O alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato do IES de Brión, estivo traballando no deseño e construción dun prototipo de cociña solar parabólica tipo fresnel, baseándos na experiencia do deseño e construción dunha cociña solar parabólica durante o curso 2009/10 e intentando optimizar características do anterior modelo, pero modificando a forma do reflector.
Todos os bloques de contidos: proceso tecnolóxico, materiais, enerxías, elementos de máquinas e sistemas, e procesos de fabricación, foron traballados ao longo do proxecto e contribuiron a asentar os coñecementos adquiridos e adquirir técnicas e boas prácticas de traballo en taller.
Como resultado da proposta de traballo, o alumnado está deixando memoria no blog creado para tal fin ao que accedemos desde a ligazón: http://espazoweb.com/cscpf/
O post é moi interesante, grazas a este post sabemos unha utilidade de moitas de unha enerxía como é a solar. Esta versión do modelo antiguo de cociña solar parece mellorado, por que segun nos informaron acada maior temperatura este modelo. Os espellos reflexán a luz solar mellor e fan que se concentre case toda nun punto, perdendo menos enerxía que no anterior modelo. Para a miña opinión, esto nun futuro poderíase utilizar en mais cousas, e de mellor forma, porque ofrecenos unha fonte de enerxía alternativa das que menos esta investigada.
Na miña opinión a construcción dunha cociña solar foi moi boa idea, xa que grazas a ela podemos aforrar enerxía á hora de cociñar. A parte de aforrar enerxía podemos aproveitar a enerxía solar dun modo innovador. Pero ten uns inconvenientes xa que se requíre máis tempo para cociñar, so podes cociñar cando as condicions do tempo son boas.