As festas cíclicas do ano

Para intentarmos coñecer mellor o noso pasado, para aprender a a explorar, a buscar datos, a chegar a conclusións debidamente razoadas, para aprender a traballar en grupo imos propoñer diferentes traballos que teñen que ver coas festas cíclicas na cultura tradicional.
As festas cíclicas son aquelas celebracións que se repiten polas mesmas datas todos os anos: O Samaín, Defuntos e/ou o San Martiño, O Aninovo, As Candeas, O Entroido, Os Maios, O San Xoán.
Aínda que o máis primitivo de todos os calendarios é o vexetal, é dicir o que vai de acordo coa medra das plantas, nos imos adecuar este calendario ao tempo no que agora estamos. O primeiro traballo que imos facer para este blog é sobre a celebración do día 2 de febreiro: As Candeas.
a) Primeiro tedes que buscar información, en diferentes fontes, sobre esta celebración.
b) Facer un guión para desenvolver o traballo.
c) En grupos de dous ou tres, desenvolvendo o guión que tedes preparado, escribides sobre a orixe e características.
d) O texto non estará rematado ata que o documentedes (mencionar as fontes que utilizastes para facelo) e o asinedes.
e) Despois segundo o curso se vai desenvolvendo estudaremos outras festas que marcan a cultura tradicional.

25 thoughts on “As festas cíclicas do ano

  1. A CANDELORIA:

    Tratase dunha festa relixiosa que anuncia o remate do inverno e a chegada da primavera. Dise que é o día no que se casan os paxariños. Isto era, e sigue sendo, moi importante para os campesiños.
    Esta celebración era celebrada xa nas terras celtas, e gora aínda se segue a tradición de colocarlle unha candea nas mans dos moribundos.
    Ata fai uns poucos anos, nalguns pobos acostumábase a darlle a volta a unha pedra para que chovera, ou ata mesmo tronase.

    Leda Penabade da Vila
    Santiago Esparís Matanza.

  2. As Candeas
    A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
    Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida. Neste día, o crego bendí-las velas ou candeas que os fieis manteñen acesas durante a misa e que logo levan para a casa. A estas candeas bendicidas atribúenselle poderes coma ós de calma-las treboadas e alumea-lo camiño das almas que deixan este mundo.
    Pero a orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga “festa da luz” celebrada polos celtas e tamén polos romanos.
    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm
    Alba Suarez Arufe
    Carmen María Martínez Santos

  3. AS CANDEAS
    O día 2 de febreiro, coma cada ano, celebrase a festa das candelas; e unha festa pagana que consiste na bendición das candeas. É unha das festas mais primitivas que se celebra a Igrexa, estableceuse no ano 542 co emperador Xustiniano. Celebrase os 40 días dende o Nascimento de Xesús. Tamén se dicía que era o casamento dos páxaros, e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación.

    A festa naceu para suplir outra festa pagana que se celebraba nesas datas en Roma. Foi o papa de Gregorio o que iniciou o rito das candeas a fin de borrar os sentidos pagáns.
    Antiguamente, en Europa, este era o día no que os agicultores levaban as sementes aos
    templos para ser presentadas aos templos para ser sementes presentadas aos deuses antes das sementarias da primavera.

    Escrito por Alejandro Dosil e Álvaro Parra.

    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm

  4. A FESTA DAS CANDEAS
    A festa das candeas, chamada así porque nela bendícese as candeas, que se van necesitar durante todo o ano, a fin de que nunca falte luz nas casas. A orixe desta festa é pagá. Era a antiga “festa de luz”, celebrada polos celtas e tamén polos romanos.
    En Europa, antigamente este era o día no que os agricultores levaban as sementes aos templos para ser presentadas aos deuses antes da semente da primavera, esa era una costume pagana.A lei mosaica impedíalles as mulleres presentarse no templo, durante os 40 días seguintes ao parto. Despois de pasar esos días, as mulleres xudías acostumaban acudir ao templo co seu fillo e desta maneira recibían a Purificación e ademais presentaban ao seu fillo ao Señor.
    Si se conta do 25 de decembro (Parto de María) ao 2 de febreiro (Purificación de María) hai exactamente 40 días. Por iso foi escollido ese día pola igrexa para celebrar o día das candelarias.
    DOCUMENTACIÓN:
    http://www.vanguardia.com.mx/dia_de_las_candelas-296275.html
    AUTORAS:
    María Otero Anguiano
    Ana Patricia Buenavilla Cadenas

  5. Día da Candeloria

    Orixe:
    A orixe desta festa, como a de moitas outras celebracións cristiáns, é pagá. Era a antiga “festa da luz”, celebrada polos celtas e polos romanos.
    Dicíase que era a época do comezo da navegación para os mariñeiros, que despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. Tamén se dicía que era a época do casamento dos paxaros, como di o refrán: “Pola Candeloria, casan os paxariños e maila galiñola”.

    Características:
    Día da Candeloria
    A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día dous de febreiro. Este día consiste na bendición das candeas que despois serán utilizadas na celebración da Semana Santa (concretamente, no xoves santo)
    Noutros tempos, nas parroquias o crego bendice as candeas que a xente ten que manter acesas mentras dura a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa, xa que atribúenselles poderes (calmar as treboadas, alumear o camiño das almas que abandonan este mundo…)

    http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_Candeloria
    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm

    Xulia Sánchez Rguez.
    Álex Mosquera Garea

  6. A festa da candelaria

    Guión:
    1º- Orixe
    2º- Características
    3º- Documentación
    4º- Autores

    1º- Orixe- Esta festa é de orixe pagá, moito antes ca Xesus, que máis tarde foi cristianizada.
    2º- Características- Os galegos relacionaban esta data co comezo da primavera e debido a isto dicían que se casaban os paxaros. Os mais mais maiores afirman que o 2 de febreiro e 1780 viron á virxe da Candelaria aparecerse diante deles.
    3º- Documentación- http://fiestas.benquerencia.info/fiestas_candelaria.htm
    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm
    http://www.profesorenlinea.cl/ChileFolclor/Candelaria.htm

    4º- Autores- Miguel Mirazo Bouzas
    Lorena Fajin Magariños

  7. DIA DAS CANDEAS

    Orixe:

    Inicialmente a festa da Candelaria ou da Luz tivo a súa orixe no Oriente
    co nome do «Encontro», posteriormente estendeuse ao Occidente no século VI chegando a celebrarse en Roma cun carácter penitencial.

    A celebración sobrepúxose a unha celebración Celta denominada «Imbolic», mais milenaria celebración e como é costume das relixións impostas os deuses antigos pasaron a ser os demos do presente.

    Características:

    A festa é coñecida e celebrada con diversos nomes: a Presentación do Señor, a Purificación de María, a Festa da Luz e a Festa das Candeas; todos estes nomes expresan o significado da festa.

    Durante ás ceremonías acendíase candeas pedindo, entre outras, a protección contra a morte e a fertilidade que procuraba o Fauno Luperco.

    Refráns:

    A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.

    Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir.

    Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

    Documentacion:

    http://www.revistacclesia.com

    Autores:

    Sergi Lopez Biel
    Adan Mariño Brea
    Nayara Castro Fontans

  8. AS CANDEAS

    ORIXE:

    Como a maioría das festas ten un orixe pagá. Antigamente chamábana “festa da luz” que era celebrada polos celtas e romanos.
    Na época do imperio romano era considerada un culto a fertilidade e chamábana os fachos “lupercales”.

    CARACTERISTICAS:

    Cando chegou o cristianismo, a relixión deulle usos como poñelas nas mans dos moribundos como protección cristiá no paso ao outro mundo. E facían na igrexa procesión das candeas benditas. Na actualidade o crego bendícenas e nas misas mantéñenas acesas. Estas mismas serían utilizadan na Semana Santa (máis exactamente o xoves Santo)

    Esta celebración non era so relixiosa sen non que tamén nos pobos de Galicia simbolizaba a chegada da primavera e con ela o renacer da natureza, o “casamento dos paxaros” e “o amor e apareamento no reino animal”. Para os labregos tamén era o encantamento das cobras porque para eles era moi común dicir “Santa Candeloria me ampare esta cobra”

    Tamén simbolizaba a pureza da Virxe nai, as almas infantís, e os irmáns dos nenos mortos antes do bautismoe os seus padriños boan xadmins azuis para que as pobres criaturas xogen con eles.

    As mulleres dos mariñeiros collían unha candea para que nos días de tormenta os seus homes tiberan bo tempo.

    Manuel Blanco Vigo
    Alba Gil Seoane

    Fonte de información: http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm

  9. O día das candeas

    E a celebración litúrxica do dous de febreiro, coñecida popularmente polo día das candeas.
    A súa orixe está en oriente, na festa das candeas ou da luz, denominada do encontro, que logo se estendeu a occidente no século VI.

    Características:

    -As candeas substituíron as páganas Lupercais que en Roma se festexaban o día 15 de febreiro.

    -O seu nome deriva de lupus, lobo, ehircus, macho cabrío.

    -Durante as cerimonias acendíase candeas pedindo, entre outras, a protección contra a morte e a fertilidade que procuraba o Fauno Luperco.

    Lois Meira López

  10. Festa da Candelaria
    A festa da nosa señora da Candelaria, é unha festa popular celebrada polos cristiáns. A festa é coñecida e celebrada con varios nomes.
    Antigamente en Europa era celebrábase con enormes laparadas. O lume representa a nosa iluminación e inspiración, así como luz e calor.
    As festas da Virxe da Candelaria celébrase o día 2 de febreiro.
    A festa da Candelaria chámase así por que en ela bendícense as candeas que se van a necesitar durante todo o ano,a fin de que nunca falte a luz nas casas. Os cristiáns van a igrexa coas candeas, que son bendicidas polo sacerdote e despois faise unha pequena procesión cantando unha canción.

    Http://fiestas.benquerencia.info/fiestas
    http://es.wikipedia.org/wiki/fiesta

    Lidia Quintela Rial
    Alba Nieto Patrón

  11. A CANDELORIA

    Ista data era considerada coma un preludio da chegada da primaveira e con ela o renacer da naturaleza. Diciase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamen o comenzo da navegacion despois da longa espera no periodo invernal no cal a maior parte das embacacións non saían do porto.
    Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma simbolo de proteccion cristia no transito a outra vida.
    Pero a orixe desta festa tanto cristia e, pagá era a antigua «festa da luz´´, celebrada polos celtas e tamén polos romanos.

    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm

    JORGE ALBARRACIN RIBADAVIA

  12. A Candeloria

    A orixe de esta festa é pagá. Era a antiga »festa da luz» , celebrada polos celtas e tamén polos romanos.
    A candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois se utilizarían na Semana Santa (xoves santo) .
    En Galicia é considerada como o preludio da chegada da primavera e o comezo da navegación para os mariñeiros.
    Noutro tempo as candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos como transito á outra vida.

    Fontes: http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_cuturagalega.htm

    Danie E. Vila Mateus e Lucia García García

  13. Día das candeas

    O día das candeas é de orixe pagá que acabou por ser cristianizado; tratábase do ritual do lume para afastar desgrazas.

    En roma celebrábase as «Lupercales´´ a festa do lume é na honra
    da fertilidade realizábase unha procesión con candeas acendidas de noite.

    O Papa Gelasio, cristianiza esta festa e crea a Purificación da Virxe María, que é o 2 de febreiro. O nome das candeas está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa coas candeas prendidas e benditas.

    Nesta festa nas parroquias o crego bendice as candeas, durante a misa a xente ten que manter as candeas acendidas. Despois levan as candeas para a casa atribúenselles poderes de alumear o camiño das almas e calmar as pregoadas.

    Noutras parroquias, faise unha procesión na que as mulleres levan cestos con lacóns e organizan unha poxa.

    Neste día a xente di que se «casan os paxariños´´ significa que os animais se emparellan, os días son máis largos.

    Hai refráns moi bonitos para este día por exemplo:
    A partir da Candeloria,
    ningunha ave voa soa.
    Santa Candeloria
    me ampare esta cobra.
    Cando a Candeloria chora,
    medio inverno vai fora;
    que chore, que deixe de chorar,
    a metade do inverno está por pasar.

    Galicia Espallada
    Wikipedia

    Alberto Arcay Méndez
    Natalia Noya Fernández

  14. dia da candelaria

    ORIXE:A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa

    CARACTERISTICAS:No 2 de febreiro, nas parroquias o cura bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dura a misa. Estas candeas lévanse, despois, para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.

    Esta festa das luces celébrase en parroquias como Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira.

    Noutras parroquias, como a de Cordeiro, no concello pontevedrés de Valga, realízase unha procesión en que as mulleres portan lacóns en cestos con que, posteriormente se organiza unha poxa.

    REFRANS:O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
    Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
    Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
    Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
    Pola Candeloria, metade do do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
    Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
    Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
    Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.

    PAXINAS ONDE BUSCAMOS:
    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm
    http://www.monqueimada.com

    AUTORES:Adan Mariño Brea e Abel Figueiras Vila

  15. DIA DA CANDELARIA

    ORIXE:
    Segundo a crenza neste día os paxaros casan nas árbores. É un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza.
    Tamén é unha data para predicir o tempo que fará o resto do inverno.
    Para os mariñeiros marcaba o comezo da navegación despois de ter amarrados os barcos durante o inverno.

    CARACTERÍSTICAS:
    A Candelaria marcaba a metade do inverno. Tradicionalmente era considerada como a chegada da primavera.
    Por estas datas era a celebración celta do “Imbolc”, quizais, esta é a explicación de que o lume esté tan asociado a este día.
    Tamén se pode aproveitar este día para “encantar as serpes”; Santa Candeloria me ampare desta cobra.

    REFRÁNS RELACIONADOS:
    . A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
    . Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fóra.
    . Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra.
    . Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere vir.
    . Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

    DOCUMENTACIÓN:
    http://dalleuncolinho.blogspot.com/2010/01/recursos-para-candeloria-2-de-febreiro.html

    AUTORAS:

    Ana Sabugueiro Gómez
    Rosalia Casas Cabaleiro

  16. O día das candeas, celébrase o día 2 de febreiro. Dise que é o dia do renacer da natureza; cando os mariñeiros voltaban a navegar polo mar, despois de esperar a que pasase o inverno, e tamén cando se casaban os paxariños.

    Noutra época as candeas poñíanse nas mans dos moribundos cando estaban á beira da morte, no nome da protección cristiá.

    A orixe desta festa é pagá, e celebrábana os celtas e os romanos. Chamábase a “ festa da luz”. Significaba o día que o Neno Jesús no templo de Xerusalén, e a purificación da Virxe María despois do parto.

    Angel Miranda Juncal.

  17. A CANDELORIA, A festa da luz
    ORIXE:
    A Candeloria, é unha festa que se celebra o día 2 de febreiro. A orixe da Candeloria, ao igual que moitísimas outras festas, é de orixe pagá. Antigamente, denominada «festa da luz», celebrada polos celtas e máis polos romanos. Considerábase o remate do inverno, e o comezo da primavera.
    CARACTERÍSTICAS:
    En tempos distintos, as candeas eran utilizadas para poñerllas na man ós moribundos para que os protexeran no outro mundo.
    Este período, á terra, proporcionaballe fertilidade, o espertar do sol despois do longo inverno, nacementos de cordeiros, que as ovellas produciran leite…
    Os romanos, nestas datas tiñan outra festa chamada «Lupercales» (14 días antes das «Kalendas» de marzo)
    Antes, a xente de Galicia, dicía que nesta festa, os paxariños casaban; por iso o dito di: «A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa». Tamén era para os mariñeiros o comezo da navegación despois dunha longa espera no inverno no cal a gran maioría das embarcacións non saían dos portos. Noutras comarcas, era considerado o día do encantamento das cobras, en Irlanda, por exemplo, era costume que os campesiños lle deran a volta a un terrón calquera das súas labranzas.
    Ata non fai moito, os labregos portugueses dábanlle a vola a unhas pedras (molechos) cando querían que se puxera a chover. En outros lugares moitas nais poñen as candeas en feixes de romeo e plantas funerarias, para que estes viran a luz divina.
    Todas isto que vos contamos, son moitas das formas, cas que se pode celebran o día da Candelaria.
    REFRÁNS:
    -Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

    -Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.

    -O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.

    -Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola
    .
    -Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.

    -Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.

    -Pola Candeloria, metade do do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.

    -Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.

    -Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.

    -Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.

    -Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.

    -Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir.

    -Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.

    -Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.

    -Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.

    -Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

    AUTORAS:
    Valeria Bello Tobío
    Anna Nieto Lago

    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm
    http://tejeredes2011.blogspot.com/2012/02/2-de-febreiro-candeloria.html

  18. AS CANDEAS
    Esta festa tuvo orixe no Oriente co nome do «encontro», posteriormente extendeuse ao Occidente no siglo VI.
    A festa celebrase o dous de febreiro, máis tarde a igrexa cristianizou esta festa.A igrexa di que é o cese do periodo navideño e bendicen as candeas que nos iluminan según eles. E coñecida con diversos nomes: a presentación do señor, a purificación de María, a festa da luz e a festa dacandelaria.
    Tamén se considera unha boa epoca para empezar novos proxectos. Para os Europeos o lume representa a iluminación, a inspiración, a luz e o calor.

    http://www.enciclopediacatolica.com/candelaria
    http://www.diariolareligion.net
    POR:
    Brais Cuns Gonzalez
    Alexia Carballeira Grobas

  19. As Candeas

    En Galicia o 2 de febreiro é o día das candeas e anuncia a chegada da primavera.
    Esta festa é de orixe pagá e xa a celebraban os celtas e os romanos.
    Antigamente os celtas chamábanlle Imbolc e tamén indicaba o nacemento dos animais e o remate do inverno, pero co paso do tempo fíxose tamén unha festa cristiá chamada a Candeloria.
    Agora en Galicia a parte da festa cristiá tamén se celebra “O casamento dos paxariños” é a festa do amor e o apareamento dos animais.

    Galicia espallada

    Nerea Rodríguez Rodríguez
    Adrián Carrillo Garrido

  20. A Candeloria

    Orixe da Candeloria:
    A orixe desta festa coma a doutras moitas cristiás, é pagá. A celebraban os celtas e mais os romanos. Celébrase o 2 de febreiro.

    Características da Candeloria:
    Consiste na bendición das candeas que despois serán utilizadas o xoves santo.
    Era considerada a data da chegada da primavera. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros. Estas candeas eran utilizadas para que os moribundos as puxeran nas mans como símbolo de protección no tránsito á outra vida. A estas candeas bendicidas atribúenselle poderes coma ós de calma-las treboadas e alumea-lo camiño das almas que deixan este mundo.

    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm

    Nerea Vidal Boullón
    Martín Manuel Chaves Fraga

  21. AS CANDEAS
    ORIXE
    Antes do día da Candeloria había unha festa na antiga Roma que se chamaba “Lupercales”, era unha festa para honrar a fertilidade.
    No ano 492, un Papa, que se chamaba Gelasio que creou unha festa, a da Purificación da Virxe María, que é o 2 de febreiro.

    CARACTERÍSTICAS
    Nas parroquias mentres o crego bendice as candeas a xente ten que mantelas acesas durante a misa. Despois da misa lévanse as candeas para a casa e din que teñen poderes como calmar as treboadas ou indicar o camiño os mortos que pasan a outra vida.
    Tamén se di que os paxaros casan neste día.

    http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_Candeloria

    CHRISTIAN CAPEÁNS PÉREZ
    SARA ALONSO ACEVEDO.

  22. AS CANDEAS

    O Día 2 de Febreiro celébrase o Día das Candeas. Esta festa ten orixe pagana da fertilidade e dos ciclos da natureza.
    A igrexa cristiana cristíanizouna nuha
    festividade liturxica da presentación do Neno Xesús no templo e da Purificación da Súa Santisima Nai.
    No 2 de Febreiro, nas parroquias o crego
    bendice as candeas que a xente ten que manter prendidas mentras dura a misa.

    http://www.revistacclecia.com

    Tamara Enjo Calvo.1ºA
    Franco Jesús Pazos Vera.1ºA

  23. AS CANDEAS
    A súa celebración é o dia dous de febreiro.
    En Galicia considérase como a chegada da primavera,
    dicíase que era a época do casamento dos paxaros, e
    para os mariñeiros o comezo da navegación despois
    da longa espera do inverno.
    Noutros tempos as candeas poñíanse nas mans dos
    moribundos como símbolo de protección cristiá.
    Pero a orixe da festa é a antiga “festa da luz”celebrada
    polos celtas e polos romanos, tamén é coñecida como
    “BRIGANTIA”que deriva de Brighid, deusa celta moi
    poderosa. Outra tradición era levar pan á misa para evitar
    o mal de ollo e ao chegar á casa repartilo en.
    http://Www.galiciaespallada.com.ar
    Alberto Fernández

  24. A candelaria é unha festa que se celebra o día 2 de Febreiro. A orixe desta festa , coma doutras moitas celebracións cristiás, e pagá. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas nas celebracións de Semana Santa. Pero en Galicia era considerada a data coma un indicio da chegada da primavera.

    A CANDELARIA:

    Neste día o crego bendice as velas ou candeas que os fieis manteñen acesas durante a misa e que logo levan para a casa.

    En tempos antigos, o primeiro día do mes de febreiro era moi celebrado polos pobos celtas. Esta festa tamén coñecida como “Brigantia”, “Candlemas”, “Brigid’s day”. O nome Brigantia deriva de Brigit, deusa celta moi poderosa. Era a figura da nova lúa, de primavera e das correntes mariñas. Esta época do ano era a das purificacións e do lume sagrado que liberaba a terra, proporcionando fertilidade e o espertar do sol, tamén era época de nacementos e os matrimonios solíanse celebrar nestas datas.
    Para o pobo campesino a candelaria significaba o final do inverno, o fin das noites longas e os días sen luz e o principio do ano agricola e tamén o comenzo da primavera e os días soleados.
    Co paso do tempo a mestura da cultura celta co cristianismo, esta festa do lume será trasformada na celebración da Candelaria. Os romanos tamén tiñan unha celebración nestas datas. Que trataba de que unha procesión con candeas acendidas de noite e repetindo pregarias. Esta festa romana do lume, en honor da fertilidade era chamada «Lupercales».
    O Papa Gelasio, para sustituír esta celebración pagá e asimilala a o cristianismo, crea a festa da purificación da virxe María, esta festa no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños”, nalgúns lugares tamén era considerado o día do encantamento das cobras.
    En Galicia e en Portugal había a costume de darlle a volta a determinadas pedras para que deixase de chover, e poder así traballar na labranza. Os campesinos da localidade de Laza (Verín, Ourense) Dábanlle a volta cando aparecia o arco da vella sobre os campos nos que traballaban e comenzaba a chover.
    En algunhas localidades galegas levaban pan a misa da Candelaria. Nas aldeas de Mondoñedo as mulleres levaban á igrexa cestos con pan caseiro e unhas pequenos boliños, un por cada membro da familia.
    Tamén na parroquia de Loureses (Ourense) utilizábanse o pan como medio de proteción; sobretodo os nenos, a os que lles colgaban un anaco de pan vendecido para que os protexese.
    Entre os pescadores galegos conservouse ata mediados do século XX a costume de darlle avolta ás tellas de determinadas ermitas costeiras, crendo que así se podía alterar a dirección dos ventos, e incluso producilos para favorecer o rumbo das embarcacións de vea. A xente das poboanzas costeiras de Guipúzcoa dáballe especial importancia ás candeas vendecidas ese día, sobretodo as mulleres do pescadores, que acostumaban a encendelas cando a treboada ruxia no mar.

    FONTES DE IMFORMACIÓN:

    http://es.catholic.net/escritoresactuales/854/184/articulo.php?id=39619

    http://es.catholic.net/celebraciones/120/302/articulo.php?id=1252

    http://www.galiciaespallada.com.ar/candeloria_culturagalega.htm

    AUTORES:
    - Alejandro de Cal Marques
    - María Gramunt Cernadas

Deixa unha resposta