Interesantes actividades relacionadas coa Tecnoloxía o vindeiro domingo 27 de outubro.
Para máis información, preme na ligazón: https://cemit.xunta.gal/frm_tech_kids
Interesantes actividades relacionadas coa Tecnoloxía o vindeiro domingo 27 de outubro.
Para máis información, preme na ligazón: https://cemit.xunta.gal/frm_tech_kids
O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso “Sensores 2019” convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O traballo presentado ao certame foi o resultado do proxecto interdisciplinar “Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos”, un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.
O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta da Coruña.no que unha representación do alumnado realizaron unha presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria “Sensores 2019” como en “Inventa en galego” por alumnado de toda Galicia.
O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador á que podes acceder desde a seguinte ligazón: http://iesdebrion.com/proxectos/visor_estereoscopico_interactivo/
Parabéns ao alumnado participante.
Accede a máis información:
Proxectos premiados de Sensores 2019, en Igaciencia.
Entregados os premios de Sensores, no Concello de A Coruña.
O día 25 de abril coincidindo co Día internacional das rapazas nas TIC déronse a coñecer os premios de # Apuntas Tech? O I concurso para potenciar as vocacións STEAM nas nenas, organizado pola área e-learning do CESGA
Un grupo de alumnado de 3 ESO B acadou o de ACCÉSIT pola súa proposta RECOÑÉCEAS na categoría de secundaria.
Alumnado participante no concurso:
Coordinadores: Andrea Grille e Adan Maroñas
Colaboradores: Diana Cantorna, Carla Castro, Dakota Esparís,Yolanda Garcia, Marco Gualillo, Lara Guzmán e Iago Nieto, Paula Señorís
O día 25 de abril celebramos o Día Internacional das rapazas nas TIC no IES de Brión. Na celebración de ámbito internacional, motívase ás novas xeracións de rapazas a considerar as TIC no seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
A área e-learning do CESGA, organizador do evento, transmitirá en streaming un coloquio con varios centros educativos, entre eles o noso IES no que catro mulleres galegas contarán a súa experiencia, traballo e investigacións nas TIC.
Elas son Pilar Vila Avendaño, sonia Valladares Rodríguez, Mercedes García Rodríguez e Leticia Faria de Pazos.
Accede ao vídeo da coloquio
LuminísTICas é un novo proxecto de visibilización de mulleres TIC galegas e/ou que desenvolven a súa actividade profesional en Galicia, realizado por alumnado de TIC I do Bacharelato Científico- Tecnolóxico e de 4º ESO de Ed. Plástica, Visual e Audiovisual do IES de Brión para a participación da 3ª edición de Wisibilízalas.
Todas elas, brillantes mulleres do ámbito TIC en Galicia, ademais da súa actividade profesional, participan activamente en proxectos de divulgación de mulleres na Ciencia e nas TIC tales como AMIT Galicia, GalsTech e ICT Go girls.
Grazas a Sonia Lois, Miriam Pena, Eva Cernadas, Natalia Costas, Laura Castro, Ana Cidre, María Saez, Carmen Cotelo, Mercedes Rodríguez.
Comic Soldar Es Facil Españ… by on Scribd
Cómic de interese para aprender a soldar
O venres, 4 de maio catro grupos do instituto de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participan na IV Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo da competición do curso pasado.
Preme para descargar o planning da actividade: Planning IV competición Robots.
Os equipos Brión 1 e Brión 2 de 1º de Bacharelato participarán nos tapices 11 e 12 respectivamente.
Os equipos Brión 3 e Brión 4 de 4º de ESO participarán nos tapices 6 e 7 respectivamente.
No instituto participamos no Plan Proxecta ” Mulleres emprendedoras nas TIC” con varias actividades ao longo do curso. O pasado 26 de abril, participamos no Día Internacional das Nenas nas TIC.
A actividade organizada polo CESGA foi un coloquio virtual con Mª José Malmierca presentando a mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas galegas no campo das TIC:
Podes acceder á videoconferencia:
Na seguinte symbaloo iremos recopilando recursos na rede relacionados con mulleres que traballan no ámbito das STEAM (Science Tecnology Engineering Arts Maths), así como recursos de referencia e información sobre esta temática.
Hoxe queremos compartir un videoxogo de Robótica creado por alumnado de Tecnoloxía fai un tempo, que simula a proba de sumo da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
O xogo, denominado SUMOTECH, póde descargarse na seguinte ligazón:
SUMOTECH e crearon un site para dar soporte ao proxecto : Hinkb3r.