LuminísTICas é un novo proxecto de visibilización de mulleres TIC galegas e/ou que desenvolven a súa actividade profesional en Galicia, realizado por alumnado de TIC I do Bacharelato Científico- Tecnolóxico e de 4º ESO de Ed. Plástica, Visual e Audiovisual do IES de Brión para a participación da 3ª edición de Wisibilízalas.
Todas elas, brillantes mulleres do ámbito TIC en Galicia, ademais da súa actividade profesional, participan activamente en proxectos de divulgación de mulleres na Ciencia e nas TIC tales como AMIT Galicia, GalsTech e ICT Go girls.
Grazas a Sonia Lois, Miriam Pena, Eva Cernadas, Natalia Costas, Laura Castro, Ana Cidre, María Saez, Carmen Cotelo, Mercedes Rodríguez.