A continuación deixo unha serie de curtos vídeos vía Tecnología en acción, para saber máis sobre as materias que impartimos no departamento:
A continuación deixo unha serie de curtos vídeos vía Tecnología en acción, para saber máis sobre as materias que impartimos no departamento:
Na unidade de Expresión e Comunicación Gráfica o alumnado de 2º de ESO, deseñou figuras partindo das vistas e perspectiva, empregando a aplicación de xeometría dinámica geogebra.
Exemplo de deseños de figuras:
A partir dos deseños iniciais, por parellas acordaron que figura ían construir e realizaron o desenvolvemento das mesmas en papel.
Exemplo dun desenvolvemento:
Posteriormente pasamos á construción das figuras en 3 dimensións. As figuras construídas pódense ver na seguinte galería:
En 2º de ESO o alumnado empezou a creación de Mapas Mentais empregando o Freemind como ferramenta:
Para consultar un Manual sobre o FreeMind, podes acceder ao seguinte documento:
¿É posible empregar cartón na estructura dun edificio? O Premio Prizker de Arquitectura amósanos a resposta.
En 2º de ESO estamos introducindo a unidade de estruturas e falamos do Premio Pritzker 2014 de Arquitectura (algo semellante ao Nobel en Arquitectura), concedido a Shigeru Ban na última semana e dalgunhas das súas construccións nas que emprega o cartón. Ante o interese que despertou a nova na aula, deixo algunha imaxe e ligazón de interese que continuaremos traballando.
O Pabellón de papel da IE Business School de Madrid é un deseño estructural sostible e temporal formado por unha estrutura de 173 tubos de papel unidos por xuntas de madeira que descansan sobre columnas de papel.
O arquitecto Shigeru Ban caracterízase polo deseño e construción de obras de carácter liviano e temporal con materiais económicos, accesibles, a veces reciclados e de carácter liviano. Outra característica fundamental é contribuir a situacións de catástrofes ideando infraestructuras fáciles de construir, transportar e de baixo custo, segundo a Plataforma de arquitectura.
A imaxe amosa as vivendas de emerxencia, con tubos de cartón sobre caixas de cerveza, levantadas por Shigeru Ban en Kobe (Japón) tras o terremoto de 1995.
Catedral de cartón na cidade de Christchurch en Nueva Zelanda, construída como edificio transitorio para o normal funcionamento da igrexa, despois do terremoto que sufriu a cidade no 2011.
Podes ver a nova do premio Pritzker publicada o pasado 24 de marzo en El País, El mundo, ou tve no seguinte vídeo:
Na fotogalería de El País, podes ver algúns proxectos de Shigeru Ban.
Podemos atopar algunhas similitudes entre os proxectos de Shigeru Ban e Buckminster Fuller (figura sobre a que traballamos a principio de curso no día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego)?
Nestos días comezamos en 2º da ESO a traballar unha nova unidade didáctica: As estruturas.
A editorial SM nos librosvivos.net presenta unha unidade sobre estruturas.
Para avaliar os coñecementos sobre estructuras, recoméndovos esta serie de actividades interactivas, realizadas pola profesora Teresa Mancebo.
Outro recurso interesante para traballar esta unidade preséntao o profesor Santiago Madrid Mota na seguinte web:
No traballo por proxectos é fundamental o uso das ferramentas .Para ampliar información sobre os usos das mesmas, é moi útil o recurso Obradoiro de Tecnoloxía: Ferramentas, que consiste nunha Galería de imaxes acompañadas de información das aplicacións, medidas de protección, vídeos nos que se pode ver como se empregan, e imaxes complementarias. Este traballo foi realizado por Carmelo Cacabelos, Obdulia García, Paco Lado e Sindo Monteagudo e premiado como recurso educativo para a Sociedade da Información.
Vídeo sobre o aceiro:
Vídeo sobre o funcionamento dun forno alto para a obtención de aceiro:
En 2º de ESO empezamos a traballar as unidades didácticas do bloque de Materiais. Presento as unidades didácticas que traballaremos en aula cos contidos sobre materiais:
Unidade 5. Os materiais e propiedades
Test sobre os materiais de uso técnico e as súas propiedades, creado polo profesor Nino González Haba
Unidade 6 A madeira, de Ángeles González de la Mena
Unidade 7
Na seguinte páxina de Paulo Porta, podes atopar desenvolvementos planos de Poliedros, que poden servir de axuda para a construción do desenvolvemento da figura que está creando o alumnado de 2º de ESO.
Na páxina de Matemáticas visuales tamén podes obter o desenvolvemento de figuras variadas:
Policubos, é un xogo interactivo no que se propón a formación de 20 figuras a partir de cubos en 3 dimensións. A proposta ven do blog didactmaticprimaria.com do mestre Juan García Moreno
Interesante proxecto, da web Mr.doob que che permitirá crear en 3 dimensións figuras propias.