OSHWDem 2016

O pasado 21 de abril celebrouse na Domus da Coruña a 2ª edición do Concurso de Robótica Escolar da OSHWDem. Cinco equipos do IES de Brión de 4º de ESO ( Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual) e 1º de Bacharelato (Debuxo Técnico I e Tecnoloxía) participaron no evento, catro deles na categoría renacuajo e un na categoría libre.

Os tres renacuajos máis rápidos participaron na final, clasificándose así para a Liga Nacional de Robótica de competición, na categoría estudantes, acadando os 2º posto ( Brión 5), 3º posto (Brión 3) e 4º posto (Brión 6). Os equipos Brión 1 e Brión 4 quedan clasificados nos postos 6 e 9 respectivamente.

Axustes de última hora, optimización da programación, modelado e impresión en 3D de rodas e estruturas foron as principais innovacións nas que o alumnado estivo traballando para lograr mellorar considerablemente os tempos acadados polos robots na anterior edición da Oshwdem 2015.

 

 

Recoñecemento ao alumnado no concello

O xoves 18 de febreiro o alcalde de Brión recibiu ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato  premiado nos concursos de Robótica da Oshwdem e Sensores de Igaciencia.

O diario dixital Código Cero edita un reportaxe da nova:

A prensa local recolle a nova:

“Alumnos de Brión ganan dos concurso de robótica” en La voz de Galicia.

“Brión rinde homenaje al alumnado del IES por los premios en robótica” en El correo gallego

Premios en Sensores para todos

O alumnado de 4º de ESO da materia de Tecnoloxía acadou unha mención especial no Concurso “Sensores para todos” convocado por Igaciencia na celebración día da Ciencia e Tecnoloxía en galego, coa S. X. de Política Lingüística polo conxunto dos traballos presentados. Nos traballos presentador regúlase o comportamento de sensores e actuadores empregando unha placa Arduino programada polo alumnado.

O alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo Técnico I e Tecnoloxía Industrial I acadou o primeiro premio no mesmo concurso, presentado o proxecto sensor localizador de zonas escuras que combina unha pequena cámara, unha placa Arduino, unha Raspberry Pi, e diversos compoñentes electrónicos; todo montado sobre unha estrutura traccionada con motores de continua.

  • Sensores para todos

O pasado 5 de febreiro o alumnado desplazouse ao Centro Ágora da Coruña para a entrega de premios e realizar a exposición dos seus traballos, onde tamén tivo lugar a entrega e exposición dos premios do concurso Inventa en galego. Na entrega de premios acompañounos en represantación do Concello de Brión a 1º tenente alcalde Yolanda Bouzas.

Semana europea da programación

O vindeiro 15 de outubro no instituto contaremos con “Talleres de introdución á programación”, para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR,  da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña – Europe Direct.

A nova na prensa:   El correo gallego

 

Excelente participación na I Competición de robots

O pasado 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo a I Competición de robots na que participaron tres grupos do IES de Brión de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

O alumnado de 1º de Bacharelato sorprendeu coa xoaniña que se emitiu no telexornal. Ver no vídeo a partir do minuto 16:27.

A competición desenvolveuse en dúas roldas e en cada una delas tiña lugar a proba seguelíneas e unha persecución en pista.
Os grupos de 4ºde ESO do IES de Brión, quedaron primeiros e segundos na 1º rolda eliminatoria,onde competían un total de 10 equipos por tapiz, pasando así á final onde quedaban os 10 mellores equipos dun total de 54 da categoría.


Na final de 4º de ESO acadamos uns excelentes 6º e 7º postos.
Parabéns para todo o alumnado que participou no proxecto

Podedes ver o vídeo resumo do evento publicado na TV da Universidade de Vigo:

http://tv.uvigo.es/es/video/mm/26009.html

A I Competición de robots da EEI na prensa:

Faro de Vigo: Los robots invaden en campus

Atlántico: 500 alumnos de secundaria crean 110 robots en el campus

Diario da Universidade de Vigo: Rebulir robótico na Escola de Enxeñería Industrial

Competición de robots

O venres 24 de abril tres grupos de alumnos/as de Tecnoloxía, Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato participarán na I Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de  Vigo.

Na competición participan un total de 100 equipos de toda Galicia

Os participantes están pensando, organizando, programando, experimentando e buscando solucións aos problemas nestas últimas sesións.

Moita sorte!!

VII Obradoiro-concurso galego de robótica

Alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía, participou no 7ºobradoiro- concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a fundación educaBarrié.
A participación do alumnado do noso instituto tivo lugar o  luns, 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié da Coruña
7º obradoiro e concurso galego de robótica

A actividade consta de dúas fases:

– Obradoiro-exposición

– Concurso de desafíos con puntuación

Información sobre a actividade vía Fundación educa-Barrié

A nova na prensa: