Caligramas e acrósticos

Un caligrama é un poema no que os versos forman un debuxo ou imaxe tentando reproducir a forma dun obxecto aludido nel. Imos escribir poemas caligráficos.
Un acróstico é unha composición poética onde as letras iniciais de cada verso lidas en vertical forman unha vocábulo ou frase. Agora intentámolo cos acrósticos.

24 thoughts on “Caligramas e acrósticos

  1. POESÍA
    Palabras que riman,
    Orellas que escoitan,
    Espellos que ven,
    Siluetas e sombras,
    Imitando letras
    Amarelas e esveltas.

    Christian Capeáns Pérez
    Nerea Rodríguez Rodríguez

  2. ÁBORE
    Á avoa estaba no xardín
    Regando todas as plantas,
    Botoulle demasiada auga,
    Os tulipáns murcháronse,
    Rosas de forte cor vermella,
    Enchéronse de alegría.

    Alejandro de Cal Marqués
    María Gramunt Cernadas

  3. CANTAR
    Cando estou na ducha raño a hucha,
    Ao acabar comezo a cantar
    Non teño ganas de gritar
    Tan só teño ganas de berrar
    As amigas do medo non queren falar
    Ráñome a hucha sen parar.

    PAGAR
    Por que hai tanta crise neste lugar?
    A alcaldesa nen pisos pode alugar,
    Gañar moito diñeiro, nin o pensar,
    As horas na empresa non pasar,
    Rirme é o único que me parece consolar.

    Anna Nieto Lago
    Valeria Bello Tobío

  4. XOGO

    Xoán un neno que nacera nun bar,
    Os rapaces del non se paraban de burlar,
    Gustáballe xogar coas monecas
    Ó fútbol non lle interesaba xogar

    ÁLVARO PARRA FERNANDEZ
    ALEJANDRO DOSIL SOUTO

  5. MÚSICA

    María mariñeira,
    Usou a barquiña
    Saíndo do porto
    Interrumpindo a saída
    Cruceiro portugués
    Andaba polo mar todo o mes.

    Miranda Juncal, Angel.
    Fernandez de la Torre, Alberto.

  6. MEL
    Maurício é un neno,
    El é feo e pequeno
    Levou xogando a o balón

    CARTAS
    Comba a leiteira
    Anda tola polo do primeiro:
    Ramón o do pandeiro
    Tanto se enamorou,
    Ata lle leva as cartas ao salón
    Saltando contenta como o sol.

    Santiago Esparis Matanza.
    Leda Penabade da Vila.

  7. VENTO
    Vento, ventiño ti tan friíño
    E sempre andas facendo o pillo,
    Nunca, nunca paras de voar.
    Tes moita présa por marchar.
    O vento nunca deixará de voar.

    César García Barata
    Claudia Pulgar Méndez-Benegassi

  8. GALICIA

    Garabanzos leva o cocido
    Acompañado dun bo touciño
    Lacón tamén leva e o fouciño
    Incluíndo un bo vaso de viño
    Como me gusta o meu cocido.
    Invítovos a comer na casa
    A festexar cunha comparsa.

    Lucía García García
    Daniel E. Vila Mateus

Deixa unha resposta