A repetición

A repetición dunha palabra, a repetición dunha frase, a repetición dunha pregunta, é un recurso literario que lle dá aos poemas ritmo pero tamén desacougo ou dramatismo.
Pensemos no poema de Celso Emilio Ferreiro:
O vello cantaba
unha lembranza.

O mozo cantaba
unha esperanza.

O neno cantaba
unha louvanza.

Pobo meu: pois que cantas,
érguete e anda.

Ou este outro de Álavaro Cunqueiro:
O cabaleiro da pluma na gorra,
meu amigo é!
O cabaleiro do verde tabardo,
meu amigo é!
Ogallá que na guerra non morra,
meu amigo é!
Non de frecha, de asta nin dardo,
meu amigo é!

Por parellas ides tentar facer poemas utilizando este recurso.

14 thoughts on “A repetición

  1. Hai moitos cousas azuis
    o ceo è de cor azul

    Hai moitas cousas azuis
    o mar e de cor azul

    Hai moitas cousas azuis
    o universo e de cor azul

    Hai moitas cousas de cor azul
    os ollos da miña enamorada

    Cèsar Garcìa Barata
    Claudia Pulgar Mendez

  2. Miña lúa querida,
    que sempre estás.

    Miña lúa querida,
    que mañá caerás.

    Miña lúa querida,
    entón xa non estarás.

    Miña lúa querida,
    que triste me deixarás,
    cando te vaias
    e non me levarás.

    Alberto Fernández de la Torre
    Miguel Mirazo Bouzas

  3. Gústame cantar,
    gústame bailar,
    mais ben, non se me dá.

    Gústame durmir,
    gústame xogar,
    mais teño que estudar.

    Gústame saltar,
    gústame camiñar,
    mais prefiro descansar.

    Lois Meira López
    Brais Cuns González

  4. POEMA:

    A lúa navega,
    pasenoño, calada.

    O bagalume brilla,
    paseniño, calado.

    as ondas do mar,
    paseniñas, caladas

    Miña amiga,
    despedíndose daquelas andainas.

    Leda Penabade da Vila

  5. Quen poidera…!

    Quen poidera…!
    ir ao grande mar navegar.

    Quen poidera…!
    por verdes pastos poder pasear.

    Quen poidera…!
    ir ao foxo profundo e alí quedar.

    Quen poidera…!
    ir ao espazo e as estrelas poder ver.

    Quen poidera…!
    ser o rei do mundo e os paises gobernar.

    Autoras:
    Lidia Quintela Rial
    Alba Nieto Patrón

  6. O mar

    O mar balborda,
    unha antiga lembranza.

    O mar viu,
    moita e esperanza.

    O mar decide
    o que lles sucede,
    Aos que nel
    viaxan coa rede.

    Autores:
    Alba Gil Seoane
    Manuel Blanco Vigo

  7. A escuridade!!

    A escuridade, ás veces,
    péchache o camiño.

    A escuridade, ás veces,
    sen ver te cega.

    A escuridade, méteche medo,
    dela sae o demo.

    A escuridade, marcha co día,
    a luz a mataría.

    AUTORAS:
    Alba Suárez Arufe.
    Carmen María Martínez Santos.

  8. A roupa

    A roupa,
    debuxa o que somos.
    A roupa,
    dinos que sentimos.
    A roupa
    decora os corpos.
    A roupa,
    di o que non dicimos.
    A roupa,
    explica a cada quen

    Sara Alonso Acevedo
    Christian Capeáns Pérez

  9. Berro

    Berro contra a guerra,
    berro contra a morte,
    berro contra a dor,
    berro contra a envexa,
    berro contra o pranto,
    berro contra a fame,
    berro contra a inxustiza
    da realidade.

    Autoras:
    Nerea Vidal Boullón
    Xulia Sánchez Rguez.

  10. Transportes

    O señor don Lareta
    ía en bicicleta,

    O señor don Pastor
    ía nun tractor,

    O señor don Senén
    ía no tren,

    O señor don Antón
    ía nun camión,

    Pero o señor don Xosé
    quería ir a pé.

    Nerea Rodríguez Rodríguez
    Adrian Carrillo Garrido

  11. O LAPIS

    O lapis debuxa
    un sorriso.

    O lapis debuxa
    un feitizo.

    O lapis debuxa
    unha canción.

    O lapis debuxa
    o meu corazón.

    O lapis debuxa
    unha alegría.

    O lapis debuxa,
    a miña vida.

    AUTORAS:

    Rosalía Casas Cabaleiro
    Ana Sabugueiro Gómez.

  12. Voar!!

    A pequena xoaniña,
    voa ata o castiñeiro.

    A fermosa andoriña,
    voa ata o piñeiro.

    Voa,voa lavandeira,
    voa ata o loureiro.

    Autoras:
    Tatiana Rodríguez Fernández
    Karla Saénz Porras

  13. Ela soñaba,
    soñaba, soñaba.

    Cando saía a lúa,
    ela soñaba,
    soñaba, soñaba.

    Nun vello amor,
    ela soñaba,
    soñaba, soñaba.

    Autoras:
    María Gramunt Cernadas
    Alexia Carballeira Grobas

  14. A miña estrela

    No ceo está,
    a miña estrela brilla.

    Cantando vai,
    a miña estrela brilla.

    Chagando ao chan,
    a miña estrela brilla

    Flotando no mar,
    xa non ten vida.

    Autoras:
    Ana Patricia Buenavilla Cadenas
    Andrea Rodríguez Margarido

Deixa unha resposta