Proxectos con Scratch

Preme na imaxe inferior para acceder ao traballo elaborado por Daniel Souto Pazó, Arian Louro Calvo, Manuel Rivas Capeáns, Ana Pedrosa Finn, Sofía Sambade Formoso, Carla Miguéns Freire e Manuel Calvete García, no contexto do Desafío STEM. Este proxecto foi rematado logo de pechado o prazo para poder obtar a algún premio nesta convocatoria; unha mágoa, xa que a altísima calidade do traballo poderíao facer merecedor cando menos de chegar á final.imaxe_coresPremendo na imaxe inferior poderás acceder ao traballo elaborado por Sergio Pérez Iglesias, Hugo Pazó Vicente e Lucas Díaz Castrillo, coa colaboración de Daniel Souto Pazó. Resulta interesante visionar o relato varias veces, xa que non sempre acontece exactamente o mesmo.
aprende_a_lavar_os_dentes

Save

Save

Save

Save

Desafío STEM

O alumnado de 1º ESO súmase á participación do IES de Brión no Desafío STEM.

Este alumnado presentará tres proxectos, “Cores e máis cores”, “Fóra da liña” e “Des-programa-te”, na categoría “Educación Dixital”.

O alumando programará en Scratch recursos interactivos sobre cada un dos temas desenvolvidos.

Podes ver os vídeos de presentación dos diferentes equipos.

Margaret Hamilton

En Programación queremos celebrar o Día da Muller Traballadora da man de Margaret Hamilton, científica computacional, matemática e inxeñeira de sistemas.

Margaret Hamilton foi directora da Software Engineering Division no MIT Instrumentation Laboratory, onde se desenvolveu o software de navegación para o programa espacial Apolo, que culmina no ano 1969 coa chegada do ser humano á Lúa.

Na imaxe vemos a Margaret Hamilton co código do software de navegación do Apolo impreso en doce libros.