A reportaxe

A reportaxe é un xénero periodístico que consiste no relato duns feitos que presencia ou investiga o xornalista.
Primeiro se toman notas e despois cando se reelabora o texto, ademais de contar os feitos débese transmitir unha interpretación persoal do acontecido. Como en todo escrito hai que coidar o estilo.
Da visita á aldea de Silvarredonda, Rois, ides facer unha reportaxe.

46 thoughts on “A reportaxe

  1. Visita a Silvarredonda

    Silvarredonda é un pequeno pobo de Rois. Chegamos alí en autobús logo de viaxar durante un cuarto de hora. Unhas anciás recibíronnos moi ben e ensináronnos a súa aldea.
    Primeiro mostráronnos as fontes: a fonte Merdeira que se construíu no ano 1960 e aquí paraban a beber e a descansar os ciclistas que pasaban por hai e, a fonte do santo da chuvia, que elas dicían que para que chovera se lle sacaba a cabeza ó santo, se lle daba un bico, se metía na auga da fonte e se lle rezaba durante nove días.
    Logo amosáronnos as pías e os muíños que aínda funcionaban e que estaban moendo nese mesmo intre. Para min os muíños foron o mellor da visita.
    Despois amosáronnos como eran as casas antigas: pequenas, de pedra, tamén tiñan un forno de pedra, un pallete para os animais. A min isto sorprendeume moito porque nunca vira unha casa así e estou acostumado a ver casas espazosas e amplas.
    Para finalizar fixéronnos unhas suculentas filloas con fariña que se fixera anteriormente no muíño, estaban deliciosas. Nos como agradecemento agasallámoslle un camélio e marchamos moi contento para Brión.

    Miguel Mirazo Bouzas

  2. Viaxe a Silvaredonda:

    Onte os alumnos de 1º da ESO tivemos unha saida a Aldea de Silvaredonda. Saímos do instituto despois do 1º recreo.Collemos o autobús e marchamos.Á viaxe foi moi entretida xa que ibamos con amigos/as. Ao chegar presentaronnos anosa guía, qué foi unha amable soñora da aldea chamada Lurdes. Tamén nos acompañaron algúns veciños.
    O primeiro que fixemos foi ver unha fonte donde os aldeanos iban por auga pàra levar as casas.
    Despois levounos a outra fonte, que me gustou máis que a outra.Enriba,tiña un santo. Chamábanlle San Ildefonso.Contaronnos que cando había tempo de seca e necesitaban choiva para os cultivos,iban a fonte, quitabanlle a cabeza do Santo e lavabanlla na fonte e despois dabanlle un bico e desixabanlla outra vez no seu sitio. Esperaban nove días,os cales tiñan que ir a fonte e rezar un noso pai.Disque despois de nove días chovia.
    De seguido levaronnos xunto a unha pedra moi significativa para eles e para a aldea en si, por que tiña premios que lles dera a aldea pola maneira de traballar,pola mellor aldea…etc.
    Despois paramos nun cruceiro que dician que tiña arredor de 300 anos. Era o sitio de encontro de antes aínda que agora se siguen reunindo os domingos os veciños. Cando a xente viña de traballar era habitual que parasen alí.
    Despois de descansar fomos aun muiño que estaba moi ben conserbado,e pareceume moi bonito.Tamén nos enseñaron como facían a fariña.
    Cando rematamos todos de ver o muiño fomos outra vez au cruceiro onde nos encontramos cunha sorpresa.Había unha mesa con filloas,mel e azucre.As filloas estaban boísimas! Ao rematar a saída demoslle aos veciños unha camelia dandolle as grazas por todo o que fixeron e por como nos trataron.

    Lidia Quintela Rial

  3. Viaxe a Silvarredonda

    Chegamos a Silvarredonda en autobús, alí recibiunos Lourdes e mais unhas cantas veciñas.
    Loureades foinos ensinando as cousas máis importantes daquela aldea.
    O primeiro que nos ensinou foi unha fonte. Contounos que esa fonte é moi vella. Antigamente non había auga do grifo, entón ían por auga a esa fonte e levábana a cubos para as casas. Alí tamén se reunían e falaban, outra cousa que facían era ler o xornal. Para min esa fonte era normal pero a elas víaselle moito afecto.
    Naquela aldea teñen un santo da chuvia San Ildefonso, no ano 1913. Quítaselle a cabeza dáselle un bico e ponse na auga durante nove días. Cada día ianlle dar un bico e rezarlle un Nosopai, e se en nove días non chove, ven un día de néboa. Non sei se o fixeron pero o día seguinte da excursión por a maña estaba todo cheo de néboa.
    Antigamente todas as carreteiras eran corredoiras, agora fixéronse máis grandes para pasar os coche e tractores.
    Había tamén moitos cruceiros, polo menos tres: antigamente as mozas quedaban alí cos mozos. Expresión que dixo a muller: “Se o cruceiro falara había unha enciclopedia.” A verdade o cruceiro era moi vello.
    Na noite de San Xoán debaixo dun pallal, poñen unhas mesas enormes e cenan alí, esa noite os homes fan a cena. Fora fan unha cacharela e sáltana.
    As portas das casas eran moi pequenas. Nas casas que había forno, significaba que fora unha vivenda.
    Pozo: nel lavaban a roupa. Agora almacenan auga. Ao lado hai unha casiña moi pequena que nela con auga facían electricidade. No muiño facían e fan fariña. O muiño e de pedra. Por onde bota o millo aínda en grao ten un pao que o fai temblar para que caia o millo.
    A min a aldea gustoume moito, era toda ou casi toda de pedra. Gustoume moito como as persoas lle tiñan tanto afeito os cruceiros. A min unha das cousas que me gustou foi o santo da choiva.
    Nos para agradecerlle o feito de ensinarnos a súa aldea regalámoslle unha camelia con flor.

  4. VIAXE A SILVARREDONDA

    Fomos a Silvarredonda, un pobo do Concello de Rois. Chegamos e baixamos do autobús .Unha
    muller maior que se chamaba Lurdes recibiunos e foinos explicar o Santo da chuvia. Era un Santo ó que se lle mollaban a cabeza para que chovera e para que non houbera seca .
    De alí fomos ver un cruceiro de pedra no que se sentaba cando viñan de traballar nas leiras de noite. Despois fomos a unha pedra que tiña placas conmemorativas da Semana verde de Galicia e tamén duns Arxentinos que marcharon de Silvarredonda.A señora Lurdes mostrounos unha casa das antigas onde vivía a xente noutros tempos .Era pequena ,por dentro tiña madeira e as paredes de pedra.Tiña unha lareira e o lado o cortello dos porcos . Despois fomos a un muíño e nos explicaron como funcionaba, a fariña saía de dúas pedras que ían moendo o millo e a auga movía unha roda
    e empezaba a moer o millo. Baixamos para onde estaba o cruceiro e dúas señoras maiores viñeron con dous pratos de filloas e nós regalámoslle unha camelia, despois voltamos para o Instituto.

  5. VIAXE A SILVARREDONDA

    Cando chegamos a Silvarredonda unha aldea de Rois, unha muller duns 71 anos chamada Lourdes e os seus compañeiros presentáronse. Parecéronme unhas persoas moi amables.

    Comezaron mostrándonos unha fonte onde a xente da aldea as veces xuntábase para falar e pasar o tempo. Tamén Lourdes contounos que se acordaba de cando a súa nai pedíalle que fora a buscar auga cuns recipientes moi grandes a fonte. Nela tamén estaba escrito “Rois 1960.

    Despois ensináronnos ao Santo Ildefonso. Cando pasan moitos días moi secos van xunto o Santo, quítanlle a cabeza, lávana e dánlle un bico. Os seguintes 9 días rezan diante del un “padre noso” e uns días despois comezaba a chover. A min pareceume impresionante porque cando fomos fixeron o ritual e o día seguinte no instituto apareceu unha peque na néboa.

    De seguido acercámonos a unha pedra onde había unha placa que lla deran un matrimonio de Arxentina en agradecemento convidarlles a comer e tratalos moi ben. Había un diploma que llo deran da Semana Verde en Silleda. E por último Había unha placa porque fai 25 anos os veciños pagaran para facer case toda a aldea pagando do seu peto. Isto paréceme que ten moito mérito pero que isto o tiña que haber pagado o concello.

    Preto de alí había un cruceiro onde antigamente as mozas da aldea falaban e agardaban aos mozos. Lourdes díxonos que o cruceiro tiña máis de 300 anos e que se falara poderíanse escribir moitos libros e facer moitas películas.

    Nun cuberto en San Xoán xuntábanse a xente da aldeas e se poñen moitas mesas para a cena que esa noite cociñaban os homes.

    Despois fomos a un muíño onde nos ensinaron como funcionaba e facían fariña. Cun alambique que subían e baixaban paraban ou facían xirar a pedra este movemento chamábano “troula troula”.

    Ensináronnos unha das casa máis antigas que había, era moi pequerrecha.

    A min pareceume unha visita moi interesante e incrible a cooperación que teñen a xente de esa aldea para facer un lugar e mantelo tan ben como está. As persoas que habitan nela son moi agradables e isto o digo polas filloas que finalmente nos trouxeron feitas coa fariña do muíño.

  6. Saída a Silvarredonda
    Os alumnos de primeiro collemos o autobús para ir a Silvarredonda.
    Chegamos e había unhas señoras que se presentaron, e unha dixo que se chamaba Lurdes.
    Fomos a unha fonte que se chamaba Fonte do Santo Ildefonso que estivo desde o ano 1913, antes o Santo Ildefonso quitabase a cabeza a dábase un bico para que chovera poros campos que estaban sen chover.
    Despois ensinounos o Cruceiro, antigamente os
    domingos non habia television e se reunian todos para ligar cos novios.
    Antes nas fincas habia xente traballando.
    No camiño rústico e gora non deixan restaurarse.
    Tamen ensinounos un casa pequena como as que habia antes, dixonos que yonde habia fornos abia vida.
    Xa terminando nos ensinounos que xonde gardaba a auga correteando para regar os campos.
    Na quela época tiña que facer todo a man pero nunha casa pequena se facia electricidade.
    Xa terminando as señoras moi amables nos deron filloas, mel, azucre e auga.
    Despois subimos a outobús e xa se a cabou a ruta.

    Nerea Vidal Boullón

  7. SAÍDA A SILVARREDONDA

    Chegamos e unhas señoras moi amables empezaron a enseñarnos unha das fontes, esta chamábase o Santo da chuvia, chamado Ildefonso, o ritual era o seguinte: á estatua se lle quitaba a cabeza, metíase na fonte que había debaixo é despois se lle daba un bico e ós dias seguintes víñase a rezar.
    Había unha fonte de Rois de 1960, os nenos xogaban alí tirándose auga uns a outros.
    O pobo de Silvarredonda gañou un diploma ( IV feira, exposición semanal, verde de Galicia de Silleda en 1981).
    Tamén vimos un parque, onde os nenos xogaban, as rapazas sentábanse e falaban entre elas é despois quedaban cos mozos.
    Contáronnos tamén que cociñaban os homes, e que nas casas non tiñan nin baños, nin internet e tampouco televisor.
    Nesas épocas como non había lavadoras tiñan un lavadoiro para lavala roupa.

  8. Silvaredonda

    Cando chegamos a aldea xa estaban esperando ali unhas mulleres por nos,
    veu Lurdes a darnos a benvida. O primeiro que vimos foi unha fonte, e nos contaron que eles cando era pequenos collian con cubos de auga para auga e tamén iban a beber auga e contar chistes.
    Despois da fonte fumos ver o santo da choiva, o santo ten moitos anos, ao santo quitanlle a cabeza e danlle un bico, despois botana a auga e todos os días rezan un padre noso, os nove días viña a neboa.
    Ao cabó dun anaco fumos a ver unha pedra que tiña ali tres placas unha era dun matrimonio, outra da semana verde e a ultima da aldea. Pasou un anaco e vimos un cruceiro onde ali nos dixeron que os dimingos cando eran máis xovenes iban a esperas aos seus mozos para charlar.
    Despois habia ali unha casa antiga onde antes vivian cas vacas e tiñas ali
    onde facian o pan. Ao lado da casa había un lavadeiro onde se iba a lavar a roupa.
    O ultimo que vimos foi un muiño onde se facia ainda a fariña que estaba moi ben feita, despois nos ensinaron como se utilizaba.
    Antes de marchas nos invitaron a unhas filloas con esa fariña con mel e azucre.

    Carmen María Martínez Santos

  9. o xoves fixemos unha saída a Silvarredonda, fomos no autobús falando e cantando,cando chegamos baixamos do autobús e fomos andando por unha aldea. As persoas que estaban alí explicaronnos moitas cousas sobre esa aldea. Primeiro vimos unha fonte e a señora contounos que cando ela era nena iba a buscar auga a esa fonte e que tamén se podía ler alí a prensa. Despois visitamos o Santo da chuvia que se chamaba San Ildefonso e alí en 1913 fixeron unha capilla, e no verán como non había auga a xente ia a fonte a rezar. A esas persoas regaláronlles unha placa que está metida nuha pedra. Tamén nos contou que antes os camiños eran corredoiras, pero eran de pedras. Despois ensinounos un galpón onde se facía a festa de Sanxoán e contounos que viñan a esa festa 18 persoas de Alemanía. Entramos nuha casa donde había un forno pero agora hai palla e o teito era de tablas. Logo pasamos por un pilón donde se lavaba a roupa pero agora dentro solo hai herba,vimos outro pilón máis grande aínda co anterior e dixonos que para que ese pilón non estuvese vacío tiñase que encher cada poucas horas.
    A min esta excursión gustoume moito, foi moi divertida, pasamolo moi ben. Vimos moitas cousas e todo era precioso. Despois para despedirnos fixeronnos unhas filloas riquísimas e nós regalamoslle unha camelia. Foi unha esperiencia moi bonita.
    Alba Nieto

  10. SAÍDA A SILVARREDONDA

    O pasado xoves quince de marzo os cursos de primeiro A e
    B do I.E.S. De Brión fixeron unha saída á aldea de Silvarredonda (Rois).

    O alumnado colleu o autobús ás dez e media. Ao chegar a aldea, os recibiu Lourdes, axudada de Ramón.

    Lourdes comezou a súa charla pola fonte de Bois, feita no ano 1960, alí pasaban o tempo arredor da fonte nos bancos de pedra onde lían a prensa e falaban.

    Seguiu a charla con outra fonte, a do Santo da chuvia ou San Ildefonso, feita no ano 1913. Alí nos momentos de seca quítaselle a cabeza ao santo e colócase na poza para que chova. Se cumpridos nove días non chove, ao día seguinte unha pesada néboa alcanzará Silvarredonda.

    Máis tarde Lourdes ensinou unha estatua con placas honorarias e o cruceiro onde quedaban cos noivos cando eran novas.

    Estas persoas tiveron que reformar e asfaltar a aldea eles sós, e tiveron que pagar 120.000 pesetas. Tamén tiveron que facer negocios con FENOSA para obter electricidade.

    No galpón celébrase a noite de San Xoán, onde se reune tamén a xente máis nova, que nun pasado marchara da aldea.
    Tamén ensinou unha antiga casa. Sabíase que alí vivira alguén porque había unha lareira.

    Finalmente ensinou os muíños onde fan o millo.

    Antes de voltar a Brión invitounos a comer filloas eun pouco de auga.

    Álvaro Parra Fernández

  11. A aldea de silvarredonda

    Marchamos do colexio de Brión cara as dez e media chegamos a sivarredonda. Recibiuno una señora chamada Lourdes , con ela tamén estaban unas amigas e amigos de Lourdes.

    Lourdes presentouse e, empezamos a ver as súas costumes enseounos unha fonte que foi fundada en 1960 que estaba moi ben coidada, alí os nenos collían quentábana a auga para poñerlle a os animais por a maña.
    Tamén nesa fonte a xuventude pasaba o tempo contando chistes e ríndose todos xuntos. Despois enseounos outra fonte que era a fonte de san Ildefonso da chuvia, que foi fundada en 1913, o que me parece bastante inxenioso foi que para que chovera collían a cabeza do santo e mollábana na auga da fonte e tiña que chover en sete ou oito dias, e senón chovía a o amañecer viña una névoa espesa.
    Tamén nos enseou un cruceiro que tiña 300 anos, que era onde xogaban os nenos e pasaban o rato os maiores.
    Seguimos e enxeñounos una pedra grande que tiña una placa e un diploma da semana verde.
    Despois f0omos pasando por sitios e vimos un solpor que era onde saltaba a fogata de san Xoán
    tamén había un camiño rústico e una casa antiga.
    Despois fomos a os muíños e enseñóronos como moian o trigo, o muíño funcionaba con dúas pedras una chocaba con outra para darlle forza a o muíño.
    A mingustoume moito, era un sitio moi bonito, e a xente era moi xentil e regaláronos para comer

  12. Visita a Silvaredonda

    Visitando a aldea de Silvarredonda nós atopamos con Lourdes e os seus veciños que nós acompañaron a coñecer varios sitios antigos da aldea .Lourdes nos ensinou primeiro as fontes,unha delas que considerán a mais importante e a do Santo da chuvia que ven sendo San Ildefonso que sempre que fai falta que chova van a pedirllo,a outra fonte que hai chámanlle Rois 1960. Despois visitamos a casa maís antiga da aldea,dise que o que viviu na casa foi o primeiro que fundou a aldea de Silvarredonda,seguindo ca visita fomos a ver o muíño donde os veciños obteñen a fariña de millo. Esta visita foi moi boa para nos por que puidemos saber como os veciños entre eles se axudan como nos tempos de antes e ademais dos costumes que tiñan antes.

  13. SILVA REDONDA

    Co remate do primer recreo comezamos a nosa saída, no autobús respirábase un ambiente alegre e festivo. Pero ao chegar a o noso destino nos pusemos mais serios pero con moito interes.
    Recibironos un grupo de xente moi agradable e nos levaron a unha fonte, Lurdes (que era a que nos narrava o funcionamento desta aldea tan antigua como interesante) contounos que antigamente ivan alí os nenos e recollian a auga pero iso no e o mais interesante, o mais interesante e que cando queren que chova quitabanlle a cabeza ao santo e metianlla na fonte rezando 9 padres nosos se non chovia creavase unha nievla moi intensa. A continuacion levaronnos a un crucifijo que tiña maís de
    300 anos pero facendo un parentesis contounos que só quedan 4 nenos e a poboacion da aldea e de idade maior.
    Despois nos contaron que habia unha casa bastante antigua pero algo baixa e que ali viveu xente agora usanon pra guardar paixa. Despois levaranos a un moino e contaronnos o seu mecanismo e fucionamento. Xa a o final levounos a o centro do pobo onde nos tiñan unha gran sorpresa cunhas filloas nos daban unha cordial despedida.

    JORGE ALBARRACIN RIBADAVIA

  14. REPORTAXE

    O dia 15 de marzo fomos a aldea de Silvarredonda.
    Chagamos alí e recibíronnos con moito agarimo.
    A señora Lurdes primeiro ensinounos unha fonte na que hai 60 anos se xuntaban alguns mozos para pasalo ben alí contando uns chistes.
    Levounos onda o Santo da Chuvia.
    A este Santo sácaselle a cabeza lávaselle e dáselle un bico se dende alí en 9 dias non chove vai unha néboa moi branca e fría.
    Despois fomos onda unha pedra e alí estaba o premio da sema verde.
    Contounos que todos os veciños tiveran que pagar moito diñeiro para as estradas que comunicaban a vila e por outras obras comunitarias.0
    Esinounos un cruceiro onde hai uns 60 os mozos e as mozas quedaban alí para mocear. E como dí a señora Lurdes “se o cruceiro falase había libros grandes que escribir e películas grandes que facer”.
    Porque este cruceiro xa ten uns 300 anos.
    Nesta aldea xúntanse todos na noite de San Xoán para celebralo alí todos xuntos.
    Vimos unha casa moi antiga onde había soamente unha lareira e un forno,pero así e como vivían os antepasados en Galiza.
    Tamén nos amosou un pilón onde antigamente no verán as mulleres ía alí lavar as roupas.
    Tamén vimos dous pozos onde se almacena a auga cando aí seca.
    Amosounos un muiño que estaba moendo oleo co que se facía as papas dos nenos pequenos antigamente.
    Finalmente vimos con que enerxía se mobía o muíño era unha turbina que ca forza da auga movia o muiño.
    Cando xa acabaramos as explicacións deronnos filloas que estaban moi ricas e estaban feitas ca fariña do muiño.
    Gustoume moito esta experiencia.
    Alba Suárez Arufe

  15. A SILVARREDONDA

    O xoves día quince de marzo fomos Silvarredonda, unha aldea de Rois.

    A nosa guía chamábase Lourdes que nos enseñou a Fonte de Bois, o santo da Choiva, o Cruceiro, o muíño de pedra…

    Primeiro fomos a Fonte de Bois (que se fixo no ano 1960)onde os rapaces de hai anos ían coller auga para darlle de “desayunar” os animais.

    Despois fomos a ver o santo da Choiva ( que se fixo no ano 1913). Dise que san Ildefonso, cando non chovía xacabase a cabeza, mollábase e bicábase e había que rezar durante nove días.

    O muíño de pedra e un muíño antigo que serve para moer o gran de millo para facer fariña. Funciona con auga.,
    Gustoume moito a saída a Silvarredonda.

  16. Unha mañá en Silvarredonda

    Collemos o autobús dende o instituto para ir a Silvarredonda. Ao chegar recibiunos Lourdes, a nosa guía da visita a esta bonita aldea. Tamén recibíronnos os demais donos da aldea.
    Primeiro fomos á Fonte Rois 1960, que era o sitio onde os nenos recollían grandes cubos de auga, que logo lle daban aos animais. Antigamente tamén era onde lían o xornal a xente maior.
    Proseguimos o noso camiño, acompañados por un par de cans, ata O Santo da Choiva. Dicíannos que ese é o sitio onde rezan os tempos de seca para que choiva ou apareza néboa nun prazo de nove días; para iso metían a cabeza do Santo da Choiva (ou tamén chamado San Ildefonso) na auga dunha pequena fonte que había debaixo deste.
    Despois disto fomos ao cruceiro, que estaba ao carón dun parque. O cruceiro tiña trescentos anos, no parque era onde víanse os noivos os domingos; tamén é cando se reúnen os mozos que marcharon da aldea, cos seus fillos que xogan no parque.
    Tamén fomos á casa máis antiga de Silvarredonda. Era moi pequena; tiña un forno para o pan. Explicáronnos que había un segundo piso e que, debaixo deste estaba o gando, que daba calor á familia.
    Despois de estar na parte baixa da aldea subimos para a alta, aos muíños. Había cinco muíños;o río que pasa por todos estes é o mesmo. O muíño funciona cunha pedra moi grande e pesada que da voltas grazas a auga, enriba estaba o caixón, o pao unía a este coa pedra facendo que caia o millo.
    Cando acabamos de ver un dos cinco fabulosos muíños, baixamos outra vez ao parque. Onde tiñan preparados uns freixós boísimos, estaban feitos con ovos das súas galiñas e coa fariña dos muíños. Despois de encherme cos freixós volvemos para o instituto. Foi unha mañá fabulosa!

  17. VISITA A SILVARREDONDA

    O venres 15 de marzo do 2012 fomos visitar unha pequena aldea chamada Silvarredonda. Cando chegamos recibiunos unha señora, que íbanos explicar as cousas que había na aldea.
    De primeiro ensinounos o santo da choiva, que din que de momento non faiou. Cando hai sequía quítanlle a cabeza, móllana e danlle un bico.
    Despois fomos onde estaba unha pedra grande, que tiña unha placa. É como un diploma que lles deron pola semana verde. Foi unha das primeiras aldeas que asfaltaron.
    Despois de ver a pedra fomos por unha estrada costa arriba, onde había unha casa pequena, que din que estivo habitada. A súa porta era diminuta e a casa estaba chea de palla. Tiña un forno, pero na casa actualmente é un sitio para gardar as cousas.
    Seguimos subindo e atopámonos cun lavadoiro onde todos os veciños van lavar a roupa. Tamén había un muíño, que estaba xusto ao lado do lavadoiro.
    O muíño tiña unha porta pequena e cando entramos, non colliamos todos e tivemos que ir por grupos. Había unha pedra redonda e grande que moia todo coa forza da auga. Coa fariña que obtiñan de moer facían filloas, pan…
    na aldea facíano todo a man e todos xuntos, iso foi o que máis me gustou.
    Cando estabamos a punto de despedirnos viñeron uns veciños e traían 3 pratos con filloas para que coméramos.

  18. Saída a aldea de Silvarredonda

    Chegamos a aldea e recibiunos Lourdes, unha veciña. Enseñounos a fonte da auga que a usaban de uso doméstico contounos que ían recoller eles a auga para as casas, a fonte fíxose no ano 1960.

    Preto está a fonte do santo da chuvia chamado Ildefonso. A tradición é lavarlle a cabeza na pila e darlle bicos, logo durante 9 días rezanse nove padrenostros e despóis dos 9 días chove.

    Hai un parque para os neno e alí xogaban e tamén ían cos noivos e noivas. No parque encóntrase unha pedra que agasallara un matrimonio a aldea e alí poñes os premios que se lle dan a aldea. Preto encóntrase o cruceiro da aldea un cruceiro moi vello de fai aproximadamente 300 anos.

    Teñen un galpón no que gardan a maquinaria e alí sóese facer a festa do San Xoán e por tradición cociñan os homes. Preto atópase o camiño rústico que é polo que levaban os animais o monte, está protexido polo patrimonio.

    Nunha casa pequena encontrase o forno do pan da aldea e unha lareira, alí ían toda a aldea a facer o pan.

    Preto está o lavadeiro e os pozos de auga, a auga que baixa ata os pozos pasa polo muíño e alí fan a fariña para facer o pan e demais alimentos con fariña.

    Logo baixamos ata o parque e alí deronnos de comer filloas feitas ca fariña do muíño e mel da aldea. O centro en agradecemento lles agasallamos cunha camelia, e a plantaron no parque. Despedímonos e demoslle as gracias.
    Gustounos moito a aldea.

  19. BEMBRIVE

    Nesta aldea viven os meus avós dende que eran pequenos ata os nosos días.
    Atópase no concello de Beade, provincia de Pontevedra.

    Por alí pasa un río que alimenta a sede de todos os avitantes, e rega os campos. Este famoso río recibe o fermoso nome de “Eifonso”.
    A fonte atrae a xente coa súa magnífica auga. Esta fonte conserva unha lenda moi antiga e peculiar: as abellas pasaban pr alí coa súa carroza real, onde se atopaba relaxadamente a raíña. Un día apeteceulles beber e repousar un pouco,polo que decidiron parar alí. A raíña o beber sacou a coroa, e logo marcharon. A coroa quedou alí esquecida. Cando os veciños, ao ir por auga, atoparon ese estraño obxecto, e por mor dunha embuxería a enterraron. Cando os subditos da raíña abella foron e non atoparon a coroa,
    marcharon moi disgustados. Esta coroa, seguindo as lendas que miña avoa me conta, aínda sigue enterrada debaixo da fonte, e é ese o motivo de que as augas da fonte saiban tan ben. Esta lenda deulle nome a “fonte da Raíña”.

  20. Silvarredonda
    O xoves 15 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º fixemos unha saída á aldea de Silvarredonda, en Rois.
    Saímos en autobús de Brión ao redor das dez e media, e chegamos a Silvarredonda sobre as once.
    Ao baixar do autobús, viñeron a recibirnos os veciños, entre os que se atopaba Lourdes, a muller que nos ía a ensinar a aldea.
    Empezounos ensinando a Fonte dos Bois, que era do ano 1960. Lourdes contounos que, cando ela era pequena, ían os nenos a buscar a auga a esa fonte en caldeiros. Outra veciña que eu tiña ao lado dixo polo baixo que, entre os do pobo, chamábanlle á fonte “A fonte Merdenta”.
    Logo acompañáronnos a outra fonte, a fonte do Santo da chuvia, chamado San Ildefonso. Ten ese curioso nome porque, cando leva tempo sen chover, quítanlle a cabeza á figura de pedra do santo, métena na auga da fonte, sácana e dánlle un bico e van a rezarlle os sete ou oito días seguintes ata que empeza a chover. Pareceume unha historia moi curiosa, xa que deron a entender que sempre chovera despois de facer este “ritual”.
    Despois regresamos á praza dende onde comezaramos a nosa visita, onde había un cruceiro de máis de trescentos anos. Alí, no cruceiro, había un diploma metalizado, que recibiran os da aldea cando gañaran o “primeiro premio da IV feira de exposición da semana verde de Galicia en Silleda”. Tamén saíran no programa “Grandes Lugares”.
    Entón, Lourdes comezounos a contar que, unha das noites que máis lle gustaba era a noite de San Xoán, xa que esa noite os homes cociñaban e poñían as mesas. O ano pasado foran máis de setenta persoas nesta data, e algúns deles eran alemáns que viñeran facer un curso en Galicia. Pasárano moi ben saltando fogueiras e tomando queimada.
    A continuación, leváronnos a unha das primeiras casas da aldea, e era moi pequena. No interior, Lourdes explicounos como era antigamente, xa que agora usábase como pallar. Díxonos que, nun lado, estaba a lareira e, no outro, había dous pisos: no de arriba durmíase e no de abaixo estaban os animais para quecer a casiña. Pareceume que, para ser unha casa tan pequena, estaba moi ben pensado para que se usaba cada espazo.
    Fóra, hai dous pozos de rega para almacenar a auga no verán e en épocas de seca, pero un sempre está baldeiro.
    Finalmente, leváronnos ao muíño da aldea. Era de pedra e ensináronnos como se utilizaba. Pareceume moi interesante.
    Cando íamos cara ao autobús, as mulleres do pobo baixaron filloas, mel e azucre á praza onde estaba o autobús para facer unha merende. Estaba todo moi bo!
    Pareceume unha saída moi interesante e aprendín bastante cousas.

  21. Silvarredonda

    Silvarredonda é unha aldea de Rois e os de 1º fixemos unha saída para ver como viven e como seguen conservando a maneira de axudar aos demais. Cando chegamos, estábannos esperando tres mulleres e un home maior, que nos foron explicando cousas.

    Lurdes levounos primeiro a unha fonte (Fonte de Rois 1960) e díxonos que antes os nenos e as nenas ían buscar auga e levábana as súas casas en caldeiros, e os homes ían alí para ler o periódico.
    Despois contounos que o santo da chuvia era san Idelfonso e cando non chovía, e era necesario para as colleitas, lavábanlle a cabeza para que chovese.

    Tamén nos levaron a un muíño que funcionaba coa forza da auga e ensináronnolo por dentro
    Lurdes contounos que cando ela era moza, sentábase coas outras rapazas nun cruceiro de douscentos anos de antigo, máis ou menos, a falar e a esperar aos mozos.

    Tamén teñen unha escultura de pedra que lles deron por ser bos veciños e colaboradores.

    Cando acabamos a visita, as mulleres foron moi amables e fixéronnos filloas con mel e estaban moi ricas. Nos regalámoslle unha camelia, que lles entregaron Alba e Nayara pola súa hospitalidade.

  22. Visita a Silvaredonda

    O xoves 14 de marzo de 2012, fomos a Rois a unha aldea chamada Silvarredonda. Había unha señora moi amable chamábase Lourdes. Na visita a aldea fomos ver unha fonte do ano 1960, neses tempos os rapaces levaban a auga ata as casas para beber.

    A continuación fomos ver o santo da choiva do ano 1913 fai moitos anos no verán cando non chovía quitábanlle a cabeza o santo e póñena na auga e rezaban durante nove dias o noveno aproximase as tormentas e as choivas.

    Despois estivemos nunha casa de pedra antiga había un forno e moita palla cando saímos da casa polo camiño atopamos un home, un burro e dous cans. Andamos ata un muíño dentro había un home facendo fariña cunhas pedras, coa forza da auga a pedra de arriba xiraba e facía que o millo se moera.

    Nun garaxe grande que había de lado do parque, celebraban o san Xoán, alí facían a comida os homes. Tiveron a amabilidade de convidarnos a unha orellas con mel e azucre. Nos regalámoslle unha camelia.

  23. Visita a Silvarredonda

    O día 15 de Marzo os alumnos de 1º do I.E.S de Brión visitaron Silvarredonda . Os veciños da aldea foron moi simpáticos , e con amabilidade acolleron a chegada dos rapaces . A guía que mostrou aos nenos Silvarredonda foi Lourdes , ela con axuda doutros veciños ensinaron aos alumnos e profesores as marabillas hai na aldea .

    O primeiro que viron foi unha fonte , antigamente os nenos collían auga en cubos e levábana para casa , e pola noite servía como punto de encontro entre habitantes . Preto da fonte atopamos outra fonte chamada O Santo da Chuvia , que é do ano 1913 , contáronnos que cando había tempos de sequía os nenos lle daban un bico a cabeza do santo .

    Na entrada da aldea hai unha pedra que lle fai homenaxe a cada un dos habitantes de Silvarredonda , por todas a súas obras humanitarias . Non tan lonxe da pedra encontramos un cruceiro de mais de 300 anos , onde as rapazas quedaban con seus mozos ademais servía de repouso para todas as persoas que traballaban en fincas . Camiñando polas rúas da aldea chegamos ata un Xapón , dixéronnos que alí as persoas reuníanse para festexar San Xoán e esa noite os homes
    cociñaban . Entre todas as zonas rústicas que puidemos encontrar casas moi ben restauradas e para ver a diferenza que hai entre as casas de hoxe en día e as de onte , entraron nunha casa , que é o mais vello que hai en toda a aldea , usando a imaxinación puidemos restaurar a casa .

    As persoas lavaban a roupa en lavadoiros e deixaban secala no campo , aínda que había un lavadoiro comunitario e outro privado e o ultimo que vimos foi o muíño que está en fronte do lavadoiro ao rematar a visita esperáballes aos nenos un sorpresa , filloas feitas no muíños polo visto estaban ben boas xa que os rapaces quedaron de abondo , e con xesto de cortesía os nenos entregaron aos veciños unha arbore que representa a visita dos alumnos do I.E.S de Brión . Sin dubia foi unha gran visita .

    Feito por : Karla Saenz Porras .

  24. VISITA A SILVAREDONDA
    O día 15 de marzo a clase 1ºA visitou a aldea Silvaredonda onde o autobús deixounos na entrada da aldea. Alí recibíronnos varias persoas maiores que vivían na aldea desde xa hai anos, fóronos explicando todo o percorrido da aldea, a que máis colaboraba chamábase Lourdes.
    A min aveces parecíame que alargaba moito as explicacións pero polo demais explicaba moi ben.
    O primeiro que nos ensinou foi a fonte da choiva alí díxonos que a pedra que tiña por diante estaba posta no ano 1913, a fonte tiña un santo,cando había moita sequía ao santo sacábaselle a cabeza e colocabase debaixo da auga da fonte e íase a rezar durante nove dias. Lourdes díxonos que a ela nunca lle había fallado e a xente da aldea tampouco. Eu non o creía moito pero despois fíxenme unha idea e pouco a pouco funo crendo.

    Mais a diante ensinounos unha pedra na que había dúas placas unha regalaralla un matrimonio que viviu alí e cando marchou deixoulla a comunidade para que a puxeran na pedra e así a vira todo o mundo.
    Seguimos por unhas corredoiras que os veciños habían asfaltado,tamen habían ancheado os camiño xa que agora podía pasar un coche e antes non.
    Había un sitio no que so había unha casa ao fondo que era onde facían as ceas,comidas,merendas as que acudía toda a aldea xa que eran poucas persoas.
    Tamén nos ensinou casas antigas que aínda tiñan o seu forno de pedra,o malo e que estaban cheas de palla para os animais eran moi pequenas, ao final vimos un muíño no que Lourdes nos ensinou como se moia a fariña de millo,ca que despois facían empanadas,filloas,etc.
    Por último invitáronnos a unhas filloas con mel ou azucre que por certo estaban moi boas. Antes de marcha agasallámoslles unha camelia. E por último despedímonos
    A min está saída gustoume moito e espero que volvamos a un sitio así o parecido.

    Valeria Bello Tobío 1ºA.

  25. Visita a Silvarredonda

    Ao chegar a esta aldea do Concello de Rois recibíronnos os seus habitantes moi agarimosamente, en especial Lourdes que ía ser a nosa guía durante esa maña.

    Por primeiro lugar, ensináronnos a Fonte Merdeira(1960) que era onde, antigamente, os nenos e nenas ían coller a auga despois de traballar no campo.

    Logo amosáronnos o Santo de Chuvia (San Ilifonso).A esta fonte (de 1913) atribúeselle o “poder” de facer chover. Segundo a crenza, hai que quitarlle a cabeza ao santo, darlle un bico e pousala na poza (de dita fonte). Durante nove días hai que ir rezarlle un Noso Pai e, durante ese período de tempo non chove o noveno día haberá unha néboa moi espesa.

    Máis tarde observamos unha pedra en recordo dos 25 anos pasados de gañar o 1º premio do 4º concurso na semana verde. Ademais tamén tiñan outros diplomas e recoñecementos gravados nela.

    Non lonxe deste xacemento atopamos un cruceiro que, segundo a guía, era onde os noivos ían ver ás noivas. Ademais de ter un gran valor sentimental, tamén o ten cultural pois, ten máis de 300 anos.

    Ao continuar, ensináronnos o lugar onde fan as festas comunitarias. Nelas participan homes e mulleres por igual e, ás veces, ata ven xente estranxeira celebralas.

    No quinteiro de enriba de aldea, Lourdes, explicounos que algúns veciños cederan parte das súas propiedades(casas e fincas) para anchear as rúas, cousa que me pareceu moi humanitaria pola súa parte.

    Seguimos o mesmo camiño e atopamos o que se cre que foron as primeiras casas da aldea, dúas edificacións de planta baixa cun forno e unha pequena corte no seu interior.

    Despois amosáronnos dous lavadoiros; un particular e outro común. Este ultimo tiña un campo ao lado onde, que aínda que agora non, antes se botaba a secar a roupa.

    Ao lado desta construción había dous pozos, adicados ao rego e, antigamente, á produción de electricidade, coa axuda dun muíño. Ademais do nomeado anteriormente, tamén había outro muíño pero, este, era para moer fariña.

    Ao final volvemos ao cruceiro onde os hospitalarios veciños nos convidaron a unhas filloas con mel ou azucre, segundo as preferencias de cada un. Este xesto pareceume moi agradable posto que xa só se atopa xente tan acolledora en aldeas coma esta.

    Ana Sabugueiro Gómez

  26. VISITA A SILVAREDONDA
    O día 15 de marzo os rapaces e rapazas de 1ºA e 1ºB fomos a unha aldea chamada Silvarredonda. Collemos o autobús á mañá cediño, para chegar a tempo a Rois. Nada máis chegar atendeunos unha señora moi faladora e moi leda chamada Lourdes. A primeira impresión que tiven foi que esas persoas maiores nos ían a tratar moi ben e serían moi respectuosos con todos nos.
    O primeiro recuncho da aldea que visitamos, foi unha fonte moi antiga (ano 1913) cuns banquiños de pedra onde a xente se sentaba a contar chistes, falar… Os rapaces tiñan que buscar auga a ela nuns cubos que pousaban na cabeza. Desde o meu punto de vista, era un pouco inxusto que os pequenos tiveran que facer esos labores, pero eran outros tempos.
    Camiñamos uns metros e puidemos observar o Santo Da Choiva, ao que segundo os veciños lle sacan cabeza lle dan un bico. A continuación rézanlle, e pídenlle que chova. Lourdes e todos os alí presentes, aseguraron que nunca lles fallara. Pero eu pregúntome: Porque non fixeron que chovera neste inverno tan seco?
    Rapidamente collemos de novo camiño e atopámonos unha enorme pedra, na que nunha insignia aprecía representado o traballo comunitaro de todos os veciños hacia a aldea. Déranlle o primeiro premio. Eu penso que non hai moitas aldeas como esta na que “reconstruían” todo. Por exemplo cambiar as corredoiras por carreteiras asfaltadas.
    Subimos unha costa moi grande, mentras explicaban que a algunhas casas lle tiveran que tirar muros e como consecuencia quitar metros, todo isto para que o autobús escolar puidese pasar, o que lle viña moi ben ós pais dos rapaces, xa que así non tiñan que lebalos en coche a un km de alí. As persoas que deixaron quitar metros da súa casa son moi xenerosas, debido a que non todo o mundo o faría.
    Vimos un pequeno cruceiro de fai 300 anos. O que máis me gustou daquela parte foi que estivese ao lado dun parque cun banco que en realidade era a parte traseira dun carro.
    Os días de festa cociñan os homes, e come toda a xente da aldea xunta.
    O último lugar que visitamos foi un moi acolledor muíño. A verdade é que non foi o que máis me chamou a atención porque meu avó xa ten un e ás veces vou con el. Algunhas partes do muíño son: o reducio, pé, capa, moega, canadiña… Nel faise fariña de millo ou trigo para filloas, pan…
    Todos os veciños nos convidaron a unhas filloas con mel ou azucre. A verdade é que estaban moi boas! Nos como agradecemento regalámoslle unha camelia, e dixéronnos que a ían a poñer naquel pequeno parque.
    A saída en xeral, foi bastante interesante, a pena foi non poder ver a corticeira centenaria.

    Anna Nieto Lago 1ºA

  27. Saímos pola mañá do instituto, dirixímonos ata una aldea chamada Silvarredonda onde os señores maiores que alí viven amosáronnos a súa aldea, por certo moi ben coidada.

    O primeiro que nos ensinaron foi unha fonte, a Señora Lourdes que foi quen nos explicou todo o que alí había que ver, díxonos que cando ela era pequena iba a fonte a buscar auga para logo levala a súa casa, isto tiñano que facer todos os nenos da aldea.

    Ensinounos o “santo da chuvia”, foi construido no ano 1913 o seu nome orixinal é San Ilfonso, a característica deste santo é que creese que axuda a que chova por medio do seguinte procedemento: quitabanlle a cabeza o santo, danlle un bico na frente, metíano nun lugar con auga e todolos días durante nove días tiñanlle que ir a rezar unha oración para que chouvese, a mín este procedemento pareceume un pouco extraño, pero parece ser que é efectivo.

    A o lado do parque teñen unha pedra moi alta onde alí colocan os diplomas e premios que lles concederon como un diploma por participar nunha feira gandeira que eles mesmos gañaron e vinte e cinco anos despois volveronnos a convidar a ir, déronlle outro galardón e tamén hai un cruceiro que aproximadamente ten uns 300 anos e era onde se xuntaban os nenos cos seus amigos e as persoas maiores despoís de traballar tamén descansan alí.

    Unha cousa que me pareceu moi rara desa aldea foi que eles tuveron que asfaltar a estrada, un veciño da aldea tuvo que retirar unha parede da súa cociña para que poidera pasar o autobús do colexio, tamén entre os veciños tiveron que arreglar o da corrente eléctrica para poder utilizar varios electrodomésticos a mesma vez.

    Na noite se San Xoan xuntábanse no cuberto e comían as sardiñas, saltaban a fogata, agora que son maiores convidan a moita xente esa noite, os homes son quen cociñan e as mulleres poñen a mesa e fan os postres.

    Teñen un lavadeiro moi grande onde todolos luns as mulleres iban a lavar, a o lado teñen unha especie de piscina-depósito para almacenar auga en épocas de sequia e tamén teñen unha casa con unha turbina que ata os anos 50 foi empregada para proporcionarlle electricidade a aldea.

    Por último visitamos un muíño a señora Lourdes e o señor Ramón dixéronnos o nome de tódalas partes do muíño como por exemplo por onde se meten osgrans de millo chámase “cadelina”ten unha parte final que se pode quitar e volver a poñer e isto e o que regula o ritmo de caída do millo o seu nome é
    “trenxedoiro”, a pedra da parte superior chámase “tapa “ e a inferior “olloeceume”, por último onde cae a fariña recién moida chamase “caixón”, pareceume moi interesante o funcionamento do muiño porque nunca o vira en funcionamento

    A o rematar a visita por a aldea convidaronnos a un delicioso aperitivo.

  28. VISITA A SILVA RREDONDA

    _Chegamos alí e nos recibiu unha señora chamada Lourdes , e nos levou a ver unha fonte moi antiga onde a xente sentábase ao anoitecer a lerá prensa
    a ao dia os nenos collían auga nuns caldeiros para levar a casa.

    _Estibemos noutra fonte chamada : a fonte da choiva , a fonte tiña un santo enriba entón cando non chovía lle collían a cabeza a poñían na fonte dábanlle un bico e rezaban.

    _Vimos unha pedra moi grande con tres placas unha po la semana verde e a outra lla deron uns veciños que marcharon e a deixaron de recordo.

    _Despois fomos ver onde celebrase o san Xoán e dixéronos que os homes o preparaban todo : poñían as mesas cociñaban …

    _ Enseñóronos unha casa antiga que hora era un alfabetizo .Era moi pequena
    e era anica en condicións as outras estaban derrubadas.

    _Había un muíño que funcionaba con auga do rio e facia unha fariña moi finiña. Era impresionante o rápido que ía o muíño.

    _Ao irnos nos deron unha sorpresa : nos prepararon filloas , estaban deliciosas.

    Autor : Abel Figueiras Vila.

  29. Visita a Silvarredonda

    Fomos en autobús hasta Silvarredonda. É un pobo moi bonito.

    Nos contaron que antigamente os rapaces iban a a coller auga das fontes, a levaban a casa e enchían unha bañeira. Despois ca auga da bañeira se lles daba de beber a os animais. E nunha das fontes tiñan un santo ao que rezaban para que chovera.

    Nos comentaron que foran os primeiros en asfaltar os camiños. E tuberon que facer algunhas reformas para que os coches puideran pasar polos camiños.

    Antigamente os rapaces quedaban no cruceiro para charlar e xogar.

    Enseñaranos un vello muíño que todavia funcionaba. Estaba moendo millo. Funcionaba ca corrente da auga. Funcionaba ca corrente da auga. Dentro do muíño estaba todo cheo de fariña.

    Cerca do muíño había unha paisaxe moi bonita.

    Ao final da visita nos deron auga e filloas. Estaban moi ricas e o pasamos ben. Foron xente moi amable.

  30. VIAXE A SILVARREDONDA
    Cando baixamos do autobús o primeiro que vimos foi unha pequena aldea onde había moita xente maior .
    A primeira señora que se acercou a falar con nos chamábase Lourdes que nos dirixiu a unha fonte do ano 1913 chamada o Santo da choiva caracterizado porque enriba dela hai unha virxe que cando non chove quítanlle a cabeza , dánlle un bico e métena dentro da fonte acompañada de nove un noso pai.
    Seguimos a nosa ruta cara outra fonte onde nos explicaron que alí cando eles eran pequenos ivan a buscar a auga para as familias pero a xente tamén pasaba alí o rato lendo un periódico.
    Cerca de alí vimos pedra moi grande que nos non lle dariamos maior importancia pero para eles era como unha homenaxe por todas as obras humanitarias que fixeran .
    A uns poucos metros había un cruceiro onde os pais e os avós agardaban a que os rapaces rematasen de xogar no parque .
    Subimos unha costa onde nos detivemos a ver unhas pilas onde a xente lavaba a roupa e tamén para darlle electricidade a unha pequena parte da aldea.
    Seguimos subindo ata chegar a un muíño onde nos convidaron a pasar e ensinarnos todas as pezas que tiña , aínda que había unha moi curiosa , un alambre que si o subías o muíño traballaba .
    Como xa non había mais tempo baixamos todo o que habiamos subido ata chegar a o cruceiro onde nos sorprendeu una mesa moi longa con pratos de filloas , mel e un pouco de azucre . María para agradecerlle todo o tempo que pasaran con nos agasalloulle unha a Camelia que a simple vista pareceu que lles había gustado moito.

    Autora : Alexia Carballeira Grobas.

  31. Visita a Silvarredonda
    Fomos a Silvarredonda e recibíronnos Lourdes e Ramón, dous veciños de alí. Estes veciños guiáronnos
    e explicarannos as cousas da aldea.

    Como:

    A fonte de San Ilefonso: nesta fonte antes os nenos maiormente recollían auga en caldeiros. Hai unha crenza que di que se lle quitas a cabeza a mollas ca auga de esa fonte, besabala e rezabas nove veces o noso pai. Este Santo tamén é chamado o Santo da choiva.

    -A pedra: nesta aldea hai unha pedra con diferentes placas como o premio “vinte e cinco anos verdes” de Silleda, ou a dun matrimonio que marcharon para Arxentina e deixaron unha placa para que se acordaran deles.

    O cruceiro: teñen un cruceiro onde antes se se descansaba despois de vir de traballar dunha leira, ou tamén os mozos e as mozas charlaban. Este cruceiro ten máis de trescentos anos e ten debuxado dous rapaces e dúas serpes.

    O pallal: nesta aldea hai un pallal no que comen todos os veciños nas festas e os homes cociñan e as mulleres fan os pasteis.

    As casas: entramos nas primeiras casas de Silvarredonda, como todas as de antes eran pequenas e tiñan un forno, unha lareira e estaba feita de pedr e tella. Nestas casas adoitaban vivir máis de cinco persoas.

    Os pozos : hai dous pozos nesta aldea, un cheo e outro baldeiro, serven para as épocas de sequía con esa auga poderen regar as leiras.

    O lavadoiro: este lavadoiro é moi grande e moi antigo
    agora está en desuso porque para os veciños e máis cómodo utilizar a lavadora.

    O muíño: este muíño segue en funcionamento, defeito cando fomos estaba facendo fariña, en baixo do muíño
    vese unha billa que fai presión coa auga e fai rodar unha roda cun pao enganchado a pedra de arriba para que moia.

    O corticeiro: un corticeiro e unha árbore da que se saca a cortiza. Tamén as abellas o usan para facer os seus nidos. Dali arriba onde estaba a árbore había unhas vistas impresionantes.
    Despois baixamos a probar unhas filloas con mel ou con azucar. As filloas estaban feitas con fariña do muiño. Estaban boisimas!

    Esta aldea sufriu moitos cambios. Tiveron que quitar muros para que o autobús escolar puidera pasar ou a chegada da luz nos anos cincuenta e o teléfono que había que pagar cento vinte mil pesetas das de antes por familias.

    Encantoume ir a Silvarredonda, foi unha saída estupenda, eu espero volver algunha vez máis a visitar os amables veciños de alí.

  32. Saída a Silvarredonda

    Ao chegar recibiunos unha señora chamada Lourdes, foi moi agradable a benvida.

    Teñen unha fonte que se chama “Salto da chuvia”, que ten un santo chamado SAN IL FONSO ao que lle quitaban a cabeza e lla metían na auga, dábanlle un bico na testa e ibanlle rezar un “Padre Nuestro” durante nove dias para haber si chovía.

    Na entrada tiñan unha pedra na que tiñan unha inscrición que poñía:
    A os veciños de Silvarredonda pola obtención do “primer premio” na IV
    fería exposición rexional semana verde de Galicia en Silleda a corporación municipal de Rois en recoñecemento a súa labor comunitaria.
    ANO 1981

    Lourde dixo :
    -Se o cruceiro falase abría libros e películas grandes para escribir e facer.

    Alí descansaban. No cruceiro,as rapazas esperaban aos mozos.

    No galpon, na noite de San Xoán xuntábanse todos todos e montaban mesas e comían alí todos xuntos, din que o mais bonito desa noite era que os homes cociñaban e poñían a mesa.

    Antigamente as casas eran moi pequenas e a lareira estaba dentro onde cocían o pan. A familia e os animais vivían todos xuntos.
    Dicían que onde había unha lareira, había vida.
    Non había baños e para ter luz eléctrica, facían que a presión da auga fixese xirar a turbina e así todo o pobo tiña luz.

    Lavaban todos xuntos nun mesmo pilon que era comunitario,e enseñaronnos como facían fariña no muíño.

    Ao marchar déronnos auga fresca e filloas con mel ou azucre, estaban moi ricas.

    Nayara Castro Fontans.

  33. Visita a Silvarredonda

    Fumos a unha aldea galega chamada Silvarredonda, pareceume unha boa idea, porque daquela maneira íamos ver como é a vida nas aldeas. Recordo un can negro que nos acompañou durante parte do traxecto.

    Comezaron falándonos dunha fonte da que collían a auga para levala á aldea e alimentar aos animais. Seguimos camiñando ata chegar a unha estatua na que había un santo e debaixo unha especie de fonte. Chamábase o Santo da chuvia, cando non chovía collían a cabeza do santo e metíana na fonte que estaba debaixo e dábanlle un beso. Era unha maneira algo supersticiosa de traer a chuvia, e penso que o fixeron estes días xa que neste mes choveu moi pouco. Na aldea tamén teñen un parque, aínda que non se usa moito por que na aldea non hai moitos nenos e a maioría da poboación da aldea está formada por persoas maiores.

    Polo camiño visitamos unha caseta na que se garda o millo e o trigo. Fumos entrando por grupos, estaba oscura pero había un raio de sol que pasaba por unha fiestra. Pasamos por outra casa algo máis pequena na que se facía a fariña para o pan, había uns grans de millo que ían caendo nunha pedra de forma redondeada que, ao dar voltas, aplastaba e molía o millo. A pedra xiraba por un moliño de auga que estaba debaixo de caseta. Voltamos ó autobús polo mesmo camiño ata chegar ó parque onde xogan os nenos e alí esperábanos unhas mulleres nunha mesa con filloas e bebida. Pareceume un bo detalle de parte delas. Entón dúas das nosas compañeiras foron ao autobús e trouxeron unha planta para regalarlla ás mulleres que nos atenderon tan amablemente. Déronos as grazas pola planta e nós a elas polas filloas. Voltamos á escola para coller o autobús de volta a casa.

  34. VIAXE A SILVARREDONDA
    Cando chegamos a Silvarredonda pareceume un pobo tranquilo e moi rural. A maioría dos habitantes dese pobo eran anciáns, case non había nenos.
    Unha señora moi agradable que se chamaba Lourdes foinos ensinar o Santo da chuvia, era unha fonte que enriba tiña un Santo, ao que se lle sacaba a cabeza, dábaselle un bico e lle rezaban. Logo ensináronnos unha pedra que para os veciños tiña moita importancia porque, gañaran o primeiro premio na Semana Verde, en cambio para nós so nos parecía unha simple pedra. Seguimos o noso camiño e Lourdes nos ensinou un cruceiro onde os pais ou avós dos rapaces séntanse par esperar que acabaran de xogar no parque, antigamente as mozas esperaban alí aos mozos mentres falaban e contábanse segredos; a min pareceume que estaba en moi bo estado para ser moi antigo. Despois ensinounos a casa máis antiga do pobo, estaba en bastante bo estado e gustoume moito que poderamos vela; agora utilízana de almacén. Lourdes ensinounos uns levadeiros, antigamente, alí, ían lavar a roupa. Chegamos ao muíño e alí ensináronnos como funcionaba; unha especie de roda de pedra daba voltas grazas a corrente da auga, enriba da roda había unha especie de embude, no que había millo, e que caía a un oco que tiña a roda, a min pareceume un pouco raro, xa que nunca vira un muíño funcionar.
    Antes de que nos fóramos nos lles regalamos unha camelia e eles nos agasallaron unhas ricas filloas con azucre, mel ou soas. A min encantoume esta saída, ademais eles portáronse moi ben con nós.
    Autora:María Otero Anguiano

  35. Visita a Silvarredonda

    Chegamos a Silvarredonda, recibiunos unha señora chamada Lourdes. Foi unha Benvida moi agradable para o meu gusto.

    O primeiro que nos enselou está señora, foi unha fonte na que poñía, (Rois 1969). Ela contounos que os nenos iban antigamente a recoller auga a esa fonte, e mentres tanto os maiores sentábanse, lian o xornal e comentaban sobre o que poñía nel.

    Despois de ensearnos esa fonte levounos a ver o que lle chaman Santo Da
    Choiva (San Ile De Fonso). Chámanlle así por que cando había sequia, eles iban e collíanlle a cabeza ao Santo, metíana na auga e dábanlle un bico, durante nove días ibanlle rezar, cando acababan eses nove días San Ile De Fonso proporcionáballes choiva para as súas leiras.

    Recibiron un diploma, concretamente o primeiro premio dunha feira, grabaronlle o diploma a unha pedra que hai no pobo en recordo do primeiro premio.

    Outro tema bastante importante do que tamén nos falou son os mozos e mozas do pobo. Cando os mozos querían quedar cas mozas sentábanse no cruceiro e as esperaban alí ata que chegaran.

    No jalón xúntanse todos, solen xuntarse na noite de San Xoán , para tomar as sardiñas xuntos.

    Esta señora tamén nos ensinou os lavadoiros onde antigamente lavaban a roupa. Cerca do lavadoiro tamén había unha pequena casiña que lles proporcionaba electricidade, a electricidade facíase coa corrente da auga.

    Ensinounos tamén as primeiras casas, e a conclusión que eu saquei e que para saber si oubo vida nesa vivenda hai que mirar si hai forno si hai fornos nesa casa había vida.

    Os muíños foron unha parte moi importante da visita, por que hai aprendimos como se facía a fariña,e vimos a forma do muíño.
    A fariña faise poñendo o millo e vai caendo e faise a fariña.

    Cando acabamos de ver todo, estas señoras tan amables trouxéronos filloas

    feitas por elas que estaban do mais boas.
    Foron unhas señoras moi amables.

    Autora: Tamara Enjo Calvo

  36. VISITA A SILVARREDONDA

    Cando chegamos a esta vila, Lourdes e outras veciñas comezaron a explicarnos:
    A fonte comunal (Merdeira) foi o primeiro que vimos, dixéronnos que os nenos eran os que carretaban a auga ao pozo. Tamén ían a pasar o tempo, ler a prensa…
    Continuamos pola fonte da choiva, o Santo da Choiva chamado San Ilifonso. Era moi antiga, arredor de 200 anos. Cando había sequía para o millo, metían a cabeza do santo na fonte e enchíana da auga, dábaselle un bico e en poucos días, dicíase, que chovía. A min pareceume moi interesante, pero gustaríame que nos fixeran unha demostración de como se lle quitaba a cabeza.
    De seguido, vimos unha enorme pedra dedicada aos veciños de Silvarredonda por gañar o primeiro premio da semana verde. Non sei moi ben o que quere dicir “ semana verde” aínda así, gustoume.
    Máis tarde visitamos o Curuxeiro. Ían antigamente as mozas a pasar o tempo, xa que no verán non había festas. Tamén ían de parada os que traballaban na finca. “ Se o Curuxeiro falara, grandes películas se farían”, dicíase. Ten 300 anos e xa está bastante vello. Pareceume moi divertida a historia e gustaríame imaxinar como sería antigamente.
    O antigo comedor usábase nas festas; en San Xoán os homes cociñaban, no verán, cociñaban as mulleres pero pagaban os homes. Debía de ser moi divertido!
    Pasamos a ver unha das primeiras casas. Por fóra eran pequenas e feitas de pedra. Por dentro, había dúas estancias; nunha delas gardaban os animais, agora en ambas estancias gardan palla e herba. Tamén había un forno, que actualmente seguen utilizando nalgunha ocasión. Nunca vira unha casa tan antiga e pareceume estraño que toda unha familia collese nese pequeno caseto.
    Por último fomos ver u muíño que funcionaba con auga. Era de pedra e tiña un tubo no que se botaba a fariña e moíase. Había unha billa que levaba unha pedra, a cal movía o muíño. Isto último pareceume interesantísimo.
    Cando nos dispoñíamos a marchar, Lourdes e máis outras veciñas agasalláronnos cunhas deliciosas filloas feitas na casa. Estaban tan ricas que todos e todas empachamos e fomos cun amplo sorriso para o instituto, xa que coñeceramos unha aldea tradicional Galega e aos seus marabillosos veciños.

    AUTORA
    Rosalia Casas Cabaleiro

  37. VISITA A SILVARREDONDA.

    Cando chegamos tivemos unha benvida agradable e moi cálida.
    Despois de presentarnos o primeiro que nos ensinaron foi o santo da choiva que e una fonte. Aquela fonte abastecía a todos os veciño van cando non había auga corrente; a auga levábana cus cubos para as súas casas. Cando estaban escasos de auga collían a cabeza a do santo (Que se podía sacar) dábanlle un bico e rezaban serte pais nosos durante sete dias.
    Cando non tiñan nada que facer (Especial mente o domingo) íbanse a o cruceiro a charlar e esperar a os seus mozos/as, e os traballadores cando viñan de traballar sentábanse alí a descansar. Ao lado teñen un parque se se lle pode chamar así xa que so ten un tobogán e un balancín, e tampouco e que teñan moitos nenos.
    A noite de sanxoán reúnense todos os veciños e os seus familiares no galón ese dia saltan a fogata e comen, e ese dia cociñan os homes.
    As casas eran moi pequenas es estaban compostas de cociña, camas e o apedro.
    Daquelas non había lavadoras entón tiñan que lavar todos os veciños a roupa nun pilón.
    O muíño funciona co curso da auga. Está composto de: Caixón onde se almacena o millo moido, ollo por onde entran os grans de millo, moa esmaga o millo.

    Autores:
    Sergi López Biel.

  38. Visita a Silvarredonda

    Ao saír do bus viñeron os veciños a dar a benvida a Silvarredonda, Concello de Rois.

    Despois unha veciña levounos a fonte é alí contounos que cando eran pequenos collían botellas ou cubos e enchíanos de auga para levar a súas casas. A fonte de noite era para reunirse os veciños ou tamén ler a prensa .

    Levounos a unha fonte que lle chamaban o Santo da choiva .Díxonos que lle sacaban a cabeza dábanlle un bico e deixábana no fonte nove dias.

    Unha pedra cerca do Santo da choiva ten dúas placas, unha é por que gañaron o premio a feira da exposición rexional da semana verde e a outra déronlla uns veciños que viñeron de Arxentina e pola súa amabilidade déronlle esa placa dándolle as grazas.

    O cruceiro antigamente ían os domingos a esperar a os seus noivos e charlar con eles,e tamén os que viñan de traballar sentábanse a descansar.
    Na noite de San Juan no galpón poñen as mesas e os que marcharon e os familiares volven para ir cenar .Pero ten algo de especial non cociñan as mulleres si non os homes.

    Cando acabamos de ver todo levaranos a o cruceiro e alí había unha mesa con auga e filloas,mel e azucre. Todos fomos a coller algunha xente collía de mel e outra de azucre.

    A xente de Silvarredonda e moi agradable e hospitalaria,tratáronos moi ben é tamén deron nos filloas para comer. Quedaron me ganas de visitar outras vez a aldea.

    Autora: Tatiana Rodríguez Fernández

  39. O xoves visitamos Silvarredonda ,onde fomos ver como era antes as casas,os muíños e como vivían antes as persoas.

    Cando chegamos recibíronos unhas señoras moi agradables que nos foron explicando todo o importante que avía na súa aldea , empezamos o percorrido por unhas fontes , a primeira era unha fonte que se chamaba o santo da choiva e a segunda era unha fonte onde os rapazas e as persoas eivan buscar auga todas as mañas.

    Seguimos mais para arriba e vimos dúas casas, unha xa estaba caida e a outra estaba en perfecto estado por que tiña aínda o forno de facer o pan ,
    cando todos os rapaces pasaron por alí fomos subindo e vimos cinco muíños en lineal por onde pasaba a auga,despois entramos a un muíño que estaba moendo e nos explicaron como funcionaba .Mais tarde baixamos para abaixo e estaban as señoras con dous pratos de filloas para repartir, podías tomalas con azucre ou mel ,ala a un pouco marchamos .

    ANA BLANCO VIGO

  40. Visita a Silvarredonda

    A viaxe a Silvarredonda foi moi entretida e a vez bastante divertida, porque nos
    ensinaron como se vive nas aldeas antigas.

    Cando chegamos, había unhas señoras moi amables que nos ensinaron toda a aldea
    e nos explicaron como funcionaban algunhas cousas que descoñecía.

    Ensináronnos unhas fontes moi antigas, unha do 1969 que era de onde levaban a
    auga para as casas, e outra a do “SANTO DA CHUVIA” de 1913 que cando non
    chove quítanlle a cabeza, métena nunha pía que hai debaixo da billa, volvese
    a poñer e rezase durante 9 días seguidos.

    Outras cousas que había, era unha enorme roca nun parque, onde xogan os nenos,
    e un cruceiro moi antigo. Na roca hai un diploma da Semana Verde en Silleda,
    e unha placa duns noivos que cando se casaron foron aí.

    Unha cousa que me chamou moito a atención é que na noite de San Xoán
    xuntase toda a aldea,os fillos,os netos e cenan todos xuntos nun palleiro bastante
    grande.

    Por último ensináronnos un muíño onde fan a fariña, que nos deixaron entrar para
    velo funcionar, a min sorprendeume porque vira facer fariña pero nunca nun muíño
    que funcionara pola corrente de auga.

    Antes de marchar déronnos filloas con mel ou azucre, moi ricas, e tamén auga para
    beber.

    Alberto fernández

  41. Visita a Silvarredonda, Rois.

    Ao chegar alí, unha muller que se chamaba Lourdes, tivo a amabilidade de ensinarnos a aldea de Silvarredondda. Explicounos todo con detalle e con moito entusiasmo.

    O primeiro que nos comentou, foi unha fonte á que todos ían pola mañá para coller auga para todo o día feita no ano1960 xunto o seu “Santo da chuvia” , ao que se lle quitaba a cabeza, somerxíase na fonte e o presentes bicábano e durante nove días íase facer unha oración para que chovera. A min polo menos pareceume unha parvada, xa que se cadra chove, e se non volta a intentalo.

    A continuación expresounos o que significaba para eles uns diplomas que se atopaban nunha rocha feitos en ferro. Un falaba dunha parella que viñera a pasar un tempo por alí pouco despois de casarse. O outro afirmaba que Silvarredonda gañara o primeiro posto na Semana verde de 1981 celebrada en Silleda. Todo un logro para os veciños.

    Esa aldea caracterízase polo costumes que aínda conservan e que se están perdendo no resto das aldeas, os muíños que se atopan alí grazas ás correntes de auga, celebran as festas todos xuntos etc.

    Ao rematar a visita, a xente de alí, convidounos a unhas filloas con mel ou azucre, feitas ca estupenda fariña moida no muíño. Foron moi amables connosco, e visitas así hai poucas, con filloas e cousas así…. Gustaríame facer máis saídas como esta, e que fosen pronto.

    Miranda Juncal, Angel

  42. Visita a Silvaredonda

    Chegamos e Lourdes (unha anciá de alí) dounos a benvida,chamoume moito a atención unha fonte chamada «Santo da chuvia´´ creada en 1913 que cando alguén reza ao cabo de dez días chove, parece incrible pero é verdade.

    Alí había un parque moi pequeno, que para min non era un parque o que había era un tobogán e nada máis polo fin de semana ían catro nenos a xogar.

    A o lado do parque estaba alí un fermoso cruceiro onde os anciáns falaban e ligaban, o que a min pareceume un pouco raro porque agora xa non se fai iso, había xente que viña de traballar e descansaban nel.

    Máis para diante entramos nunha casa vella, que non se parecía nada as de agora porque erra máis pequena, no tiña tellado e moitas cousas mais, dentro vimos un forno moi antigo onde se facía o pan para toda a familia.

    O que non me gustou foi o pilón porque tiña herba dento e non auga, era moi grande e por iso ía lavar alí todos os da comunidade.

    O ultimo que vimos foi un muíño moi fermoso onde dentro del vin os grans caer nunha roda de pedra que os esmaga e faise a fariña, min pareceume moi interesante.

    Cando xa íamos marchar, Lourdes e os demais anciáns fixéronos unhas filloas e água, algúns botáronlle mel e outros azucre, estaban mi ricas.

  43. Visita a Silvarredonda
    Lourdes, unha señora de Silvarredonda ensinounos o seu pobo. Empezou polas fontes. Explicounos que nunha das fontes os nenos collían auga e a levaban ata as súas casas, e os maiores despois do traballo ían alí a falar ou ler. Outra das fontes tiña un santo, coñecido como o Santo da Choiva. Esta fonte ten unha tradición moi curiosa que consiste en que se teñen sequía, collen a cabeza do santo dánlle un bico, o meten na auga e van a rezar durante nove dias para que choiva.

    En Silvarredonda tamén hai dous cruceiros de 300 e 200 anos, a os que ían os mozos e mozas os domingos. Xunto a un dos cruceiros tamén hai un parque para os nenos. No parque, na noite de San Xoán reúnense a xente do pobo e volven os que se foron a vivir fora.

    Os habitantes de Silvarredonda decidiron renovar a aldea. As casas eran moi grandes e os coches non cabían polar corredoiras. Así que fixeron as casas mais pequenas e as corredoiras mais grandes.

    No lavadoiro cada persoa ten un tempo para ir a coller auga para regar. Teñen dous lavadoiros. Un que sempre esta cheo, a reserva, e outro que o que a xente utiliza.

    Ao final nos explicou que nos muíños os grans caen e se desfán facendo fariña coa que se fai o pan.

    Cando a explicación terminou convidáronos a unhas filloas con mel ou azucre, feitas por as mulleres do pobo. Coa fariña dos seus muíños, o ovos das súas galiñas e a mel das súas abellas.

    A min pareceume unha visita interesante, e a xente era moi amable, por ensinarnos o seu pobo e convidarnos a filloas.

  44. Visita a Silvarredonda

    O xoves día quince de Marzo fomos a Silvarredonda en Rois.

    Alí unha señora chamada Lourdes nos recibiu e nos ensinou unha fonte na que poñía Rois 1960 e díxonos que á alí ían buscar a auga para múltiples usos os nenos. A min me pareceu que esa auga xa non era moi potable.

    Despois ensinounos a fonte do santo da chuvia. Hai se fai un ritual para que chova aínda que a min non me pareceu moi produtivo porque non estaba chovendo moito.

    Cando acabamos de ver a fonte nos levou a unha pedra na que había unha dedicatoria e un diploma por un premio da fundación semana verde en Galicia. Era moi grande.

    Xusto alado había un cruceiro no que se xuntaba toda a aldea. Alí nos sentamos un rato a sombra.
    Despois nos levou pola aldea. Había alpendres con palla, casas, etc. Nos ensinou a casa máis vella da aldea e era moi pequena. Case todo estaba cuberto de palla e había un forno de pedra. Non me gustaría vivir hai.

    Mais tarde fomos a ver o muíño. Entramos dentro e nos ensinou como moia e cales eran as súas partes. Producía moita fariña.

    Tamén nos dixeron como moian antes: Fregando dúas pedras co cereal entre elas. Debía cansar moito.

    Baixamos pola aldea e alado do cruceiro a xente de alí nos fixeron unhas filloas con fariña do muíño. As acompañamos con mel e azucre e estaban moi ricas.

    No noso agradecemento regalámoslles unha camelia para que a plantaran no noso recordo.

  45. Silvaredonda
    Chegamos a Silvaredonda e Lurdes e os veciños leváronos a unha fonte, nesa fonte a xente collía a auga.
    Logo fomos a outra fonte, a fonte de San Ildefonso, cando non chovía metianlle a cabeza a o santo na fonte e rezavanlle durante nove días.
    Na entrada da aldea había un cruceiro cunha placa onde se lles recoñecía as súas obras comunitarias. Os nenos xogaban no cruceiro, e as mulleres quedaban cos seus mozos alí.
    Logo fomos a unha casa antiga chea de palla cunha cociña e un forno.
    Despois fomos ao muíños onde fabricaban a fariña.
    Despois do viaxe os veciños da aldea moi amables fixéronos filloas.

  46. Silvarredonda

    Recibíronnos Lurdes e os veciños do pobo. Moi amablemente ensináronnos o seu pobo e a súa forma de vivir.
    Comezaron ensinándonos as fontes. Tiñan unha fonte para recoller auga e na outra encontrábase una estatua dun santo que o chamaban Ildefonso (Santo da chuvia). Nesta fonte rezábase para que chovera. Para iso collíase a cabeza do santo e mollábase.
    A continuación, ensináronnos unha pedra onde tiñan uns diplomas pola axuda ao pobo.
    Despois, explicáronnos que nas festas so cociñaban os homes e sempre a facían no mesmo lugar.
    Máis tarde, entramos nunha casa moi antiga. Sabíase que alí viviu unha familia xa que tiña forno e daquela todas tiñan un forno. Agora utilizábase de almacén para a madeira, a palla …
    Un rato despois, dixéronnos como funcionaba un muíño. Este, era que coa forza da auga facía mover unha pedra que moía os grans de millo para facer fariña.
    Finalmente, os veciños de Silvarredonda déronnos unhas filloas e un pouco de auga.
    Para min foi un gran detalle, xa que non mo esperaba e ademáis tiña fame e sede. Foi unha saída estupenda.

    Daniel E. Vila Mateus

Deixa unha resposta