito da Biomedicina, a través da interacción e colaboración dos equipos integrados no centro, e estos con grupos relevantes de outras institucións a nivel nacional e internacional. Pertence ao Campus Vida (Campus de Excelencia Internacional) e está situado en Santiago de Compostela, A Coruña. ( http://goo.gl/maps/Hkbjj ). O centro colabora con empresas como Pharma Mar S.A., Laboratorios Dr. Esteve, FAES FARMA S.A., Almirall-Prodesfarma S.A. e Oryzon Genomics.

Entre as instalacións dispoñibles destacan: Animal facility, unidade de cultivos celulares, unidade de imaxe e microscopía confocal, unidade de proteómica, unidade de microdisección láser, unidade de visualización de tumores in vivo, unidade de screening farmacolóxico, plataforma de Bioestadística, plataforma de Bioinformática e unidade de Xenotipado.

Unha das infraestructuras que me chamou a atención é a instalación adicada á visualización de tumores in vivo, pois non sabía que neste centro de investigación se trataba dun modo práctico o estudo desta patoloxía en animais vivos.

A investigación realizada no CIMUS abarca cinco grandes áreas ou unidades temáticas verticais (Cardioloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Neurociencia, Oncoloxía e Farmacoloxía) e dúas grandes áreas horizontais (Terapias experimentais e Xenética e Xenómica Funcional).

Na actualidade, o CIMUS conta con 32 Investigadores Senior. Entre eles atópanse catedráticos de Anatomía Humana, farmacéuticos, neurólogos, biólogos, licenciados en bioquímica, medicina, ciruxía, química, psicoloxía e técnicos superiores de anatomía patolóxica. Algúns dos equipos integrados por estes investigadores están a traballar en investigacións moi interesantes como a influencia das hormonas tiroideas sobre a regulación hipotalámica da inxesta, a búsqueda de novas dianas terapéuticas en procesos tumorais e no tratamento do cancro de mama.

Outra das novas que saíron hai pouco sobre o CIMUS é o comezo dun proxecto cuxo obxectivo é a identificación de novas ideas para tratar a obesidade e outras patoloxías do balance enerxético. Sen dúbida algunha, as indagacións levadas a cabo neste centro son de gran proveito á hora de encamiñarnos cara un maior coñecemento do mundo da medicina, quizais os maiores segredos da ciencia biolóxica atópanse no CIMUS.

Fontes de información:

· http://www.campusvida.info/ejes-estrategicos/investigacion/red-de-centros-singulares-de-investigacion/centro-de-investigacion-en-medicina-molecular-y-enfermedades-cronicas-cimus/

·  http://www.campusvida.info/el-futuro-al-microscopio-oberstress-hypothalamic-lipotoxicity-and-endoplasmic-reticulum-stress-a-new-pathophysiological-mechanism-of-obesity/