O rei e o primeiro ministro

O rei dun remoto país envexoso da intelixencia e dos éxitos do seu primeiro ministro, decidiu condenalo a morte. Para disfrazar o verdadeiro motivo da súa acción e dar a aparencia dun home clemente, organizou unha pequena farsa: reuniuse con toda a corte o día da execución e fixo levar ante si ao primeiro ministro. Logo o rei puxo dous papeis nun pequeno saco e díxolle:
-Nun destes papeis está escrito “morte” no outro “vida”. O papel que collas decidirá a túa sorte.
O primeiro ministro sospeitaba que a palabra “morte” estaba escrita nos dous papeis, e realmente así era. Non obstante conseguiu salvar a súa vida.
Como puido facer?
Esfinxe, relatos de pensamento creativo
Carlos L. Medrano, Editorial tresCtres

40 thoughts on “O rei e o primeiro ministro

  1. Solución ao enigma:»O rei e o primeiro ministro»

    O ministro díxolle ao rei:
    —E se nos dous papeis pon «morte», poderíame salvar?
    O rei púxose nervioso con solo escoitar esas palabras, el sabía o que puxera e obrigouno a sacar un dos papeis. O ministro en vez de sacar un sacou os dous papeis e os puxo en alto.
    —Vedes o que puxo— dixo o ministro en voz alta, para que o escoitase toda a corte— puxo «morte» nos dous papeis. Entón debirían condenar á morte ao rei e non a min.
    O rei mareábase con solo pensar que o ían a condenar a morte e dixo:
    —Mentres eu sexa rei no podedes facerme nada.
    Pero non era así, os homes da corte foron a por el. Ao final o ministro salvouse e ao rei o mataron.

    Santiago Esparis Matanza

  2. O rei e o primeiro ministro

    Eu creo que o primeiro ministro como sabía que nos dous papeis estaba escrito «morte» déixolle ao rei:
    -Déixame pensar que papel escoller.
    O rei díxolle que si porque sabía que ía saír coa súa. Pero como o primeiro ministro era moi listo colleu o seu bolígrafo do bolsillo, colleu un papel que había destras nunha mesa e mentres o rei non mira escribe «vida», métea na manga da chaqueta e cando vai a sacar un papel saca o da súa chaqueta, o rei quedou abraiado e díxolle que podía marchar para que non sospeitara o pobo. Porque o rei tiña medo que mentres o levaban a forca o primeiro ministro se lle fora a lingua e dixera o que pasaba.

    Brais Cuns González

  3. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO

    O ministro colleu un dos papeies, mirouno e poñía «morte» pero el dixo que poñía «vida» e o rei enfadado berrou:
    —Pero como vai poñer vida?
    -Porque non o vai poñer?— dixo o ministro.
    —Porque os dous tiñan escrito «morte»—dixo o rei enfadado.
    Alí empezou unha pelexa, mentres pelexaban o ministro marchou a outra ciudad.

    Alejandro Dosil Souto

  4. O Rei e o Ministro

    Cando o ministro veu que nos dous papeies poñía «morte» dixo.
    -Ti me mentistes, como es capaz capaz de mentirme?
    -Si, é verdade nunca te quixen, sempre che odiei con todas as ganas.
    -Pero eu que che fixen?
    -Sempre tiñas máis xente o teu favor?
    -Só por iso te enfadaches? Paréceme unha parvada.
    -Pois agora mira, estas preso na miña cela?
    -Si, é verdade pero un día destos penso escapar.
    -E como o vas facer?
    -Non cho penso dicir.
    Despois dun días o ministro dou escapado da cela e o rei non soubo nada máis del.

    Nerea Vidal Boullón

  5. O rei e o primeiro ministro
    O ministro meteu a man temblorosa no saco. Notaba os dous papeis rozándolla e sen pensalo máis colleu un deles. Antes de ver o papel, cerrou os ollos. Acordouse da súa familia, o seu fillo e a filla que viña en camiño. Abriu os ollos e puxo o papel diante deles, mirouno e leu “morte”.
    Abriu os ollos, era tarde. Podía ver a lúa xa no ceo a través das reixas da ventá. Mirou ao seu redor. Había unha cama pequena tapada cunha manta e unha saba onde el estaba, un espello roto pegado a parede. As paredes eran de pedra, estaban cheas de humidade igual que o teito. A porta era de ferro, moi dura e chea de aboladuras.
    Empezou a pensar. Tiña que sair de alí dalgún modo.Tiña que haber algunha maneira de sair. Enganar ao rei e poder salvar a súa vida. Acordouse do tesouro perdido que encontrara había tempo nunha sala secreta do castelo que ninguén coñecía. Aí estaba, esa era a última oportunidade de salvar a vida. A súa vida dependía daquel cofre cheo de moedas de ouro. Durmiu.
    Á mañá seguinte un garda foino despertar e levouno a un palco onde sería aforcado. Ao lado había outro palco onde estaba o rei a súa esposa e a xente importante do reino, estaban sentados nuns preciosos tronos de veludo vermello decorados cun montón de pedras brillantes.
    O rei subiu ao palco onde estaba o ministro e díxolle en voz baixa disimuladamente:
    -Chegou a túa hora.
    -Non estou tan seguro. Eu sei onde está o tesouro perdido do castelo. Se me matas nunca máis saberás del. Se me soltas e me aseguras seguridade, ensinareiche o camiño e direi que o encontraches ti.
    O rei estaba asombrado, por unha parte quería que o ministro morrera pero por outra sería un gran logro que el eatopara ese tesouro que levaba tanto tempo perdido.
    -De acordo- contestoulle o rei- pero se eito é unha farsa serás condenado a morte.
    -De acordo- dixolle o ministro.

    Lidia Quintela Rial

  6. Solución do enigma

    Cando o rei lle dixo ao primeiro ministro que collera o papel, o primeiro ministro intentou coller o papel pero de súpeto parouse e preguntoulle que fixera para ter que elixir entre a súa vida ou a súa morte.
    O rei non lle contentou á pregunta e berroulle bastante enfadado que collera un papel do saco. O primeiro ministro meteu a man e dixo que dentro non había nada, o rei meteu a man e sacou un papel. O rei aínda mais enfadado abre o papel e díxolle que poñía «morte», o primeiro ministro ía coller o outro papel cando o rei díxolle que parara que o papel que quedara tiña que poñer «vida».

    Adrian Carrillo Garrido

  7. SOLUCIÓN DO ENIGMA: “O REI E O PRIMEIRO MINISTRO”

    O primeiro ministro atopábase fronte ao Rei, moi nervioso, este pediu desculpas. O Rei dispoñíase a entregarlle o saco, cando de repente as luces do palacio apagáronse. De súpeto soou un disparo. Prendéronse as luces e o Rei apareceu morto no seu trono.
    Os soldados, sen saber que facer, deixaron escapar ao primeiro ministro coa condición de que non volvese polo reino.
    Mentres que no caso do Rei, nunca se soubo quen o matara.

    Álvaro Parra Fernández.

  8. Enigma: «O Rei e o Primeiro Ministro»

    O ministro sabía que o rei non era de fiar, por iso antes de coller un dos papeis do saco, pensou como podería salvarse. O ministro díxolle ao rei:
    -Maxestade matádeme xa, pois eu ben sei que nos dous papeis hai escrito «morte», e colla o que colla idesme matar igualmente.
    O rei asombrado da súa sabedoría e do bondadoso que era o ministro empezou a pensar como puido averiguar a súa trampa. Mentres o ministro estaba mirando para o saco dos papeis.
    Pasadas dúas horas o rei xa cansado de tanta espera díxolle ao ministro:
    -Ten razón, primeiro ministro, nos dous papeis está escrito «morte» e vexo que vostede e moi sabio e eu non podo matar tanta sabedoría, vouno deixar vivir pero recorde, teña coidado con esa sabedoría.
    O primeiro ministro quedou libre e o rei pasmado ante tanta sabedoría.

    Natalia Noya

  9. «O rei e o primeiro ministro»

    O primeiro ministro, moi astuto, sacou os dous papeis do saco e pediu que os cidadáns presentes leran o que estaba escrito neles.
    O rei dixo que non porque non quería quedar coma un farsante pero non tivo máis remedio que deixalo libre porque prefería que quedara vivo a que os cidadáns do seu reino o tomaran coma un mentireiro.
    Quen sabe se o rei volverá intentar matar ao primeiro ministro?

    Daniel Eduardo Vila Mateus

  10. SOLUCIÓN DO ENIGMA DO REI E O MINISTRO

    O rei mándalle coller un papel ao ministro do saco, pero antes o ministro sabe que o rei e un trampón e puxo «morte» nas dous tarxetas que meteu no saco.
    O ministro colle moi rápido as dúas tarxetas dos do saco e lle ensina a todo o mundo que esta alí que nos dous papeis pon «morte», que o rei non é de fiar que puxo «morte» nos dous e que por moita sorte que tivera o ministro ía a morrer.
    O que pasou ao final e que todos o que estaban alí, empezaron a chamarlle trampón e que por ser así o ministro que daría libre e que el sería destronado e que se faría outra elección por haber fallado ao seu pobo.

    Sara Alonso Acevedo

  11. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO, A SOLUCIÓN DO ENIGMA:

    O ministro xa sabía que nos dous papeis estaba escrita a palabra «morte» e estaba tan seguro porque ao meter a man no saco ao rei debuxóuselle un sorriso con moita maldade que despois tentou tapar cun falso enfado e un pouco de tristura.
    O ministro meteu a súa man firme e con seguridade na saco tocou os dous papeis, colleunos e engurrounos con tanta forza que quedaron tan pequeniños que os puido meter pola manga da chaqueta, sacou a man, baleira, e díxolle ao rei:
    -Aquí non hai ningún papel, maxestade, o saco debe de estar furado e caerían ao chan.
    -Como que non hai papeis?- dixo o rei malhumorado- aquí ten que haber dous papeis, quen foi o pailán que me trouxo un saco furado?- dixo, aínda máis enfadado. Parecía estar disposto a matar a aquel que lle trouxera un saco furado.
    -Traédeme outro saco e esta vez que non estea furado.
    -Pero maxestade xa non hai máis sacos- dixo un servinte tremendo do medo.
    O ministro conseguiu que o rei atrasara o xuízo por un día.
    Na noite o ministro durmiu no castelo para que non escapase pero non caeron en que os apousentos do rei estaban xusto enriba dos do ministro. Pola noite escalou o castelo e entrou nos apousentos do rei e na auga que tomaba sempre as mañas botoulle un liquido que faría que este non se acordase que o ía matar.
    Así foi, o rei non se lembrou de que ía matar o ministro e este puido salvar a súa vida.

    Alba Suárez Arufe

  12. «O rei e o primeiro ministro»

    O primeiro ministro, que estaba preso, sospeitaba que os dous papeis poñían «morte» e díxolle a un escravo que lle era moi leal que copiase a letra do rei e que escribise VIDA.
    En canto acabou de poñer VIDA deulle o papel ao primeiro ministro que con moito coidado o meteu na manga como se lle picara o pulso. Meteu a man no saco con coidado e sacou o papel:
    -Pon VIDA!- berrou- O PAPEL QUE SAQUEI PON VIDAAAAAAAAA
    O rei como sabía que nos dous papeis poñía «morte» enfadouse e non se deu conta do que dixo:
    -É imposible!!! Eu puxen nos dous morte.
    En canto o dixo a garda real e as persoas abalanzáronse sobre el e apresárono. Como castigo cortáronlle as màns e a lingua e por se non fose pouco desterrárono do reino.
    -Vengareime de vós!!! Esperade e xa veredes!!!
    En canto pasaron dous días morreu de sede.

    Cèsar Garìa Barata.

  13. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO
    (Solución ao enigma)

    Para poder enganar ao rei o primeiro ministro sacou un papel e dixo:
    —Eu elixo o papel que quedou dentro do saco. E se é vostede amable pode ler a sorte que descartei.
    Como o rei sabía que no papel que estaba dentro estaba escrita a palabra “morte” sen pararse a pensar leu no papel descartado a palabra “morte”. Entón dixo o primeiro ministro:
    —Se nese papel pon «morte» no que está dentro do saco, e dicir o que elixín eu, pon «vida».
    Ao escoitar isto o rei quedou abraiado e como non quería quedar de mentireiro diante de toda a corte non podía coller o papel do saco e dicir que tamén poñía «morte» para que o ministro morrese.
    Así que o primeiro ministro salvouse.

    Alba Gil Seoane

  14. Solución ao enigma:

    Como o ministro sospeitaba de que nos dous poñía «morte» intentou pensar en algo para salvarse.
    Xa tiña unha idea, mirou o saco e díxolle que en un poñía «morte» e no outro «poñía» vida e el collía o de «vida». O rei non lle podía dicir que era mentira porque senón quedaría como un mentireiro así foi como se salvou o primeiro ministro que era tan intelixente.

    Claudia Pulgar Méndez-Bengassi

  15. «O rei e o primeiro ministro», solución ao enigma

    Ao día seguinte ao ministro levábano diante do rei atado con esposas e nos pés cunhas cadeas para que non intentara fuxir. O ministro dixo que non merecía que o mataran porque el viu que os dous papeis poñían «morte» e díxolle que os trouxeran para ensinalo a toda a xente que estaba mirando.
    O rei dixo que non tiña os papeis que xa os tirara e a realidade era que os queimara, o ministro pensou que se desfixera deles para que así non se supera que quería matar ao ministro, entón un dos gardas non quería que o mataran pola trola do rei entón dixo en alto que nos dous papeis poñía «morte» e condenaron a morte ao garda:
    Así foi como o ministro salvou a vida.

    Carmen María Martínez Santos

  16. Solución do enigma:
    “O rei e o primeiro ministro”

    O primeiro ministro meteu as mans no saco para coller un dos papeis, pero en vez disto, colleu os dous poñéndoos de maneira que non se visen as palabras.

    —Aquí non hai nada escrito— dixo o ministro ensinando os papeis polos dous lados.
    —Iso non é verdade, mentes! ensíname a palabra!— ordenou o rei.

    O ministro dirixiuse cara a corte e ensinou os dous papeis que tiñan a palabra morte.

    —O rei é un mentireiro! Non se merece estar no trono!— comezou a berrar toda a xente.

    Foron cara el e, entre o barullo, o ministro colleu unha espada dun soldado despistado, cortou as cadeas e marchou salvando a súa vida.

    Martín Manuel Chaves Fraga

  17. O rei e o primeiro ministro

    Cando o primeiro ministro sacou o papel do saco, o rei sorriu e díxolle:
    —Que é o que pon o papel que colleu?
    —O que pon é…—contestou o ministro comezando a desenvolver o papel—…vida.
    O sorriso do rei borrouse inmediatamente da cara.
    —Vostede está mentindo!—dixo o rei sen poder controlar o impulso.
    —Por que di iso, señor?—engadiu o primeiro ministro finxindo sorpresa, aínda que era certo que mentía.
    —Eu…a verdade é que…pois…
    O rei quedara sen palabras, e intentaba buscar algo para escusarse, pero o ministro foi máis rápido.
    —Se a súa maxestade o desexa, podo sacar o outro papel e así saberemos se estou mentindo ou non.
    O rei sabía que ía quedar en ridículo, pero que esa era a única solución para saír dese apreto rapidamente e sen meter máis a pata.
    —Está ben— dixo o rei dándose por vencido— saque o outro papel do saco.
    O primeiro ministro meteu a man no saco e sacou o outro papel Comezou a desenvolvelo pouco a pouco e ensinoullo a todas as persoas alí presentes. A palabra escrita no papel era clara: morte.
    —Se non lle importa— dixo o ministro, fachendoso, dirixíndose ao rei— debo regresar a rematar as miñas tarefas.
    O rei asentiu, derrotado, e dixo que el tamén debería de volver coas súas. No seu despacho, decatouse de que podería pedirlle ao primeiro ministro que lera o papel que lle tocara, pero non podía facer iso agora.
    O ministro fora máis intelixente e o rei derrotado.

    Xulia Sánchez Rguez.

  18. Solución do enigma

    O primeiro ministro, que xa sabía que nos dous papeis poñía morte, colleu un calquera. Ao sacalo dixo que nese poñía morte e que elexía o outro.
    O rei, que non quería quedar de mentireiro, non tivo máis remedio que deixalo vivir, porque se sacaba o que quedaba no saco, ía poñer morte tamén e non quería quedar de falso e mentireiro.

    Nerea Rodríguez Rodríguez

  19. «O rei e o primeiro ministro»: solución do enigma:

    O ministro sospeitaba que os dous papeis poñerían «morte» entón ideou un plan:
    Había un mendigo que lle debía favores ao ministro entón e ordenoulle que se puxera a súa roupa e que fora coa cara tapada e que dixera que non quería que lle visen a cara ao morrer.
    Así foi chegou o día e o mendigo foi alí vestido coa roupa do ministro, a a cara tapada, e todo foi como o ministro pensaba, nos dous papeis estaba escrito morte.
    Asasinaron ao mendigo e o ministro salvouse e marchou vivir moi lonxe de alí.

    Alberto Arcay Méndez

  20. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO (solución ao enigma)

    Cando o rei lle dixo que escollera un papel, o ministro, curioso preguntoulle que fixera para que tivera que elixir ao azar a súa morte ou a súa vida. O rei non contestou e mandoulle escoller dunha vez un dos papeis. O ministro, antes de coller nada, preguntoulle se podía ensinarlle primeiro os dous papeis.
    O rei estaba entre a espada e a parede, e a corte estaba intrigada pola decisión do rei, que ao principio dixo que non. Pero o ministro díxolle que se de verdade poñía iso, que non tería problema ningún en ensinarlle os dous papeis; a corte estaba co ministro e o rei non tiña máis remedio que descubrirse e deixar ao ministro que seguira vivindo.

    Christian Capeáns Pérez

  21. SOLUCIÓN AO ENIGMA:

    O ministro tiña un can moi intelixente, igual ca el, que xa sabía que o rei tiña envexa do ministro.
    Cando o ministro marchou a onda o rei (para saber se morrería ou non) o can estaba durmindo. Pasou o tempo e o cando desperou foi correndo onda o ministro, porque o can vira ao rei escribir e meter os dous papeis coa palabra «morte».
    O can saíu correndo da habitación, onde estaba durmindo, e foi onda o seu amo. Cando chegou a onde estaba o rei, meteu o fuciño no saco e sacou os dous papeis e doullos ao ministro quen llo ensinou á corte.
    A corte condenaron ao rei pola farsa da morte, o ministro salvouse grazas ao seu can.

    Alejandro Rey Bustelo

  22. Solución do enigma:

    O Ministro coa su intelixencia e astucia convenceu ao xurado que era inocente, mais o rei contradecíu todo o que dicía con falsas acusacións.
    O ministro tiña pensado que se o rei o condenou a morte por todo o seu logros, faría calquera cousa para demostrar que é unha persoa mais intelixente ca el e que non deixaría escapar unha oportunidade de ridiculizalo. O ministro consegue que o rei tamén sacara un papel, imaxinouse que se o el sacará a palabra “morte” o rei vencedor sacaría “vida” pero cando todos os presentes se deran conta do tipo de rei que tiñan,o botarían do trono e deixarían que el conservara a súa vida , o que non se imaxinou e que o coroarían a elrei.

    Karla Saenz Porras

  23. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO

    O ministro que non era parvo decatouse de que nos dous papeis poñía a palabra «morte» e decidiu facer o seguinte: como tiña un papel e un bolígrafo no peto, pedíulle ao rei que lle deixara rezar uns minutos a soas, o rei así o fixo e, cando o deixaron a soas escribiu no papel a palabra «vida» e fíxolle unha pequena marca para que non se equivocara ao coller os papeis.
    Finalmente o rei fíxolle coller o papel, o ministro colleu o que poñía «vida». Ao rei non lle quedou máis remedio que deixalo ir.

    Valeria Bello Tobío.

  24. SOLUCIÓN AO ENIGMA

    O primeiro ministro dixo que el collía un papel se o rei resolvía unha adiviñanza e se non a resolvía collía un papel o rei. A adiviñanza era:
    Que cousa é branca por dentro e verde por fora?
    A resposta era unha mazá. O rei aceptou, porque el críase moi importante e intelixente. O rei tiña unha oportunidade e fallou, dixo melón.
    O rei fallou e morreu e o primer ministro sobreviviu.

    María Otero Anguiano

  25. O rei e o primeiro ministro

    Cando o ministro chegou a xunto do rei díxolle que tiña que elixir un dos papeis do saco o poñía “vida” ou o que poñía “morte”.
    Eu creo que se salvou porque o ministro elixiu un ao azar e dixo:
    -Neste papel pon morte, entón no outro ten que poñer vida.
    Se o rei dicía que nese tamén poñía morte descubriría que era un farsante e que o único que quería era matalo. Entón o ministro conseguiu salvarse.

    María Gramunt Cernadas.

  26. O rei e o primeiro ministro

    Posto que o rei quería matar ao seu primeiro ministro sen que ninguén soupera as súas verdadeiras razóns, amañou o concurso.
    Pero non lle saíu ben porque o ministro sospeitaba de que nas dúas papeletas poñía «morte» e así era. Pero, o primeiro ministro foi listo, entón
    cando lle mandaron coller o papel para decidir se morría ou non, colleu as dúas papeletas e ensinou que todo era unha farsa e que o rei quería matalo por outras razóns; a corte viu o que o rei pretendía facer co pobre ministro e deixárono en liberdade.

    Tamara Enjo Calvo

  27. SOLUCIÓN AO ENIGMA

    O ministro antes de coller un dos dous papeis, sen que o rei o vira, puxo nun papel a palabra “vida”. Cerrou a man e meteuna no saco e sacou o papel “vida”. E ao rei non lle quedou máis remedio que deixalo ir.

    Lorena Fajín Magariños

  28. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO

    O rei díxolle ao primeiro ministro que collera un papel. Un poñía «morte» e outro «vida». O papel que collera decidiría a súa sorte.
    O primeiro ministro sospeitaba que a palabra «morte» estaba escrita nos dous papeis, e pediulle se podía ir ao baño un momento. Mentres foi escribiu nun papel «vida» e gandouno na manga. Ao ir coller o papel sacou da manga «vida» e así salvouse.
    Logo díxolle aos demáis ministros o que pasara e condearon a morte ao rei.

    Miguel Mirazo Bouzas

  29. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO

    Cando o ministro chega a sala debe de coller o papel que pon «vida», pero colleu o que poñía «morte» dicindo que o que quedaba era o de «vida». O rei só lle quedou dicir que efectivamente o que quedaba poñía «vida» , para que non descubriran o seu engano.
    E así foi como se salvou.

    Alexia Carballeira Grobas

  30. O rei e o primeiro ministro
    Como xa sabemos, o rei tiña envexa do primeiro ministro e condenouno a morte.
    Púxolle un saco con dous papeis que poñían «morte». O home, o primeiro ministro, sempre desconfiou de que nos dous papeis poñía «morte» polo que decidiu facer o seguinte: elixir un papel, que puña «morte». Agora o que tiña que quedar era vida. Así foi como se salvou, xa que, o rei non quixo quedar como un mentiroso.

    Anna Nieto Lago

  31. «O rei e o primeiro ministro», solución ao enigma.

    Como nas dúas cartas poñía «morte» e el o sabía, colleu unha calquera e ensinou o que poñía, “morte”:
    -Nesta pon morte, así que esa -dixo sen levantar a outra- ten que poñer «vida».
    O rei non podía negalo porque se non se descubriría a súa a farsa. O ministro descubriu a trampa do rei e quedou con vida.

    Ana Patricia Buenavilla Cadenas

  32. O REI E O PRiMEIRO MINISTRO

    O rei quería matar ao ministro, pero para que non quedaran pistas decidiu presentarlle un saco que contiña dous papeis, un era «vida» e o outro «morte».
    Eu resolvo:
    Creo que el se levantou e mirou o saco e descubriu que o rei o quería enganar para que o mataran e así se salvou.

    ANA BLANCO VIGO

  33. O REI E O PRIMEIRO MINISTRO

    A resposta a este enigma é:
    O ministro como era moi listo deuse de conta que seguramente nos dous papeis estaba a palabra «morte» entón, como na sala había varias persoas o ministro díxolle:
    -Eu fíome de vostede señor, pero, poderíame ensinar os dous papeis para xustificar que nun papel pon «morte» e no outro «vida»?
    O rei sabendo que nos dous papeis poñía «morte» négase a ensinarllos e pregúntalle se non se fía del. A xente que está escoitando iso dille que os ensine, o rei sen nada que facer ensínaos e vese que nos dous papeis pon «morte».
    Ao final a xente decide condenar ao rei por mentireiro e botalo do cargo.

    Alberto Fernández de la Torre

  34. «O rei e o primeiro ministro», solución ao enigma

    O ministro salvou a vida porque como era máis intelixente e astuto notaba unha conduta un tanto estraña no rei.
    Decidiu espialo e foi así como se decatou do que pretendía. Ao ver dous papeis que poñían «morte», escribiu un que poñía «vida» e gardouno.
    Aconteceu, que como tiña que sacar un papel dun saco para salvar a súa vida, sacou o papel que el escribira sen que o rei se decatase e salvouse.

    Ángel Miranda Juncal

  35. SOLUCIÓN AO ENIGMA

    Eu penso que o ministro lle dixo ao rei que escollese unha papeleta do saco. Logo, di que el quere a que queda dentro. Desta maneira o rei collería «morte2, porque nas dúas estaba escrito «morte» e a que quedaría, a corte pensaría que era «vida», ou senón, o rei quedaría en evidencia. Polo tanto, o ministro salvou a vida.

    Rosalia Casas Cabaleiro.

  36. SOLUCIÓN DO ENIGMA

    Eu creo que o primeiro ministro pide que algún dos presentes saque os dous papeis da furna para demostrar que nun pon «vida» e no outro «morte».
    Ao sacalos todos ven que os dous papeis poñen «morte» e sabendo que teñen un rei tan envexoso, mentireiro e tirano condénano a morte a el por querer matar a alguén inocente.

    Ana Sabugueiro Gómez

  37. Solución ao enigma «O rei e o primeiro ministro»

    Cando o rei lle deu o saco cos dous papeis que poñían «morte» ao primeiro ministro, o primeiro ministro colleu un papel, escribiulle «vida», o meteu na man no saco e cerrouna.
    Meteu no saco a man e ao sacala ensinou o papel coa palabra «vida» e salvouse da morte. Como o rei non daba crédito sacou os dous papeis que quedaban no saco e cando toda a xente viu a súa farsa condenárono.

    Lois Meira López

  38. SOLUCIÓN AO ENIGMA

    O ministro pide ir ao baño, coa escusa de que esta nervioso. Sen que o vexan, colle un papel no que escribe «vida» e méteo na manga. Cando regresa, mete as mans no saco, saca da manga o papel no que pon «vida» e, para que o rei non se dea conta de que metera outro papel, colle un dos que pon «morte» e o mete na manga. O ministro lle ensina ao rei o papel que pon «vida» e o rei lle concede a vida.

    Andrea Rodríguez Margarido

  39. SOLUCIÓN AO ENIGMA

    O ministro antes de ir coller o papel pediulle ir ao baño e nun papel puxo «vida» e levouno na maga da camisa e cando foi meter a man no saco sacouno da manga e cando o rei lle preguntou que collera sacou o papel de «vida».

    Sergi López Biel

  40. «O rei e o primeiro ministro», solución do enigma

    O primeiro ministro dixo que no lado dereito estaba a carta que pon «vida» e na outra a que pon «morte» pero como nas dúas poñía «morte» o rei non podia levarlle a contraria, por que crerían que era un mentireiro e así se salvou o primeiro ministro.

    Franco Jesús Pazos Vera

Deixa unha resposta