A vida dos meus avós

Despois de ler “Memorias dun neno labrego” imos coñecer como vivían os nosos maiores cando eran cativos. Por parellas ides investigar sobre: O xogo, Os xoguetes, A escola, O namoro, As festas, As comidas, O vestido, Os desprazamentos, A cociña, O nadal, O entroido, O día de defuntos, Os velorios, …
Unha vez elixido o tema tedes seguir estes pasos:
1º. Cuestionario
Preparar unha serie de preguntas abertas, é dicir de resposta ampla, para facerlle á persoa ou persoas que entrevistedes. O cuestionario debe recoller diferentes aspectos do tema que queredes coñecer.
2º.Cos datos que vos dean tedes que facer un texto narrativo onde quede reflectida a información que recollestes.
3º.Documentar e asinar a información
Nome do informante
Idade (aproximada)
Enderezo
Nomes dos autores do traballo

22 thoughts on “A vida dos meus avós

  1. A vida dos meus avós: As festas

    En Brión e Ames as festas máis populares eran: A Ascensión, Santiago Apóstol, Santa Minia, Corpus Cristi, San Amaro e Santa Minia.
    En Negreira e A Baña as festas máis populares eran: A nosa señora do Carme, San Roque, Santa Lucía, O Sacramento e a nosa señora do Pilar.
    A maioría destas son festas religiosas. Antes, nestas festas había dúas misas, unha de rezo, para as persoas que tiñan invitados e tiñan que ir facer a comida. E unha de canto, na que había orquestra, procesión e baile.
    Nas festas de antes comíase coa familia. Normalmente, de comer había cocido, callos, arroz, carne asada e de postre, había rosca, biscoito ou queixo con marmelo.
    Antes as festas comezaban na primeira misa, para a xente nova remataba pola noite, e para os maiores remataba sobre as seis e media da tarde.
    Nas festas vestíase con roupas novas. A xente compraba roupa antes de ir ás festas. Normalmente levaban faldas, chaquetas de marca ou vestidos especiais. Pero sempre prendas a estrear.
    INFORMANTES:
    NOME: María Barbazán Agrafojo
    IDADE: 61 anos
    ENDEREZO: Rúa do Sal, 8º piso, Sta. Uxía de Ribeira, A Coruña

    NOME: María Gómez Ribeiro
    IDADE: 65 anos
    ENDEREZO: San Cibrán Nº6, A Baña, A Coruña

    AUTORES:
    Daniel Eduardo Vila Mateus
    Christian Capeáns Pérez

  2. A vida dos meus avós: os xogos

    A min tocoume falar sobre os xogos de antes. Eu funlle preguntar a os meus avós maternos, eles contaronme moitas cousas sobre os xogos de antes.
    A verdade non me gustaría vivir como cando meus avós eran pequenos.

    Xogos populares:
    Antigamente os xogos máis populares eran as bonetas, chapas, aro, o trompo, cun balón e tamén un xogo que o mellor moita xente non coñecía, nin coñece os mambruños.

    Sitios:
    Antigamente a xente xogaba cando ía levar as vacas o monte, tamén cando a xente ía polas mañás á escola e senón pola tarde despois de facer as tarefas, etc.

    O trompo:
    O trompo e un obxecto de madeira cunha punta de metal e un cordón. Enrollase no cordón e tírase, dando voltas.

    Chapas:
    Ás chapas xogaba a xente pobre o xogo e parecido ao das canicas só que as canicas xogaba a xente rica, a xente pobre xogaba ás chapas.

    Mambruños:
    Os mambruños é un xogo que non se coñece moito. É un xogo que se pon unhas lineas no chan e desde unha altura (como unha mesa) tíranse unhas caixiñas que normalmente eran de mistos tíranse a ver quen chega mais lonxe ou tamén se unha caixiña cae enriba doutra o que tirara a caixa collía as dúas e íanse coleccionando. Nas caixas de mistos antigamente viñan cromos de futbolistas.

    Aro:
    O aro xogábase con un aro de metal e un ferriño para ir dandolle voltas e aguantando de pé.

    Xogos ao aire libre:
    Antigamente cando ían coas vacas mentres elas pastaban, collíase a corda delas e faciase unha gandieira dunha pola a outra.
    Tamén despois de facer as tarefas os rapaces ou as rapazas xuntábanse e os rapaces xogaban as chapas ou o balón e as rapazas as bonecas. As bonecas e os balón facíanse de trapo a xente rica os balón xa os tiñan de goma.

    Documentación:
    Informantes: Ramón Fernández Camiño e Carmen Acuña Nimo
    Idade: 62 anos
    Lens Nº 49 Ames
    Autora: Natalia Noya Fernández

  3. A vida dos meus avós: Os oficios

    Manuel Da vila
    74 anos
    Vigo

    Texto:
    Aos quince anos traballou de albanel. Nesta época queimouse un ollo con cal. Entón empezou a traballar no campo. Con vinte anos empezou a colaborar na lonxa de Vigo, polo que non tivo que deprazarse da casa.

    Pagábanvos de albanel, vinte pesetas, na lonxa, cincuenta mil pesetas.
    No traballo lles pagaban con diñeiro, pero con algúns veciños de confianza facíano con ovos, leite ou carne.

    Era un traballo moi duro. Cando os barcos chegaban ao porto tíñamos que recoller as caixas cheas de peixe, e pesaban moito, as caixas ao pesar tanto, levámolas coa axuda dunha palanca.

    Na casa traballaban podando as viñas, cortando arbores de monte ou coidándoas, marcando as leiras. As mulleres traballaban na casa, facendo a comida,coidando aos fillos, limpando.

    Fonte:
    Manuel Da vila – 74 anos – Vigo

    Autores:
    Sara Alonso Acevedo
    Leda Penabade Da vila

  4. Durante moitos anos os nenos e nenas tiveron xóguetes, sempre foron distintos agora deixamos bos algúns dos que tiveron os nosos avós:

    Lanza tacos:Serve para tirar pedras e apuntar a todas as partes.
    Esta feito en madeira e caucho das rodas da bicicleta.

    Estornela:E un pau longo e un pequeno coas puntas afiadas,a estornela consiste en darlle a o pau pequeno co grande para que salte e conseguir que chegue o mais lexos posible.

    Pelouro:nun circulo póñense no centro cinco ou mais tabas o primeiro xogador ten que lanzar as cinco tabas e co dorso da man coller o maior numero posible delas.

    Trompo:O trompo esta feito de madeira e apunta esta afiada, colles una corda e teralo para que rode.

    Mariola:Consiste en debuxar una serie de casiñas enumeradas do un a o nove, despois tiras una pedra e don de caia non podes pisar.

    NOMES:
    Xosé Manuel Quintela Villar. 72 anos.
    Laura Felicita Tuñas Muñíz. 68 anos.
    Xosé Vazquez Traba. 65 anos.

    Por:
    Santiago Esparis Maranza.
    Adrián Carrillo Garrido.

  5. A VIDA DOS MEUS AVÓS: A ESCOLA

    A escola , no ano 1961 parecíase moi pouco as escolas actuais. Tiña un piso con dúas clases e unha cociña de leña.

    Cada clase tiña unha porta de cristal, pequenas ventas e estufas para quentarse. As clases distrubuíanse en mesas de madeira de dúas persoas.

    Escribían con plumas molladas en tinteiros, tamén utilizadas xices para escribir nas pizarras individuais. Nalgúns colexios xa habían cadernos e folios. So tiñan dous libros, o de escritura e o de lectura.

    Os recreos duraban media hora, cando chovía xogaban nunha zona cuberta e cando facía bo tempo xogaban aos xogos tradicionais ao aire libre.

    Nos estudos as clases estaban mesturadas onde había nenos e nenas de varias idades. Ao final do curso entregábase as notas con tres aspectos: o comportamento, a lectura e a escritura.

    María Sabugueiro Miguez 53 anos

    Manuel Souto Villar 61 anos

    Feito por :

    Álvaro Parra Fernández

    Alejandro Dosil Souto

  6. A vida dos meus avós: A roupa

    Guión:
    -A roupa de cotío
    -A roupa para as festas
    -As costureiras
    -As xoias
    -O calzado

    Redación:
    A roupa que mais se usaba antes nas mulleres eran as saias con camisetas ou vestidos,nunca usaban pantalóns.Tamén levaban un pano na cabeza.
    Para as festas non era habitual comprar roupa,ainda que daquela moitos non o podían permitir.Levábase a roupa que máis nova se tiña gardada na casa.
    A roupa ou ben se facía na casa ou a facían as costureiras que ian pola aldea de casa en casa cunha pequena máquina de coser na cabeza.
    Daquela non se solían poñer xoias nin sequera para as romerias.
    O calzado solían ser zocos que os vendían persoas que os sabían facer na aldea.

    Documentación:
    Estrella Pena Grela,62 anos
    Erundina Rodriguez Santallo,73 anos

    Autoras:
    Nerea Vidal Boullón
    Lidia Quintela Rial

  7. Festas

    As festas de antes facíanse en honra dos santos. Polo día había unha misa solemne e tamén unha procesión. Pola noite ívase a bervena.

    Soíase celebar preto da igrexa e nas carballeiras. O día máis importante soíase ir tomar o polbo e o churrasco. Polas mañas empezábase a festa bailnado muiñeiras

    Remataban as festas botando bombas e fogos artificiais

    Documentación: Camila Fernández Hermo 80 anos domicilio avenida de romero donallo Santiago de Compostela
    Victoria Pereiro García 75 anos domicilio brans de abaixo Brión

  8. A VIDA DOS MEUS AVOS : O NADAL

    GUION :

    -Celebración relixiosa

    -Celebracón nas casas

    -Cea de nadal

    -Agasallos

    REDACIÓN:

    Imos escribir sobre como era o nadal na década de 1940 na época da posguerra.

    As familias estaban nunha situación económica moi dificil.

    A xente acostumaba a ir a misa do galo o 24 de decembro, esta misa cebrábase as 12 da noite.
    Nas casas ainda que a xente era moi relixiosa non habia cartos para mercar por exmplo as figuriñas do Belén.

    A cea nas casas ricar era pescado con patacas e turrón,que supoñíase un luxo.Nas aldeas a cea era moi sinxela un cacho de touciño, sopa de galiña ou polo e patacas,se tiñan sorte un cacho
    de chocolate.Tamén matábase o porco e facianse os richóns.

    Nas casas ricas u pequeno agasallo como unha cociniña de xoguete.Nas aldeas si se podía poñianlle aos rapaces un carameliño a caron dos zaoartos.

    DOCUMENTACION :

    Luz Divina Suárez, 89 anos Dosinda Rodriguez,74 anos
    Osebe Bastavales. Picaraña Bastavales

    Dolores María Fernandez Beiras, 84 anos Jesús Seoane Polo, 82 anos
    Picaraña Bastavales Estrada de Castela Nº 24 Narón

    Alicia López García, 80 anos
    Estrada de Castela Nº 24 Narón

    AUTORES:

    Alba Suárez Arufe
    Alba Gil Seoane

  9. “A radio”

    Os falantes da radio coidaban moito a voz; tiña que soar bonita e doce. Ademais, tiñan que saber ler. Pero agora, eses pequenos detalles cóidanse menos, por iso era mellor a radio de antes que a da agora.
    Non había tantas mulleres coma homes traballando na radio, por iso a miña avoa estaba feliz por ser unha das poucas mulleres traballando na radio. Os homes vían ás mulleres coma unhas intrusas, por iso non se levaban moi ben. Tamén lles pagaban menos ás mulleres que aos homes; por todo isto, podería dicirse que estes discriminaban ás mulleres.

    Fontes:
    María Isabel Carou Rodríguez, 85 anos (Brión).

    Autores:
    Xulia Sánchez Rodríguez.
    Martín Manuel Chaves Fraga.

  10. GUIÓN
    Translación da relación a o matrimonio.
    Que obxetos se intercambiaban (agasaios).
    Casamento.

    DOCUMENTACIÓN

    Dorinda Vigo Gacio. Bastavales, Soigrexa Nº21.
    Nieves Romero Garcia. Bertamirans.
    Para introducir un namorado/a na familia era habitual convidalo a xantar, para que os parentes coñeceran a parexa. Cando a relación era formal e estaban casados un iba a vivir a casa do outro.
    Como antes non había boa posición económica regalabase algo barato ou se non simplemente un rosa.
    As parexas como estaban moi ocupadas facendo as tarefas da casa vianse a o remate da misa normalmente o Domingo.
    Daquela só había un casamento, pois o civil non estaba permitido.As mulleres vestían de negro e normalmente levaban unha flor por que naquel tempo apenas se podían duchar e non tiñan colonia polo que producían un olor desagradable.
    AUTORAS: Valeria Bello Tobío, Alexia Carballeira Grobas.

  11. Os xoguetes de antes
    José Lesta Boquete é carpinteiro, porque lle gustaba ese oficio dende neno.

    El fixo xoguetes coma tiratacos, que era un pau con forma de gaia, patíns de madeira e ferrro e paus para xogar a estornela.

    Antigamente os xoguetes eran de madeira, trapo, folla de lata, ferro e barbas de millo. Os máis tradicionais eran os trompos, a estornela, o aro de ferro, a comba e as bonecas de trapo.

    José Lesta Boquete, 60 anos
    María Verduga Basante, 61 anos
    María Castro Buján, 77 anos

    Nerea Rodríguez Rodríguez
    Claudia Pulgar Méndez-Benegassi
    Manuel Blanco Vigo

  12. A vida dos meus avós: «O namoro»

    Introdución:
    Para este traballo, tiñamos que facerlle unha pequena entrevista aos nosos maiores sobre o namoro para saber como era na súa época.

    Texto:
    En Lugo, había diferentes lugares onde a xente ía ligar e a namorarse; por exemplo, a Rúa da Raíña. Alí, os rapaces paseaban cos rapaces e as rapazas coas rapazas e, cando dous destes grupos atopábanse, os rapaces botábanlles piropos ás rapazas.
    Outros lugares tamén eran as igrexas e catedrais ou nos bailes das festas. Nas igrexas ou nas catedrais, os rapaces axeonllábanse nun banco ao carón das rapazas; e nos bailes, cando unha rapaza estaba bailando con algún rapaz e outro quería bailar con ela, tíñalle que dicir ao rapaz que estaba bailando con ela “Permite?” para que lle deixara bailar coa rapaza. Se aceptaba, podía, se non, quedaba sen baile.
    Os primeiros romances soían comezar ao redor dos dezaoito anos, aínda que había xente máis precoz que comezaba antes.
    Cando as rapazas saían con alguén, os pais sempre se metían polo medio das relacións e, se a parella non lles gustaba, prohibíanlles andar con ese rapaz.
    No casamento, os pais tamén querían meter se polo medio e casar aos fillos con quen eles quixeran, como era habitual no seu tempo, aínda que case nunca o conseguían.
    Despois do casamento era, indirectamente, obrigatorio ter fillos. As parellas que non os tiñan recibían moita presión polas súas familias e pola igrexa, que quería telo todo controlado.

    Fontes:
    Clara Núñez Varela, 73 anos (Lugo)
    Manuel Rodríguez Freire, 81 anos (Lugo)
    María Isabel Fraga Carou, 85 anos (Brión)

    Autores:
    Xulia Sánchez Rodríguez
    Martín M. Chaves Fraga

  13. A vida dos meus avós – as festas de antes
    Guión:
    Festas parroquiais: parte relixiosa, parte do baile
    Festas da casa
    Documentación
    Autores
    Redacción
    Normalmente había unha pequena banda, e se era bastante boa tamén unha pequena orquestra. Os máis cativos divertíanse xogando ó escondite, montando nas lanchas e correndo polo adro da festa, mentres os mozos ligaban coas mozas. Os que eran un pouco máis maiores emborrachábanse, facían trastadas e os adultos bailaban e criticaban ós demais.
    A festa pola mañá consistía nunha misa solemne, na procesión e todo acompañado dunha banda e dos fogos. Pola tarde estaban os “chiringuitos” e as lanchas para os nenos, xa que moitas festas eran romarías onde a xente quedaba a comer de campo e onde se practicaban xogos. Pola noite seguían as lanchas, a banda e as veces a orquestra para bailar.
    Nas festas da casa había que facer moita comida porque normalmente reuníase toda a familia. O típico nas festas de inverno era o cocido, os callos, a carne asada, o arroz… e no tempo de verán o mais destacado era a ensaladilla, empanada, carne estofada e nalgunhas casas incluso pescado ou marisco.
    Despois de comer os mozos e as mozas facían a xuntanza que consistía en bailar ó ritmo que marcaban as súas pandeiretas e gaitas.
    Documentación:
    Nome idade
    Concha ———————————— 72
    Manolo ———————————— 78
    Abollo ———————————— 93
    María ———————————— 70
    Ana ———————————— 65
    Aurora ———————————— 102
    Teresa ———————————— 72
    Autores:
    Miguel Mirazo Bouzas e Alejandro Rey Bustelo

  14. A vida dos meus avós: A Cociña

    Introdución

    Este traballo o fixemos para saber como se cociñaba, como era a cociña antes, as receitas e as diferenzas de agora e de antes.

    A cociña

    A cociña era a habitación mais grande da casa. Na esquina da dereita había un armario, no medio estaba a cociña e detrás dela había un banco. No lateral esquerdo había unhas encimeiras. Enriba había un vertedoiro e a auga que sobraba saía para afora e servía para regar as plantas. Ao lado había unha bomba de auga.
    A cociña tiña tres lumes e ao lado un depósito de auga onde se gardaba a auga quente. Tamén tiña un forno. Ao lado había un caixón onde se gardaba a leña. Esta cociña servía para cociñar e tamén para dar calor.
    Todos os utensilios que había antes tamén os hai agora , pero hai un que xa non se una que é o gancho que servía para sacar as tapas da cociña.

    As receitas

    As receitas mais importantes eran o pan, o caldo que se facía quentando auga e despois botar o porco, as fabas, as patacas e a verdura. As filloas de millo, a tortilla de patacas, as patacas con pescado e a tortilla de boroa tamén eran receitas importantes. Para almorzar facíase as papas que eran auga, fariña e os que tiñas, leite.

    Informante: Fina Margarido
    Idade: 86
    Enderezo: Coruxido

    Autoras:
    Andrea Rodríguez Margarido
    María Otero Anguiano

  15. A vida dos nosos avós:Vestimenta

    Guión:
    -Tipo de roupas :de traballo, o día cotián.
    -Material co que estaba feito a roupa
    -Calzados que utilizaban

    Antigamente a xente no día cotiá so tiñan un ou dos conxuntos de roupa. O material co que estaba feito a roupa era de liño o la. Os pantalóns era de pana porque era moi resistente.
    Para durmir as mulleres tiñan un refaixo ou un camisón. Os homes durmían cun pixama de flanela.
    A roupa do traballo estaba como posta por : un xersei de la no inverno e senón unha camiseta .O pantalón era de pana porque era moi resistente.

    Antigamente a xente utilizaban coa roupa de acotío un zapato chamado galochas. Para traballar utilizaban zocos ou madroñas.

    Documentación:
    Angel Fernández Luís, 68.A podra de Trives
    Clara López Sánchez,60.A podra de Trives
    María del Carmen Campos Caamaño,60.Guisande
    Rudesindo Fernández Beade,61.Guisande

    Autores:
    Tatiana Rodríguez Fernández
    Sergi López Biel

  16. A VIDA DOS MEUS AVOS: A COMIDA

    A COMIDA:
    Almorzo
    Xantar
    A matanza do porco
    RECEITAS DE COCIÑA
    Caldo Galego:
    Papas de millo
    DOCUMENTACIÓN
    AUTORES

    –O xantar faciase con pan e leite masada e tamen comiase papas de millo ou un prato de caldo.

    – No xantar comiase caldo con broa.O caldo levaba pouca carne , e poñiamos un cacho de broa.

    –Naqueles tempos matabase o porco e aprobeitabase a tripa para facer morcillas, coa sange do porco,e tamén faciase chourizos coas tripas que lavaban no rio.Dentro das tripas poñiase a zorza e amarrabase cos estremos para que non saira.

    –As papas de millo facianse con leite, fervian con auga e sal, mezclavamos o millo e batíamos ata formar unha masa espesa .

    –O caldo galego faciase con moi pouca carne porque non había e botabamoslle rabizas, grelos e patacas.

    –Carme Mouriño-76 anos-Brans de Abaixo
    –Manolo Picado-83 anos -Pedrouzos
    –Concha Tomé-73 anos-Calo
    –Carmen Torres-84 anos-Calo
    –Carmela Vázquez -78 anos-Pedrouzos

    —Lorena Fajin Magariños
    —Abel Figueiras Vila

  17. A VIDA DOS MEUS AVÓS: A ESCOLA

    Guión:
    1º Como era a escola?
    2º Como se divertian
    3º Se lles gustaba a escola
    4º As amizades
    5º Metodos de castigo
    6º Materias e profesores
    INTRODUCIÓN:
    Neste traballo tuvimos que aberiguar cousas sobre a escola de antes preguntandolles a xente maior que conoceramos, para buscar información sobre este tema.
    TEXTO:
    Como era a escola:
    Tiña o piso de terra as mesas eran de madeira, a aula non estaba pintada por que antiguamente as pinturas eran moi caras.
    Naquela época non había calefación nas aulas, e facía moito frío. Cando xa foron máis maiores troxeronlles unha estufa de butano que lles servia para quentarse.
    Como se divertian:
    Xogaban a mariola, o gúa, a estrorela etc eran os xogos que había e cos que solian xogar a menudo.
    Gustaballes a escola:
    Si, gustaballes ir porque era un privilexio e querian aprender pero non podian ir por que tiñan que traballar.
    Amizades:
    Elas levabanse ven con todos os mozos e mozas que iban no seu colexio, e contaronos que ainda seguen quedando para falar dos marabillosos tempos que viviron xuntos.
    Metodos de castigo:
    O profesor tiña un bimbio detras da mesa co que lle daba aos que se portaban mal, despois os castigaba mandandolles doble tarefa de exercicos para a casa.
    Materias e profesores:
    Había un só profesor para todas as materias, pola mañan daballes castelán e pola tarde matemáticas e asi alternando as materias todos os días.
    INFORMANTES:
    Francisca Silveira ( 57 anos)
    Laura Seijo Mato ( 63 anos)
    AUTORAS:
    Nayara Castro Fontáns
    Tamara Enjo Calvo

  18. Introdución

    Este traballo parecéunos divertido e á vez entretido porque os nosos avós contáronnos que cando eles era cativos había xoguetes moi simples de facer. Nós, pensamos que agora non nos parecerían tan divertidos porque hai outros que nos gustan máis.

    Os Xoguetes.

    Os xoguetes dos nosos avós eran moi diferentes aos que temos nós agora. Había moitos, como a goma, o tiratacos, a chave, bonecas de trapo e ccarozos de millo, a pedra, a estornela…
    Os materias eran os de época, ferros, alambres, pedras, carozos de millo, paus, berzas, madeira…. en xeral materias que poderíamos etopar pola casa.
    Nosos informantes contáronnos cales eran os seus xoguetes favoritos, que eran: a pedra, o patinete, a goma e o tiratacos. Tamén nos dixeron que os facían eles e incluso aforraban entre alguns amigos para ter un bo xoguete e compartilo.

    Os Xogos

    Moitos xogos eran moi entretidos, uns para nenos, outras para as nenas, tamén en grupo e para unha soa persoa. Pero aínda así todos eran moi divertidos.
    Había moitas maneiras de xogar, por exemplo, na chave había que tirar un ferro contra outro que se atoba fixo, ata que cun deles atinaras no outro e caera. A estornela é un xogo que semella á chave, no que tes que levantar un pau dándolle ca vara e lanzálo o máis lonxe posible. Estes xogos eran masculinos.
    As canicas eran moi diferentes, trata de facer un círculo no chan, meter dúas ou tres canicas e coas túas intentar botalas fóra. Este xogo, para xogar en grupo é moi divertido.

    Os informantes

    Lourdes Botana Suárez, 76 anos, Reboredo ( Lavacolla).
    Manuel Fernández Boo, 78 anos, Reboredo (Lavacolla).
    Manuel Juncal Ríos, 69 anos, Soutulllos (bastavales).

    Autores.
    Angel Miranda Juncal.
    Alberto Fernández de la Torre.

  19. A vida dos meus avós: O desprazamento

    Este texto está elaborado con información que nos deron as persoas maiores e avós que quixeron colaborar.

    Os medios de transporte que se utilizaban eran moi ruidosos e incómodos e eran mais lentos. Había coches, tranvía e algúns autobuses. Nas zonas de costa se utilizaban barcas para ir de illa en illa. No interior desprazábanse andando e as barcas utilizábanse para cruzar ríos.

    A maioría dos medios de transporte estaban feitos por chapa, ferro e algunha madeira nos interiores. Os seus combustibles eran o gasoil e a gasolina pero os tranvías utilizaban a electricidade.

    A xente utilizaban os medios de transporte para diversas cousas. Os coches, tranvías e autobuses utilizábanse para desprazarse. Outros como a barca no interior servía para cruzar ríos e levar o gando a pastar.

    Informantes:

    -Dosinda Soto Infante 65 anos Ferrol
    -Pablo Meira González 78 anos Vigo
    -José González Cabo 69 anos Brión-Luaña
    -Sara Cajuso Vilas 70 anos Brión-Luaña

    AUTORES:

    Lois Meira López
    Brais Cuns González

  20. A VIDA DOS MEUS AVÓS: O VELORIO

    O velorio
    A condución do cadáver
    O enterro
    O loito
    O pago dos servizos

    No pobo de Navia de Suarna no se celebraba o velorio, celebrábase o rosario.
    O rosario é a celebración que consiste en que o cura vai a casa das familias a face unha misa familiar. O ataúde deixábase na asa desde a morte ata o enterro.

    Como era un pobo pobre o cada ataúde levábase en brazos de catro ou seis homes que o levaban ata o cementerio.

    Despois do enterro toda a familia (nenos, pais, avós…) poñíanse de loito, a súa vestimenta era completamente negra e non e podía ir as festas.

    En Navia estábase un ano de loito, pero noutros pobos estábase tres ou cinco anos.

    As cousas que se facían había que pagalas, como a rede de candeas que alumaban no enterro e , ademais, era costume facerlle a comida ao cura, costume que co tempo a xente decidiu non facer.

    Documentación:
    Cuestionario a Amparo Pérez (80 anos)
    Rúa do Doctor Flemming, Navia de Suarna.

    Autoras:
    Ana Patricia Buenavilla Cadenas
    Karla Fernanda Saénz Porras
    Ana Blanco Vigo

  21. A VIDA DOS MEUS AVÓS: A ESCOLA.

    - O Edificio
    A construción era de pedra. Na primeira planta estaba a aula e na segunda a casa do mestre/a. Algunhas escolas prescindían de segunda planta e estaban divididas en dúas estancias; a aula e a casa do mestre/a.
    - Material escolar
    Normalmente as mesas tiñan un banco para dúas persoas, nalgúns casos estaba unido ao pupitre. Neste, había un tinteiro, no que tiñan que mollar cada certo tempo a pluma coa que escribían.
    A pizarra, era cadrada, feita de tábras e pizarrillo ( co que actualmente se fan os tellados).
    - Recreo
    Era un anaco de terreo que rodeaba o edificio. Xogaban a xogos como: á roda, á queda,á mariola,á estronenla…
    - Aula
    Os alumnos clasificábanse por sexo e idade.
    O chan era de cemento, as paredes de pedra, o teito de madeira, as ventás con contras e só había unha lareira no cuarto dos mestres.
    - Alumnos e profesores
    En total eran arredor de 40 ou 50 alumnos.
    Todos tiñan a mesma mestra, tratábana de » Dona» e con moito respecto.
    - Documentación
    Maximino Sabugueiro Nimo
    81 anos
    San Xusto de Toxosoutos( escola)
    Busto de Frades, Cornanda – Brión

    Concepción Rodríguez Seoane
    68 anos
    Freirrosendo Salvado ( Santiago)
    -Autoras
    Ana Sabugueiro Gómez
    Rosalia Casas Cabaleiro

  22. TRABALLO GALEGO: A COCIÑA

    1ª Na vosa casa antigamente, dispoñiades de lareira, é seguídela conservando?

    2ª Poderíanos falar sobre a estrutura das cociñas de antes?

    3ª Gustaríanos saber o que naquela época era equivalente ao que hoxe coñecemos como electrodomésticos?

    4ª Antes comíase na cociña ou no comedores? Era unha habitación grande?

    5ª Cando vostede era pequeño que tipo de luz tiña na súa casa? Usaban velas?

    6ª Tiñan lareira ou cociña de ferro? Ou as dúas cousas ?

    7ª Na cociña tiñades no solo plaqueta…, ou cemento?

    8ª Aproximadamente que dimensións tiñan as cociñas?

    9ª Máis ou menos, que tamaño tiñan as potas, utensilios, vaixela… Eran máis grandes ou máis pequenos que agora?

    INTRODUCIÓN
    Neste traballo, imosvos a falar das cociñas de antes. Para isto
    tivemos que ir polas aldeas de Liñares, Boullón, Santa Minia… As persoas que responderon ao noso cuestionario eran todas descoñecidas.
    TEXTO:
    Case todas as casas nas que se atopa xente maior, consérvase unha lareira aínda que estea en desuso.
    Antigamente, as cociñas eran moi grandes, (arredor duns 17m2).
    O solo era de cemento ou de terra. A cotio comíase na cociña pero os días de festa comíase no comedor. As potas naquela época eran máis ben de barro, pero anos despois comezaron a facerse de ferro, máis similares ás que hoxe coñecemos; tamén eran moi grandes, xa que había que facer comida para moitas persoas importantes: xornaleiros… Había un pote que tiña a mesma función que as potas, so que este era moito máis grande, con barriga, boca ancha e dúas asas.
    Na lareira debaixo do tirador da chimenea, había un ferro onde se colocaban os chourizos a secar. Nunha esquina, en case todas as cociñas atopábase unha artesa, que era unha especie de caixón cadrado no que se amasaba pan…
    A luz eléctrica veu máis tarde, pero antes para iluminar, tiñan luz de carburo ou velas.
    O equivalente á nevera era o baño do porco (urna de sal) onde se salaba a carne.
    Finalmente, chegou a cociña de ferro, un gran avance.
    Información sacada de:
    Marina Rodríguez, 81 anos
    Victoria Sendón, 66 anos
    Rafael Álvarez, 73 anos

    Por:
    Maria Gramunt Cernadas
    Anna Nieto Lago

Deixa unha resposta