Wisibilízalas

WisibilízalasO equipo “Mulleres tIC” resultou seleccionado entre os  finalistas no concurso “Wisibilízalas” organizado polo  Departamento ETIC Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. O vindeiro 11 de febreiro, “Día da Nena e a Muller na Ciencia”, coñecerase a orde dos finalistas.

Alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato e Ed. Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO participaron na creación de páxinas web que describan a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC  cos seguintes obxectivos:

  •     Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
  •     Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
  •     Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía

Podemos visualizar as propostas creadas polo alumnado premendo nas imaxes:

 

Máis informacion sobre a participación nesta convocatoria

Accede á nova en Twitter Wisibilízalas
Accede á nova en Facebook Wisibilízalas
Accede á nova en: El correo gallego

 

Vídeos creados en Informática de 4º

Na materia de Informática de 4º de ESO, o alumnado estivo traballando na edición de imaxes, audio e vídeo con software libre, durante a última avaliación, para finalizar cun proxecto persoal de edición dun vídeo  sobre un tema dos seus intereses. Algúns dos resultados amosámolos a continuación:

Christian Capeáns no seu traballo introdúcenos na programación:

Ángel Miranda e Lois Meira, crean en formato vídeo a memoria da participación e preparación do Concurso de Robótica da EEI na que traballaron co renacuajo de bq e programaron co bitbloq.

 

Alejandro Dosil e Brais Cuns amósanos a súa particular viaxe a Valencia no seguinte vídeo:

Martín Chaves, amósanos a súa música a través do seguinte vídeo:

Scracht

Este ano os rapaces de TIC, partiron de  xogos feitos en Scracht aos que lle engadiron algunhas modificacións.

Feito por Miguel Castro Casal

Publicado en TIC

Impresoras 3D

Durante o Curso 2013/14 o alumnado de 4º de ESO está traballando sobre as Impresoras 3D nas materias de Informática, Tecnoloxía e Educación Plástica e Visual. Na materia de Informática o alumnado documentouse sobre as Impresoras 3D e creou presentacións, das que destacaremos os traballos feitos por:

Minia Grobas e Cristina Barbazán:

Adrián Pereira: