Talento dixital

Tres grupos de alumnos de Bacharelato do noso instituto participaron no concurso “Na procura do talento dixital” organizado por Dico Summit 2017 durante o 24 e 25 de xaneiro na Cidade da Cultura.

O concurso consistía na procura de novos talentos a través da presentación breve dunha idea-concepto sobre un produto ou servizo innovador no campo dos contidos dixitais.

Vía: Código cero.

A proposta gañadora do 1º premio da modalidade “Mozo” foi “Read for speed”, unha aplicación universal que busca a mellora do nivel de velocidade e comprensión lectora dos usuarios.

A nova na prensa:

Parabéns aos alumnos participantes!