Estes días coñecimos que no IES de Ames, o departamento de Tecnoloxía estivo traballando na montaxe e posta en marcha dunha impresora en 3D nunha colaboración co grupo CIMA da Escola de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo.
Esta colaboración ten como obxectivo fundamental a construción dunha maqueta da estrutura mecánica do detector calorímetro CALIFA do experimento R3B para o centro de investigación en física nuclear FAIR en Alemania.
Para máis información podes consultar a nova:
- Web do IES de Ames
- Web do Concello de Ames
- Diario de novas tecnolóxicas de Galicia codigocero.com
- La voz de Galicia