Poesía

Imos tentar perderlle o medo á poesía. A poesía non é un xénero difícil e, aínda que hai poemas complexos, tamén os hai moi doados de entender, está demostrado que canta máis poesía se lea mellor se comprende. Para estar en forma coa poesía, como no deporte, precisamos adestrar. Ademais o importante non é entendela, senón gozala.

Despois de gozar coa lectura de Vaia Tropa! Por parellas, imos intentar facer poemas coa mesma estrofa, A-A-B-B-A, que a maioría dos do libro. Tamén tedes que procurar darlle un ton irónico e retranqueiro. Coidade moito o ritmo do texto.

30 thoughts on “Poesía

  1. Lightning Farron

    Unha soldado, moi forte e valente
    que se te metes con ela rómpeche os dentes,
    e aínda que sexa unha persoa solitaria,
    segue sendo muller humanitaria,
    é unha heroína moi prudente.

    Andrea Rodríguez Margarido

  2. Unha velliña moi namorada,
    vía o seu mozo e púñase colorada,
    ata que un día a vella acordou,
    darlle unha carta con forma de corazón,
    pero…esta carta foi rexeitada.

    Rosalía Casas Cabaleiro

  3. Teño un pequeno e rechamente elefante,
    que de maior quere ser cantante.
    E se quero que se faga famoso,
    cómprolle algo que o faga fermoso.
    Este elefante e un principiante.

    Sergi López Biel
    María Gramunt Cernadas

  4. Dona María era unha espía;
    tamén era axente de policía.
    A xente sospeitaba daquela rapaza,
    que tiña as meixelas da cor mostaza
    Pero estaba contenta, era da CIA

    Tamara Enjo Calvo

  5. Dona Arantxa vivía nunha cabana
    e tiña unha araña na súa cama,
    a araña coleccionaba moscas
    e Arantxa volvíase chosca,
    agora vive nunha vila alemana.

    Alejandro Rey Bustelo
    Ana P. Buenavilla Cadenas


  6. A miña amiga Lidia
    vive con súa tía María
    ao colexio leva unha mochila
    que ten unha flor lila
    dentro pon o nome de súa tía.


    A miña tía
    vive nunha vila
    ela tén unha filla
    que come moita nocilla
    pobre filla de miña tía.


    Dun brinco cheguei a Noia
    e dun salto a Baiona
    en Baiona encontrei unha pelota
    que tiña o nome de miña prima Carlota.

    Natalia Noya

    • Pobriña! decían de María Sousa
      que se perdeu na illa de Arousa,
      pero que por afogada moitos daban,
      xa que o seu copo non o atopaban,
      outros dicían que a viron toda chorosa.

      Karla Saénz Porras

  7. Un inglés da aldea,
    quería ter unha balea.
    Pero nunca a atopaba,
    porque non a buscaba.
    Atopou unha na area.

    Merlín tiña un camión
    gardado nun caixón.
    Este era de xoguete,
    pois cabía nun paquete.
    E era a súa maior ilusión.

    O neno marchou da casa,
    para intentar buscar unha “rapasa”.
    Despois dun longo día en Marín,
    atopou unha rapaza no seu xardín,
    e xuntos fuxiron nunha balsa.

    Martín Manuel Chaves Fraga
    Nerea Vidal Boullón

  8. Había un porco moi presumido
    levaba corbata e fumaba un pitillo.
    E no traballo xogaba sen parar
    co lapis coa goma incluso a bailar,
    pobre do aburrido porco Martiño.

    Santiago Esparis Matanza.
    Leda Penabade da Vila.

  9. En Brión había unha aciñeira
    que estaba arriba na eira
    ninguén a atendía e coidaba
    e ela soa e pobriña quedaba
    sen a súa bonita madeira.

    Manuel Blanco Vigo
    Alba Gil Seoane

  10. Era unha noite tan, tan negra
    que non se vía unha estrela.
    Aínda así, un burriño foi pasear
    e cunha ovella púxose a falar.
    Nesta noite negra, non se ven as pedras.

    Carmen María Martínez Santos
    Alba Suaréz Arufe

  11. Había unha nena moi cotilla
    Se botaba a orella era moi pilla
    todo o contaba
    máis nunca calaba
    e todo o escoitaba pola ventanilla

    Invitei a uns amigos a comer polo
    busqueino por todas partes, volvinme tolo
    pedinllo a unha veciña
    e ela deume fariña
    ao final encontrei un polo mongolo

    Alberto Arcay Méndez

  12. A poesía custa facela
    máis ben é difícil, non sinxela
    podes poñer calquera cousa
    como unha abella que se pousa;
    eche ben complicada ela!

    Álvaro Parra Fernández
    Alejandro Dosil Souto
    Xulia Sánchez Rodríguez

  13. POESÍA_1

    Un nadador de Negreira
    bañábase na súa beira.
    E cando menos o esperou,
    unha grande ola o levou
    polo río a toda carreira.

    Autores:
    Lois Meira López
    Ana Blanco Vigo

  14. POESÍA 1

    Vivimos nunha moi elegante casa,
    do tamaño dunha pequena carcasa.
    Nun cativo e vermello tellado,
    un paxaro está cantando.
    Por favor veciña cala, pesada!

    Por: Valeria Bello Tobío
    Anna Nieto Lago

  15. Fun onda Balbina, a miña tía
    que ten unha casa escura e fría,
    se non queres comer a fartar
    desta casa tes que liscar
    máis ela sequeche coa súa porfia.

    Por: Brais Cuns Gonzaléz

  16. Unha pataca que tocaba a maraca
    un día acabou traballando na banca
    a pataca fixo tanto sacrificio,
    que un día fartou e foi buscar outro oficio
    e a pobre pataca quedou sen maraca.

    Miguel Mirazo Bouzas
    Franco Jesús Pazos Vera

  17. Nunha pequena vila de Lugo
    vive un lacazán e larpeiro teixugo.
    Comía e comía ata rebentar
    e tiña unha dor de tripas de chorar
    e así vive o teixugo de Lugo.

    Tatiana Rodríguez Fernández
    Ana Sabugueiro Gómez

  18. Cando fomos a Silvarredonda
    pasamos por unha rotonda
    na que había unha vella
    vendendo unha rica paella.
    Como arrecendía naquela rotonda!

    María Otero Anguiano
    Alexia Carballeira Grobas

  19. Cando fun a Creta caeume a libreta,
    comía sapos e algunha galleta,
    de tanto comer quedou asada,
    e cando fun buscala estaba arrincada
    así morreu a libreta de Creta.

    autores:
    Abel Figueiras Vila
    Alberto Fernández de la Torre

  20. Cando era pequeno tiña unha libreta,
    cando me aburría usábaa de pandeireta.
    E cando con ela máis me divertía,
    o meu profesor ben o sabía,
    ata que un día quedei sen libreta.

    Miranda Juncal, Angel.

  21. Había un home chamado Serafín
    que era carpinteiro e tiña serrín
    pero ese home estaba amargado,
    e tamén era bastante pesado
    o seu malhumor non tiña fin.

    Nerea Rodríguez Rodríguez
    Adrián Carrillo Garrido

  22. Poemas

    Temos gran aburrimento
    porque no hai pasatempo
    argallaremos unha idea
    para divertirnos na aldea
    así pasaremos o tempo

    No instituto de Brión
    os reis deixaron carbón,
    porque os rapaces no traballan
    nin tampouco se preocupan
    de estudar as leccións

    Daniel E. Vila Mateus e Lucía García García

Deixa unha resposta