Unha impresora solar 3D que funde area para crear obxectos de vidro.
A impresora concentra e manipula os raios solares e os proxecta sobre un montón de area que se derrite baixo a intensidade do calor; capa a capa a area vaise convertindo en vidro. O resultado final é un obxecto sólido feito a partir de area.
O prototipo foi creado polo deseñador industrial Markus Kayser, segundo nos contan desde Microsiervos en RTVE.
Un novo reto no emprego das enerxías renovables, o control e a impresión 3D, que sin dúbida chamará a atención dos futuros enxeñeiros e deseñadores industriais das aulas do noso centro.