Encadeados

Unha variante da repetición e o recurso dos encadeados, preguntas e respostas que van entrelazadas unhas noutras. Esta opción é moi abundante na literatura popular como este exemplo de preguntas e respostas encadeadas:

Tuoporoutou, pa onde vas vella?
Touporoutou, pa Redondela.
Touporoutou, que vas buscar?
Touporoutou, unha area de sal.
Touporoutou, pa que queres o sal?
Touporoutou, pa botarlle ao caldo.
Touporoutou, pa que queres o caldo?
Touporoutou, pa darlle ás mulleres.

Ou o poema de Darío Xohán Cabana:

Que importa que nos craven as cadeas?
Se o espírito segue ceibe coma o mar.
Que importa que asolaguen as bombillas?
Se non poden matar a luz do sol.
Que importa, irmán, que morra a pomba?
Se deixa os seus pombiños a voar.

Son poemas de NUNCA ACABAR. Por parellas ides facer poemas utilizando este recurso.

18 thoughts on “Encadeados

  1. Mio e Mayu

    Mio e Mayu, onde están?
    Nun poboado fantasmal,
    Mio e Mayu, que fan?
    Escapar dos que fan mal.
    Mio e Mayu, por que están aí?
    Porque correron por alí.
    Mio e Mayu, que fan os fantasmas?
    Intentan separalas.

    Andrea Rodríguez Margardo

  2. Mal de amores

    Por que te namoraches?
    Porque teño mal de amores.

    Por que tes mal de amores?
    Porque me romperon o corazón.

    Por que che romperon o corazón?
    Porque me deixaron por outra.

    Por que che deixaron por outra?
    A ti que che importa!

    Lidia Quintela Rial
    Alba Nieto Patrón

  3. Onde vas meu amigo?
    Eu vou para Vigo.
    Por que vas a Vigo?
    Vou ver un raparigo.
    Que vas facer co raparigo?
    Vou ver un partido.
    Que vas facer no partido?
    Vou tirar figos.
    Para que vas tirar figos?
    Para poñelos en perigo.
    Para que queres poñelos en perigo?
    Para levalos comigo.
    Para que queres levalos contigo?
    Para pedirlles unha firma.
    Para que queres unha firma?
    Para darlla a miña tía.

    Álvaro Parra Fernández
    Alejandro Dosil Souto
    Martín Manuel Chaves Fraga

  4. Que son os habitantes?
    Son os cidadáns dun lugar chamado mundo.
    Que é a vida?
    Un sentimento que só se vive unha vez.
    Que é a morte?
    O final dun sentimento.
    Que a luz?
    O arco da vella eterno.
    Que é o ceo?
    O azul celeste don deuses.

    SARA ALONSO ACEVEDO
    CHRISTIAN CAPEANS PEREZ

  5. Por que teño que traballar?
    Porque teño que conseguir diñeiro.
    Por que teño que conseguir diñeiro?
    Porque teño que mercar comida.
    Por que teño que mercar comida?
    Porque teño que vivir.
    Por que teño que vivir?
    Porque quero formar unha familia.
    Por que quero formar unha familia?
    Porque quero coidar dos meus nenos.
    Por que quero coidar dos meus nenos?
    Porque quero que medren.
    Por que quero que medren?
    Porque teñen que ir ao colexio.
    Por que teñen que ir ao colexio?
    Porque teñen que estudar.
    Por que teñen que estudar?
    Porque teñen que atopar traballo.
    Por que teñen que atopar traballo?
    Porque teñen que conseguir diñeiro.
    Para formar outra familia.

    Manuel Blanco Vigo
    Alba Gil Seoane

  6. Sabes en que penso?
    en queimar incenso.
    Sabes para que?
    para que ula ben.
    Sabes cando?
    cando estas cociñando.
    Sabes como?
    con pataca e repolo.
    Sabes o que?
    o cocido que cheira a pé.
    Sabes en que penso?
    en ir comprar o incenso.

    Alba Suárez Arufe.
    Carmen María Martinez Santos.

  7. Encadeados

    Por que temos que vir á clase, profesor?

    Porque tedes que aprender, rapaces.

    Por que temos que aprender?

    Para ser algo no mundo.

    Por que temos que ser algo no mundo?

    Porque tedes que ter un traballo.

    Por que temos que ter un traballo?

    Porque senon, no tedes diñeiro.

    Por que temos que ter diñeiro?

    Porque tedes que vivir.

    Por que temos que vivir?

    Porque as vosas familias vos deron unha vida.

    Alberto Arcay Méndez
    Natalia Noya Fernández

  8. Agora onde estades?
    Estamos na casa.
    E que facedes?
    Cortar unha rosa.
    Para que a queredes?
    Para metela na caixa.
    Para que serve?
    Para agasallarlla a Marta.
    Que é Marta?
    A miña namorada.

    Alexia Carballeira Grobas.
    María Gramunt Cernadas.

  9. Que é a luz do horizonte?
    É o sol que se mete detrás do monte.

    Que é a auga que cae do ceo?
    Son as pingas que xogan co vento.

    Que significa unha raiola de sol?
    É a luz que brilla un montón.

    Anna Nieto Lago
    Franco Jesús Pazos Vera

  10. Fará falta o lume?
    Si, para queimar;
    Fará falta o mar?
    Si, para nadar;
    Fará falta a música?
    Si, para danzar;
    Farán falta as flores?
    Si, para alegrar
    Farás falta ti?
    Si, para soñar.

    Tamara Enjo Calvo

  11. AMIGOS E VECIÑOS

    Por que estas triste, amigo?
    Porque non teño veciños.
    Por que non tes veciños, amigo?
    Porque marcharon a Vigo.
    Por que marcharon a Vigo, amigo?
    Porque non teñen amigos.
    Por que non teñen amigos?
    Porque só ten veciños.

    Lorena Fajín Magariños
    Valeria Bello Tobío

  12. PARA QUE
    Para que sae o sol?
    Para mostrar o meu amor.
    Para que sae a lúa?
    Para mostrar a miña tenrura.
    Para que nacen as flores?
    Para donar os meus amores.
    Para que hai animais?
    Para quererte cada vez máis.
    Para que fago cancións?
    Para regalarche o meu amor.

    MARÍA OTERO ANGUIANO
    ANA BLANCO VIGO

  13. Encadeados

    Canario, por que non voas?
    Porque estou engaiolado.
    Canario, por que estás engaiolado?
    Porque non queres que escape.
    Canario, por que non comes?
    Porque non teño comida.
    Canario, por que non tes comida.
    Porque non ma dás.
    Canario, por que non cha dou?
    Porque non me queres.
    Canario, por que non me queres?
    Porque non son fermoso.

    Brais Cuns González
    Lois Meira López

  14. Que máis dará se acaba o mundo?
    Non estaremos para velo.

    Que máis dará ser rico ou famoso?
    Iso non trae a felicidade.

    Que máis dará axudar un pouco a alguén?
    Terás máis amizades, e eles axudaranche a ti.

    Alejandro Rey bustelo
    Angel Miranda Juncal

  15. PARA QUE…

    Para que temos amigos?
    Para non ter inimigos.
    Para que temos lembranzas?
    Para contar esperanzas.
    Para que temos memorias?
    Para axuntar historias.
    Para que temos corazón?
    Para almacenar amor.
    Para que temos sorriso?
    Para que nos den un bico.
    Para que temos ilusión?
    Para alegrar un montón.
    Para que temos paixón?
    Para escribir unha canción.
    Para que temos alegría?
    Para vivir ben a vida.

    Rosalia Casas Cabaleiro
    Ana Sabugueiro Gómez.

  16. Para que queres o amor?
    Se o tes ao teu redor.
    Para que queres voar?
    Se a imaxinación xa o fai.
    Para que queres ser margarida?
    Se es unha rosa belida.
    Para que queres amigos?
    Se non es agradecido.

    Ana Patricia Buenavilla Cadenas
    Sergi López Biel.

  17. De que serve xogar ao fútbol?
    Se o único que fas é mancarte.
    Que importa que te manques?
    Se che gusta e podes gañar.
    Que importa que non gañes?
    O caso é participar.

    Miguel Mirazo Bouzas
    Alberto Fernández de la Torre

Deixa unha resposta