Premio Sensores 2019

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso “Sensores 2019” convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O traballo presentado ao certame foi o resultado do proxecto interdisciplinar “Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos”, un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta da Coruña.no que unha representación do alumnado realizaron unha presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria “Sensores 2019” como en “Inventa en galego” por alumnado de toda Galicia.

O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador á que podes acceder desde a seguinte ligazón: http://iesdebrion.com/proxectos/visor_estereoscopico_interactivo/

Parabéns ao alumnado participante.

Accede a máis información:

Proxectos premiados de Sensores 2019, en Igaciencia.

Entregados os premios de Sensores, no Concello de A Coruña.