A Tecnoloxía en Radio emBrión

O Alumnado de Tecnoloxía do IES de Brión está a colaborar na  radio con varios programas divulgativos en Radio emBrión.

Alumnado de Tecnoloxía Industrial realizou un programa sobre Centros de Investigación en Galicia. Erica, Javier, Sergio, Julián, Ricardo, Alejandro e Adrián faláronnos dos Centros de Investigación tecnolóxicos en Galicia e sobre o traballo que neles se realiza.O alumnado de 3º de ESO realizou unha visita ao Parque eólico experimental de Sotavento no mes de decembro e froito do traballo alí iniciado xorden dous especiais divulgativos:

O coche eléctrico por Xulia, Martín e María:A vivenda bioclimática, por Rosalía, Alba, Valeria e Natalia: