Excelente participación na I Competición de robots

O pasado 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo a I Competición de robots na que participaron tres grupos do IES de Brión de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

O alumnado de 1º de Bacharelato sorprendeu coa xoaniña que se emitiu no telexornal. Ver no vídeo a partir do minuto 16:27.

A competición desenvolveuse en dúas roldas e en cada una delas tiña lugar a proba seguelíneas e unha persecución en pista.
Os grupos de 4ºde ESO do IES de Brión, quedaron primeiros e segundos na 1º rolda eliminatoria,onde competían un total de 10 equipos por tapiz, pasando así á final onde quedaban os 10 mellores equipos dun total de 54 da categoría.


Na final de 4º de ESO acadamos uns excelentes 6º e 7º postos.
Parabéns para todo o alumnado que participou no proxecto

Podedes ver o vídeo resumo do evento publicado na TV da Universidade de Vigo:

http://tv.uvigo.es/es/video/mm/26009.html

A I Competición de robots da EEI na prensa:

Faro de Vigo: Los robots invaden en campus

Atlántico: 500 alumnos de secundaria crean 110 robots en el campus

Diario da Universidade de Vigo: Rebulir robótico na Escola de Enxeñería Industrial

Competición de robots

O venres 24 de abril tres grupos de alumnos/as de Tecnoloxía, Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato participarán na I Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de  Vigo.

Na competición participan un total de 100 equipos de toda Galicia

Os participantes están pensando, organizando, programando, experimentando e buscando solucións aos problemas nestas últimas sesións.

Moita sorte!!

Obradoiro de cociñas solares

Os departamentos de Tecnoloxía e Plástica e Visual organizamos en colaboración co CEIP de Pedrouzos un Obradoiro de cociñas solares pasado 23 de marzo, no que participaron o alumnado de 6º de Primaria,  de 3º da ESO e 1º de Bacharelato das materias de Debuxo Técnico I e Tecnoloxía Industrial. No obradoiro tratáronse aspectos relativos ao  deseño, construción, aproveitamento enerxético e dimensións socioeconómica e medioambiental e ao longo da mañán todo o alumnado colaborou na construción dun novo reflector fresnel.

Mención Especial no concurso “Sensores para todos”

O proxecto “Xogando coa luz” elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso “Sensores para todos” promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBarrié e pola Domus.

O proxecto, enmárcado nas actividades organizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez,Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio González, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Rodríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus. Parabéns para todos eles pola boa aceptación da proposta e a motivación de cara a continuar traballando co hardware, software libre e introdución da programación na aula (Arduino e S4A).

Transporte e distribución da enerxía eléctrica

Nas seguintes infografías explícase o transporte da enerxía eléctrica unha vez é xenerada nas centrais eléctricas:

O camiño da electricidade, de eroski- consumer:

transporte_electr_1Da xeración ao consumo, da Red Eléctrica de España REE, Educa:

transporte_ree_1Controla, é simulador de control eléctrico. Trátase dun xogo interactivo que propón ao alumno adoptar o papel de operador do Centro de Control Eléctrico, creado desde REE, Educa:

controla_1

Comprar, tirar, comprar

Baterías que morren aos 18 meses de ser estrenadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, bombillas que se funden ás mil horas… ¿Por que, pese aos avances tecnolóxicos, os productos de consumo duran cada vez menos? Un documental que nos revela o segredo, obsolescencia programada, o motor da economía moderna e fai un percorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo.

Cosima Dannoritzer , autora de ” Comprar, tirar, comprar”, estrenou en xuño do 2014 un documental de investigación sobre o tráfico ilegal de resíduos electrónicos, co gallo do día do Medio ambiente.

Seguro que hai moitas cuestións que poderías comentar dos documentais. Emprega os comentarios para facelo. Reflexiona sobre o tema antes da próxima compra.

Estruturas de papel

É o papel un material resistente? Podemos construír estruturas con papel? Canto aguantarán ditas estruturas? Que aporta a triangulación ás estruturas?

A estas preguntas responderon os alumnos de 2º de ESO aos que  plantexamos unha proposta de traballo sobre as estruturas diferente a cada grupo:

    • deseñar e construír as maquetas dunha ponte en 2º A,
    • deseñar e construír as maquetas dunha estrutura de carga en 2º B,
    • deseñar e construír as maquetas dun pavillón con cercha en 2º C,

pero todas elas con varillas de papel e empregando a triángulación. Os resultados podedes velos nas seguinte presentación. Algunha das estruturas chegaron a soportar os 35 kg.