Toponimia

Os nomes de lugar, o do noso país, o da nosa vila ou aldea chámanse topónimos e estúdaos unha ciencia denominada toponimia.
A xente ten un nome co que se presenta, así mesmo aos animais se lles pon nome, o lugar onde vives, aldea ou urbanización, teñen igualmente un nome que ten un significado, aínda que non saibades cal é, a toponimia encárgase recollelos e de estudar a súa orixe. Os nomes dos lugares están reunidos nun documento que se chama nomenclátor.
En Galicia a toponimia é moi abundante e variada; se nos fixamos e a esculcamos con calma podemos atopar cousas moi curiosas, por exemplo hai unha serie de topónimos que coinciden co nome doutros países ou cidades importantes, moi próximos a nós temos unha Servia (concello de Lousame) ou un Ceilán (concello da Baña).
1.- Consulta do nomenclátor
Por grupos ides consultar a web do nomenclátor dos diferentes concellos das catro provincias de Galicia, http://www.xunta.es/nomenclator/busca.jsp, intentade localizar topónimos que concorden co nome doutros lugares do mundo. Para ver a lista dos concellos de Galicia consultade:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Concellos_de_Galicia

Recollede e facede unha lista co nome do lugar, a parroquia, o concello e a provincia, por exemplo:
Lugar: Servia, parroquia: Sanamede do Monte, concello: Lousame, provincia: A Coruña
Lugar: O Ceilán, parroquia: Vilacova (Santa Eulalia), concello: A Baña, provincia: A Coruña.
DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO
Alumnado de 1º A
Equipo nº 1, consultará a toponimia da provincia da Coruña desde o concello de Abegondo ata o de Cee.
Equipo nº 2, consultará a toponimia da provincia da Coruña desde o concello da Cerceda ata o de Irixoa.
Equipo nº 3, consultará a toponimia da provincia da Coruña desde o concello de A Laracha ata o de Outes.
Equipo nº 4, consultará a toponimia da provincia da Coruña desde o concello de Oza dos Ríos ata o de Zas.
Equipo nº 5, consultará a toponimia da provincia de Lugo desde o concello de Abadín ato o de A Fonsagrada.
Equipo nº 6, consultará a toponimia da provincia de Lugo desde o concello de Foz ata o de Outeiro de Rei.
Equipo nº 7, consultará a toponimia da provincia de Lugo desde o concello de Palas de Rei ata o de Xove.
Alumnado de 1º B
Equipo nº 1, consultará a toponimia da provincia de Ourense desde o concello de Allariz ata o de Entrimo.
Equipo nº 2, consultará a toponimia da provincia de Ourense desde o concello de Esgos ata o de Ourense.
Equipo nº 3, consultará a toponimia da provincia de Ourense desde o concello de Paderne de Allariz ata o de Xunqueira de Espadanedo.
Equipo nº 4, consultará a toponimia da provincia de Pontevedra desde o concello de Agolada ata o de A Estrada.
Equipo nº 5, consultará a toponimia da provincia de Pontevedra desde o concello de Forcarei ata o de Pontecesures.
Equipo nº 6, consultará a toponimia da provincia de Pontevedra desde o concello de Pontevedra ata o de Vilanova de Arousa.
2.- Elaboración de textos científicos.
Unha vez que xa tedes unha lista de topónimos galegos que son iguais a outros que están en lugares e países moi lonxe de nós, ides preparar textos, documentados, que falen deses lugares onde expliquedes onde están e cales son as súas características principais.
Primeiro tedes que buscar documentación en webs sobre o lugar e logo desenvolver o traballo, ou sexa realizar o texto, sería bo que o ilustrásedes con algunha imaxe; o texto non estará rematado ata que o documentedes, mencionar as fontes que utilizastes para facelo.

47 thoughts on “Toponimia

  1. ALTAMIRA

    Lugar: Altamira, parroquia: Roca, concello: Guitiriz, provincia: Lugo
    Altamira, Cantabria

    A cova de Altamira, Cantabria, foi descuberta en 1868 por un cazador chamado Modesto Cubillas, quen encontrou a entrada ao tentar liberar o seu can que estaba atrapado entre as gretas. Marcelino Sanz, visitou a cova no seu completo no ano 1876 e viu uns debuxos que lle pareceron bisontes, escenas de guerra, etc. Este descubrimento cambiou todo o que críamos sobre a prehistoria e os nosos antepasados.
    A cova ten de lonxitude uns 270 metros aproximadamente. Crese que na cova viviron sobre 30 tribos ó longo de toda a súa historia.

    Documentación:
    altamiranyc.blogspot.com/Almacenado na caché – Similares

    Autor:
    Miguel Mirazo Bouzas

  2. ALPUJARRAS
    Lugar:Alpuxarras, parroquia: San Rafael de Negrados, concello: O Vicedo, provincia: Lugo
    Corresponde a : Las Alpujarras, Granada

    A Alpuxarra é unha rexión histórica de Andalucía, que está en Serra Nevada, entre Granada e Almería.
    Antigamente dicíase “Alpujarras” que en árabe quere dicir “terra de pastos”. O lugar ten uns vales e barrancos que baixan desde Serra Nevada, no norte e, ademais, ten os pobos a certa altura, como Trevélez a 1476 metros sobre o nivel do mar, que é o municipio que ten o seu axuntamento máis alto España.
    En xeneral nas Alpujarras é moi difícil de mecanizar a agricultura polas montañas e só hai autobuses dende e ata Almería e Granada.
    A extensión total é de 1880 quilómetros cadrados formados por 48 municipios de Granada e 8 de Almería.

    Documentación:
    es.wikipedia.org/wiki/La_Alpujarra

    Autor:
    Alberto Fernández de la Torre

  3. BELÉN

    Lugar: Belen; parroquia: Santa Cristina de Fecha; concello: Santiago de Compostela; provincia: A Coruña
    Correspondese: Belén (Xerusalen)

    Belén (o nome en hebreo é “Bethlehem” que significa «a casa do pan» é unha pequena cidade de Cisjordania que está a 9 km de Xerusalén, que limita co deserto de Xudea.
    Esta cidade é coñecida pola crenza de que Xesús de Nazaret naceu alí, no reinado de Herodes, nunha gruta chamada a “gruta da Natividade”, que esta baixo a igrexa da Natividade, un dos lugares que a cidade lles ofrece a os turistas para visitar, outro lugar para visitar é a “Capela da gruta do leite”, alí é onde parou María para alimentar a Xesús, esa gruta é de roca vermella, din que cando lle caeu unha pinga de leite a María a pedra volveuse branca; tamén é un importante lugar de peregrinación para os xudeos, xa que van visitar a tumba de Raquel.
    Nestes momentos os habitantes de Belén sofren grandes conflitos en Oriente Medio entre os palestinos e os israelíes.

    Fontes de información:
    http://www.avatierrasanta.com/lugares/belen.html
    http://globalministries.org/news/mee/beln-tierra-de-milagros.html
    http://www.generaccion.com/magazine/1501/beln-ciudad-paz-guerra
    http://holylandoperators.com/en/attractions.php?mylanguage=es&id=16
    http://www.primeroscristianos.com/lugares_de_tierra_santa/Belen.html

    Santa Cristina de Fecha; Belen; A Coruña.

    A parroquia de Sta. Cristina de Fecha ten 170 habitantes.

    Fontes de información:
    http://www.todopueblos.com/santa-cristina-de-fecha-a-coruna/

    Autora:
    María Gramunt Cernadas.

  4. MARROCOS

    Concello: Cariño, Parroquia: Sismundi (Santo Estevo), Provincia: A Coruña

    Marrocos é un país que se atopa no noroeste de África bordeado polo Mediterráneo ao norte, polo Atlántico ao oeste e por Arxelia ao leste. A súa capital é Rabat, está dividido en 16 rexións, a cidade máis importante Casabranca moi moderna e á que os turistas van por ver a medina histórica que está repleta de todo tipo de postos de comida…, e a mesquita contemporánea na que se pode observar esculturas e santos.
    Ten dous climas importantes, na costa o mediterráneo e no interior continental. En Marrocos hai unha lingua oficial (o árabe) aínda que unha pequena parte da xente tamén fala francés, español ou berebér. Varios tipos de culturas e relixións como pode ser a musulmana, a xudia ou a cristiá.
    Polo xeral, o principal saúdo alí e un apretón de mans, o que demostra a verdadeira hospitalidade dos marroquíes, eso si, non lles gusta que se refiran a eles mediante a palabra “moros”. A vestimenta é informal.
    En este destino pódense atopar as montañas de Atlas co seu pico máis alto o Toubkal duns 4167m.
    Aínda que pareza incrible atópase a tan só aproximadamente uns 14 km de España cruzando por Xibraltar ao que se pode acceder por distintos tipos de transporte e entre eles o aéreo moi importante debido a que no aeroporto de Casabranca se recibe moita mercancía que chega desde fóra e moitos turistas que deciden acceder ao país mediante o avión; outro medio de mercancías e o transporte marítimo. Despois, non cabe dúbida que hai medios menos utilizados: son a carretera e o ferroviario.

    Documentación:
    http://www.sprachcaffe.com/espanol/study_abroad/language_schools/rabat/info_m arruecos.htm
    http://maroc.costasur.com/es/index.html
    http://www.marruecosturismo.net/
    http://www.africainfomarket.org/paises/informacion-general-economica/marruecos/135
    http://www.guiamundialdeviajes.com/country/180/general_information/%C1frica/Marruecos.html

    Autora:
    Anna Nieto Lago

  5. MURCIA

    Lugar: A Murcia; Parroquia: Santa Cristina; Concello: Cospeito; Provincia: Lugo.
    Murcia, comunidade autónoma do Levante. Cidade capital da comunidade

    Murcia é unha comunidade autónoma situada ao sudeste da Península Ibérica entre Almería (Andalucía) e Alicante (Comunidade Valenciana). A súa capital é a mesma Murcia.

    A cidade ten cerca duns 442.203 habitantes, por iso ocupa o 7º posto na lista dos municipios por poboación. O idioma é o castelán.

    Clima: disfruta un clima mediterráneo seco, a súa temperatura media anual é de 17,8 °C, con invernos fríos e veráns calurosos.

    Na xeografía destaca: o río Segura, o mar Menor e sobre todo o Mediterráneo, o cabo de Palos moi coñecido, e o golfo de Mazarrón.
    Sitios mais coñecidos: o Museo Arqueolóxico dos Baños que mostra os restos das termas romanas.
    As súas praias son moi coñecidas como por exemplo Malvarrosa.

    Documentación:
    es.wikipedia.org/wiki/Murcia

    Autora:
    Valeria Bello Tobío

  6. TRAS OS MONTES
    Lugar: Tras o Monte, parroquia: A Faeira, concello: As Pontes de García Rodríguez, provincia: A Coruña.
    Correspondencia: Tras os Montes (Portugal).

    TRAS OS MONTES (PORTUGAL).
    O territorio portugués de Tras os Montes limita con Galicia polo Norte, polo Leste con León, polo Oeste limita co río Támega e por último co río Douro.

    ë unha zona montañosa con vilas pequenas e moitas aldeaas de difícil acceso. As estradas son estreitas e con moitas curvas, antigamente non había e era un dos lugares máis incomunicados de Portugal. é unha zona con moi pouca poboación.

    En Tras os Montes dase o viño, o millo, os produtos de horta … pero hai que traballar moito para conseguilos porque ao ser un sitio moi montañoso teñen moitas dificultades pera mecanizar a agricultura.

    Documentación:

    http://www.arecetas.com/doportugal/detrasosmontes.html

    http://es.wikipedia.org/wiki/Tr%C3%A1s-os-Montes

    Autor:
    Alejandro Rey Bustelo

  7. CUBA
    Lugar: Cuba, parroquia: Argamoso, concello: Mondoñedo, provincia: Lugo

    A illa de Cuba está situada entre o océano Atlántico e o mar Caribe. O seu clima é tropical. Ten unha temperatura media de 25,5 grados.

    En Cuba viven 11.346.670 habitantes, hai 102 habitantes por km2. Está formada por descendientes españois, africanos e asiáticos. O 73% da poboación é de raza branca, o 14% de mestizos e o 12% de negros.

    Cultívase principalmente cana de azucre, café, arroz e tabaco. Os cubanos teñen comidas variadas grazas á influencia de países como España, África, Francia, etc. Bébese habitualmente mojito e daiquirí, feitos a base de ron, que a súa vez está elaborado a partir de cana de azucre.

    Ten un nivel alto de instrución, xa que a ensinanza é gratuita e obrigatoria. Os territorios do país teñen diferentes zonas de eventos, como salas de teatro, museos, galerías e cines.

    Documentación: http://www.taxihispano.com/cub/info.htm

    Adan Mariño Brea

  8. O CABO
    Lugar: O Cabo, parroquia: Penamaior, provincia: Lugo, concello: Becerrá
    Cidade do Cabo, África

    Cidade do Cabo é a segunda ciudade máis poblada de Sudáfrica despois de Johannesburgo. Conta cunha grande área metropolitana.
    Cidade do Cabo é famosa polo seu porto, e tamén pola súa flora. Considerase unha das ciudades máis fermosas do mundo por a súa xeografia.
    Localizada na cosa da Baía da Mesa, a Cidade do Cabo foi desenvolvida pola Companhia Holandesa das Índias Orientais como unha estación de abastecimiento de navios.
    A cidade é importante polo comercio e industria, tendo un dos principais portos do país.

    Documentación:
    Http://www.viagem.uol.com.br/guia/cidade/cidade-do-cabo.jhtm

    Autor:
    Franco Jesús PazosVera 1ºa

  9. BURGOS

    Lugar: O Burgo, parroquia: San Estevo de Oirán, concello: mondoñeedo, provincia: Lugo
    Burgos e unha cidade española situada no norte da península ibérica, capital da provincia do mesmo nome.
    Conta cunha poboación de 179.251 habitantes según os datos demográficos do 2011 repartíronse nunha superficie de 107,06 Km2, é a cidade nº 37 sse temos en conta o número de habitantes.
    Existen probas de asentamentos durante o neolítico e a idade de ferro onde hoxe está a cidade. Considérase que foi fundada polo conde Diego Rodríguez no ano 884. Cara o ano 930 converteuse en capital do condado de Castela. Foi a capital do reino de Castela e de maneira intermitente da coroa de Castela, dende 1230 ata o reino dos Reis Católicos. Posteriormente foi a capital da antiga rexión Castilla la Vieja e a primeira capital provisional da comunidade de Castela en León.
    A cidade experimentou unha forte industrialización durante o século XX, principalmente ao sector automobilístico e de alimentación. Estes factores unidos a un sector terciario desenrolado con presenza destacada do turismo a converten na 18 cidade en actividades económicas.
    Burgos ten varios eventos característicos internacionais, coma o congreso de redes sociais, o festival de música electrónica e nacionais coma as xornadas de foroburgos entorno entorno o sector económico.

    Documentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/burgos

    Autor: Segi López Biel

  10. PORTUGALETE:

    Lugar: Portugalete, parroquia: San Cristovo de Castro, concello: carballedo, provincia: Lugo

    Portugalete atópase no norte da provincia de Biscaia, preto do esteiro do río Nervión.
    Fai fronteira con Santursi, Sestao, o río Nervión e con Guecho, Trapagan, Outerlla e Montes Triano.
    MONUMENTOS:
    Basílica de Santa María.
    Torre da Salazar.
    A famosa ponte colgante de Portugalete.
    Os Bustos de Felix Rodriguez de la Fuente.
    FESTAS:
    -San Roque (16 de agosto)
    -A Virxe da Guía (1 de xullo)
    -San Nicolás (6 de setembro)
    -Exaltación da Santa Cruz (14 de setembro)
    -San Cristovo (10 de xullo)
    COSTUMES:
    O 15 de agosto celébrase “La Diana de Portugaluja” que é a festa da patrona da vila coa banda de música municipal e as cancións propias da celebración cantadas polos asistentes á celebración.
    HISTORIA:
    O significadode Portugalete non o sabemos primeiro porque non había unha área onde houbese castelanfalantes cando foi fundada e segundo porque moitos historiadores están dando a súa orixe euskerica. O seu nome poderiamos dividilo en duas partes: Portu e Ugaleta. O nome orixinal seria Ugaleta o que ten o seu significado en abundante superficie en augas e posteriormente polo influencia romana da Portus.
    O topónimo Ugaleta está presente en moitas áreas cercanas xa que era común na zona onde se atopa Portugalete.

    Documentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/portugalete

    Autora:
    Alba Suárez Arufe

  11. EIRÉ

    Parroquia: Eiré, concello: Pantón, provincia: Lugo

    Éire
    Éire e o nome irlandés de Irlanda.
    A súa capital e Dublín, ten aproximadamente uns 4.581.269 habitantes. O inglés e o gaélico son as súas linguas oficiais e os xentilicios do lugar son Irlandés e irlandesa.
    A república e a súa forma de goberno.
    O 95% da poboación de relixión católica romana e o 5% son protestantes
    Irlanda é un país que se sitúa no noroeste de Europa formando parte do arquipélago británico. A súa superficie é duns 84.421 km². A costa oeste está bañada polo Océano Atlántico formada a maior parte por cantiles, no noreste atopase o Canal do Norte e no este o Mar de Irlanda.
    A illa está atravesada, a parte de por outros moitos ríos, polo Shannon o que deixa unha gran cantidade de lagos grandes e pouco profundos como o Lough Derg.
    Tamén están os montes de Donegal co seu cume máis alto o Carrantuonhill (1.041 m).
    Dende a Idade Media Irlanda estaba baixo o control e poder de Inglaterra formando parte do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.
    En 1921 había unha gran cantidade de alzamentos por conseguir a independencia e rematar co dominio británico o que resultou, coa consecuencia de que 6 condados onde había máis influencia protestante seguirían baixo o goberno británico. O que divide a illa en dous como actualmente en Irlanda do Norte e o país Irlanda.
    O seu clima e suave con tendencia a tormentas e ventos húmidos do Atlántico.

    Documentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Irlanda
    http://nuke.mevoyairlanda.com/Irlanda/General/tabid/64/Default.aspx

    Autora:
    Alba Gil Seoane

  12. ORÁN

    Lugar: Orán, parroquia: Santa María de Valonga, concello: Pol, provincia: Lugo

    Orán (Alxeria)

    Situación xeográfica:
    Nordeste de África, bañada polo mar Mediterraneo
    Poboación:
    Neste lugar atópanse empadronados arredor duns 674.273 habitantes.
    Histora:
    Fundouse no século X polos musulmáns coa idea de comerciar África con Al-Ándalus.
    No ano 1509 Orán foi conquistada polos españois (que nesa época estaba gobernada por Cardenal Cisneros e Pedro Navarro) e formar parte desta ata 1708, que pasou á máns dos turcos.
    Tras as grandes discusións con España, Orán sufriu unha guerra con Francia. Esta guerra fixo que pasase a pertencer a Arxelia.

    Documentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/oran/

    Autora:
    Leda Penabade da Vila

  13. VILLAVERDE

    Lugar: Vilaverde, parroquia: Quins, concello: Melón, provincia: Ourense.

    Villaverde, Madrid

    Villaverde está en Madrid dende 1954 ten 126.802 habitantes. Limita con Leganés, Getafe, río Manzanares, Vallecas e Usera. Este lugar ten un 20% de inmigrantes.
    Ao estar preto de Madrid ten un clima con temperaturas extremas e precipitacións pouco abundantes.

    Documentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Villaverde_%28Madrid%29

    Autor:
    Martín Manuel Chaves Fraga

  14. OCUMARE DEL TUY

    Lugar: Tui, parroquia: O Sagrario de Tui. concello: Tui, provincia: Pontevedra
    Lugar: Ocumare del Tuy, Venezuela.

    Ocumare del Tuy é a capital do Municipio Tomás Lander, un que conforma ao estado Miranda de Venezuela. Foi fundada en 1673 polo pai Manuel Alesson como San Diego de Tuy Abaxo no que hoxe se coñece como os Vales do Tuy; ao sur de Caracas, cruzado polo rio Tuy. Durante a guerra de independencia en Ocumare del Tuy ho moitas matanzas.
    Entre o 27 de abril de 1904 ao 14 de xaneiro de 1927 Ocumare del Tuy foi a capital do estado Miranda antes de que a trasladaran aos Tekes.
    As dúas teorías sobre a orixe do nome son as de Arístides Vermellas e Gilberto Antolínez. Segundo Vermellas, a palabra Ocumare provén da voz do caribe «cumari´´, especie de planta espiñenta. Segundo Antolínez, Ocumare era como chamaban ao «ocumo´´ os grupos de Venezuela. En canto a Tuy, a palabra podería ser de orixe española (existe unha cidade medieval chamada Tui en Pontevedra, España), pero Vermellas insiste na súa orixe indíxena que «Tucuy´´ era usado por «Cumanagotos e Caquetios´´, e que o vocábulo contraeuse cando empezou a ser usado polos conquistadores españois.
    Xa logo de fundada, a cidade foi coñecida como San Diego de Alcalá da Sabana de Ocumare do Tuy, nome da parroquia eclesiástica creada o 7 de febreiro de 1693 polo bispo Diego de Baños e Sotomayor.

    Documentación:
    http://venciclopedia.com/index.php?title=Ocumare_del_Tuy
    Autor:
    Santiago Esparís Matanza

  15. CAMP NOU

    Lugar: Campo Novo. Parroquia: Palmés. Concello: Ourense. Provincia: Ourense
    Camp Nou: campo de fútbol de Barcelona.

    O Camp Nou significa “Campo Novo”. E un recinto deportivo, situado en Barcelona onde xoga o principal equipo da cidade.
    A súa inauguración foi no ano 1957, e foi bautizado co nome de Estadio do F.C. Barcelona. Non foi, ata o ano 2001, no que se nomeou oficialmente co nome actual. A súa capacidade actual é de 99.354 espectadores e tratase do estadio que ten máis capacidade de Europa e o sexto do mundo.
    No ano 1.998 foi catalogado como o estadio de categoria de elite pola UEFA. É un estadio no que hai importantes eventos deportivos, tamén sociais e musicais.

    ocumentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/camp nou
    Autora:
    Nerea Vidal Boullón

  16. ANTEQUERA
    Lugar: Antequeira, parroquia: Oín, concello: Rois, provincia:A Coruña.

    Antequera, Andalucía
    Antequera atópase en Andalucía, Málaga. Esténdese dende o centro de Málaga ata o límite coa provincia de Córdoba. É o municipio máis grande de Málaga.
    En Antequera hai unha gran actividade agraria, porque ten unhas das terras máis fértiles da provincia de Málaga. Os alimentos máis producidos nesta cidade son as fariñas e os azucres.
    Os pratos típicos son: angelorum mantecados, bienmesabe, chanfaina, porra antequerana.
    A artesanía típica é: traxes rexionais, canterías, forxa, ebanistería, artigos de esparto, vidro, barro, artigos de madeira e artigos de coiro.
    Un dos eventos culturais máis importante de Antequera é o “Antequera Blues Festival” que se celebra dende o ano 1988. Este festival celébrase nas fins de semana do mes de xullo.

    DOCUMENTACIÓN:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Antequera#Monumentos_y_lugares_de_inter.C3.A9s
    http://www.pueblos-espana.org/andalucia/malaga/antequera/
    http://www.antequera.es/antequera/municipio/index.html

    AUTORA:
    María Otero Anguiano

  17. FLORIDA

    Lugar: Florida; parroquia: O Mato; concello: Palas de Rei; provincia: Lugo.
    Florida, Estados Unidos

    Florida é un estado situado na rexión Sur de Estados Unidos e a súa capital Tallahassee, cunha poboación de 156.612 habitantes. Ten unha latitude de 24 graos e 30 minutoos Norte a 31 graos e 0 minutos Norte. Limita co golfo de México ao Oeste; co Océano Atlántico ao Este; e ao Norte cos estados de Georgia e Alabama. A súa superficie é de 170.305 km2 dos cales o 18% (30.634 km2) son auga.
    Descubríuna Juan Ponce de León un luns de Pascua de Resurrección, tamén coñecida como Pascua Florida, de aí o seu nome.

    Tamén ten outros nomes como “ The Sunshine State ”(“O Estado Soleado”) e o seu lema é “In God We Trust” (“En Deus Confiamos”)

    DOCUMENTACIÓN
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Florida

    AUTORA
    Ana Sabugueiro Gómez

    • PROVENZA

      Lugar: Provenza, parroquia: Santa María de Outara, concello: Pobra de Brollón, provincia: Lugo

      Provenza é unha provincia Francesa que limita co Condado de Niza, co mar Mediterráneo, o rio Ródano e co monte Ventoux, atopasé no sureste de Francia.

      Abundan as cuíñas de viñedos e campos de lavanda, arboedas de oliveiras e moreiras. A súas paisaxes serviron de insipiración para moitos artistas como Cézanne, Van Gogh e Chagall .

      Antigamente foi poblada por fenicios, gregos, galos, romanos, visigodos, ostrogodos, burgundíos, tolosanos, aragoneses, españois, ligures, xenovesas… polo que hai moita diversidade cultural.

      En Provenza está a Riviera francesa e os portos de Marsella e Tolón, coñecidos en todo o mundo.
      É un sitio onde aínda se conserva a lingua provenzal.

      Como medio de comunicación utilizase os ferrocarrís serven para o dreprazamento entre cidades distintas e os autobuses e os coches serven para recorrer o lugar de forma turistica.

      Documentación
      http://es.wikipedia.org/wiki/Provenza
      http://www.tripadvisor.es/Tourism-g187208-Provence-Vacations.html
      http://www.la-provenza.es/

      Autora:
      Karla Saenz Porras.

  18. CARBOEIRO DE FRANCIA

    Lugar: Carboeiro de Francia; parroquia: Carboeiro (Santa María); concello: Silleda; Provincia: Pontevedra.

    FRANCIA

    Francia é un estado europeo.A súa capital é París (a cidade do amor), é membro da Unión Europea e foi un dos fundadores no ano 1952. Limita xeograficamente: no sur con España e Andorra. No norte coas Illas Británicas e Bélxica; no leste con Luxemburgo,
    Alemaña, Suíza e Italia.
    A súa forma de goberno é unha república, e súa poboación é de 64,3 millóns de habitantes nunha superficie total de 550 000 quilómetros cadrados.
    O que máis destaca deste país son: a moda, a industria automobilística (Renault), a industria aeroespacial, a gastronomía, que xoga un gran papel alí, xa que se fan pratos moi exquisitos e modernos.

    Documentación:
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Francia_-_France
    http://europa.eu/about-eu/countries/member-countries/france/index_es.htm

    Autor:
    Miranda Juncal, Angel

  19. CASABLANCA

    Lugar: Casabranca, parroquia Santa Martiña de Taboada, concello: Monfero, provincia: A Coruña
    Casablanca, Marrocos

    Casablanca é unha das cidades máis cosmopolitas de Marrocos con 2.950.000 de habitantes.Está na beira do océano Atlántico despois do estreito de Xibraltar.
    Estase convertindo nunha cidade industrializada, aínda que permanece unha gran presenza relixiosa, cunha das máis grandes mesquitas do mundo, a Mesquita de Hassan II. É unha mesquita moi visitada en Casablanca xunto con outros moitos lugares de turismo como:
    -O porto de Casablanca: é un dos portos máis grandes e desde alí pódense observar moitos barcos.
    -Nova Medina: é un dos barrios máis recentes da cidade.
    -Antiga Medina: é un antigo barrio árabe na cidade.
    -Lugar de Mohamed V: é a praza central da cidade.
    -O mercado central: mercado da cidade.

    Lugar de Casabranca
    É un lugar moi pequeno do concello de Monfero, norte da provincia da Coruña. Tiña seis habitantes en 2010 dos cales 4 eran mulleres e 2 homes.

    Documentación:
    http://gl.wikipedia.org/wiki/A_Casabranca,_Taboada,_Monfero
    http://www.hotelesmarruecos.org/casablanca.php
    http://www.turismomarruecos.com/oferta/viajes/casablanca/set.html
    http://www.marruecos.org.mx/presentacion_poblacion.htm

    Autor:
    Lois Meira López

  20. BURGOS

    Lugar: O Burgo, parroquia: Santiago Peregrino, concello: Pontevedra, provincia: Pontevedra
    Burgos: cidade de Castela e León.

    Situase ao norte da Península Iberica. Ten unha poboación de 179.251 habitantes . É a cidade nº 37 das máis poboadas en España . Ten 107’08 quilómetros cadrados.
    Limita con Alava, Rioja, Soria, Segovia, Valladolid, Palencia e Cantábria.

    Documentación:
    Burgos – Wikipedia, la enciclopedia libre

    Autor:
    Álex Mosquera Garea

  21. LEÓN

    Lugar: León, parroquia Santa Baia de León, concello de Vilamarín, provincia de Ourense.
    Lugar León, Provincia de León, Comunidade autónoma Castilla-León.

    León é a cidade capital da comunidade autónoma de Castilla-León e a da provincia de León. A cidade está situada no noroeste da Península Ibérica. Pasan dous ríos por León, o río Bernesga e Torío, o seu xentilicio é leonés/a.
    Foi fundada polos romanos que montaran un campamento militar chamado “Legio VI Victrix ” no ano 79 a.C.
    Os principais monumentos de León: a catedral gótica chamada Pulchra Leonina ou coñecida tamén como a catedral de Santa María de León, a Basílica de San Isidoro e “ A casa de Botines ” feita polo arquitecto catalán Antonio Gaudí.
    Ten unha gran gastronomía en embutidos e todo tipo de carnes, e por León pasa o Camiño de Santiago.

    Documentación:
    Web: Galipedia.org e http://www.aytleón.com

    Autor:
    Alberto Arcay Méndez

  22. MEDINA DE RÍOSECO

    Lugar: Rioseco,concello: Calvos de Randín, provincia: Ourense
    Medina de Ríoseco, Valladolid, Castilla-León

    Medina de Ríoseco encóntrase cerca dun río chamado Sequillo a uns corenta Kilómetros de Valladolid.
    Foi fundada na época romana.Ten 4.977 habitantes.

    Este lugar tamen recibe o nome de A Cidade dos Almirantes. Deuselle o nome do río que ten xusto ao lado, aínda que chegouselle a chamar “La India Chica” debido a riqueza da cidade.

    Documentación:
    http://www.venio.info/pregunta/cuantos-habitantes-tiene-medina-de-rioseco-valladolid-8053.html
    http://www.pueblos-espana.org/castilla+y+leon/valladolid/medina+de+rioseco/

    Autora.
    Lidia Quintela Rial

  23. VILARREAL

    Lugar: Vilarreal, parroquia: Ribas do Sil, concello: Quiroga, prvincia: Ourense.

    VILLAREAL; Valencia

    Villareal é unha ciudad da comunidade valenciana. Encóntrase ao sureste da provincia de Castellón na comarca da Plana Baja. Está situada a 8 Km. ao sur da capital da provincia, elevada a uns 42 m sobre o nivel do mar, ten 55,4 km cadrados.
    Conta cuns 51.367 habitantes. Durante a primera mitad do século XX dedicouse ao cultivo de laranxas. Hoxe ten unha importante industria de azulexos. TAmén é coñecida polo equipo de futbol o Villarreal FC.

    Documentación:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Villareal
    http://es.wikipedia.org/wiki/Villarealribasdosil

    Autor:
    Alejandro Dosil Souto

  24. RIO DE JANEIRO
    Lugar: Río, parroquia: Ventosa, concello: Agolada, provincia: Pontevedra.

    Río de Janeiro en Brasil
    Río de Janeiro está situado ao sur do Brasil, na baía de Guanabara.
    O seu nome completo é Sao Sebastiao do Río Janeiro, é a segunda cidade máis poboada de Brasil, tempo atrás foi capital do país.
    E recoñecida mundialmente por a estatua do Cristo Redentor e tamén por o Pan de Azucre. As praias máis coñecidas son de Copacabana e Ipanema, o Parque Nacional de Tijuca, o estadio Maracaná, os seus famosos e ostentosos carnavais, o seu baile característico é a samba.
    O seu clima é tropical con veranos cálidos e invernos suaves. As súas temperaturas poden pasar dos 30º.

    Documentación:
    http://turismoonline.com/destinos/brasil/rio-de-janeiro

    Autora:
    Sara Alonso Acevedo

  25. CALDAS

    Lugar: Caldas, concello:Caldas de Reis, provincia: Pontevedra
    Caldas: atópase no suroeste do estado de Minas Gerais, Brasil.

    Caldas é unha poboación duns 150.095 habitantes.
    Antiguamente, neste fermoso pobo, habitaban grupos de indíxenas, de distintas razas.
    No século XVII atoparonse abundantes fontes de augas quentes e deulle o nome de “Aguas de Caldas”. A sona das propiedades medicinais destas fontes extendeuse por todo o país e fixo que a localidade se fora habitando cada vez máis debido ás propidades de fertilidade destas augas.

    Documentación:
    htpp://pt.wikipedia.org/wiki/Caldas
    Autora:
    Leda Penabade da Vila

  26. SAN SALVADOR

    Lugar: San Salvador, parroquia: Santiago de Allariz, concello: Allariz, provincia: Ourense

    Salvador de Bahía, Brasil:

    Salvador é unha cidade brasileira capital do estado de Bahía. Esta cidade está en América do Sur nunha península bañada polo Océano Atlántico na parte noroeste de Brasil. Os habitantes chámanos soteropolitanos pola tradución do nome grego Soteropolis ao español Cidade do Salvador.

    Ten aproximadamente 3.767.902 habitantes e a superficie do municipio de Salvador é de 706,8 km²

    En 1549 foi nomeada São Salvador da Bahía de Todos os Santos baixo o mando de Tomé de Sousa.

    O clima é de tipo tropical cunha temperatura dunha media de 25ºC refrescándose tamén polas brisas do Océano Atlántico

    Tamén é un famoso destino turístico, son moi visitadas as praias como a Praia del Flamenco, o Porto da Barra, e tamén é moi coñecida polos carnavais.

    Documentación:
    http://www.losmejoresdestinos.com/destinos/brasil/bahia/salvador/salvador_de_bahia.php
    http://es.wikipedia.org/wiki/Salvador_de_Bah%C3%ADa

    Autora:
    Alba Gil Seoane

  27. VALENCIA

    Lugar: Valencia de Sil, parroquia: Valencia de Sil, concello: Vilamarín, provincia: Ourense
    Valencia, cidade do levante de España

    Valencia é una das cidades máis grandes de España, de case un millón de habitantes. Ao estar á beira do mar Mediterráneo dispón de fermosas praias.
    A cidade de Valencia tamén é rica no seu patrimonio cultural, teñen importantes monumentos como recorrendo as torres de Quart, as torres do Serreano, a Catedral e o Barrio do Carme. É coñecida por ser una cidade á que van moitos turistas a visitar.

    Documentación:
    http://www.valenciavalencia.com

    Autor:
    Adrián Carrillo Garrido

  28. BAIONA

    Lugar: Baiona, parroquia: Baiona, concello: Vigo, provincia: Pontevedra
    Baiona, Francia
    A cidade de Baiona situase na rexión de Aquitania, próxima ao País Basco. Ten 45.636 habitantes. Foi fundada no ano 950 sobre as ruínas dun antigo castro romano. Fálase francés, gascón e éuscaro. O nome de Baiona vén dun aumentativo do vasco e do latín Baia.
    Durante anos formou parte do ducado de Aquitania, pasou a dominación inglesa no ano 1155.
    Desenvolvéndose como un importante porto.

    Documentación:
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Baiona_-_Bayonne
    Autora:
    Claudia Pulgar Méndez-Benegassi

  29. TOLEDO

    Lugar: O Toledo, parroquia: Castrelo de Miño, concello: Castrelo de Miño, provincia: Ourense.
    Toledo: provincia de Castilla la Mancha, Toledo atópase na España central cerca de Madrid.

    As orixes da cidade de Toledo xa se remontan na historia ata a Prehistoria, no Neolítico Toledo era un pobo celtibérico amurallado, construído sobre o coñecido “cerro del Bú”. Ao longo dos tempos Toledo tivo diferentes nomes que foron cambiando.
    Foi un berce de civilizacións, un lugar de batallas e guerras e un escenario de acontecementos importantes na historia de España. As lendas din que o fundador de Toledo foi Hércules, a cidade foi encargada facer por o romano Marco Fulbio Nobilior. A cidade despois de ter varios gobernantes empezou a ter epidemias, crises e empezou a declinar.
    Durante o século XIX Toledo experimentou un cambio grande.
    Despois da Guerra Civil a cidade empezou a medrar e emprendeu un novo período na historia.
    Hoxe Toledo é a capital de Castilla la Mancha e foi declarada “ Cidade Patrimonio da Humanidade» pola UNESCO en 1986.
    O xentilicio de Toledo é toledano.
    A poboación total é de 74.578 habitantes.

    Documentación:
    http:/www.publispain.com/viajes/toledo/historia/htm
    http:/www.toledo-turismo.com/turismo/contenido/mas-toledo/toledo-historia.aspx

    Autora:
    Natalia Noya Fernández

  30. SAN TOMÉ

    Lugar: San Tomé, parroquia: Freás de Eiras, concello: Ramirás, provincia: Ourense.
    Santo Tomé, Illas Virxes

    Santo Tomé é unha república ao oeste de África. Esta illa pertence a un arquipélago composto por Santo Tomé, Príncipe e uns pequenos illotes. O arquipélago é de orixe volcánico. Case o 80% da poboación vive en Santo Tomé; aínda que o 75% da illa sexa bosque. O seu clima é tropical, case sen variacións de temperatura (26º).
    Este arquipélago é bastante descoñecido por moita xente.
    Os seus principais produtos agrícolas son o cacao, copra e café.

    HISTORIA
    A illa de Santo Tomé estaba habitada cando, no 1470, os portugueses a conquistaron convertendo aos seus habitantes en escravos para producir azucre.
    Máis adiante disputada polos franceses e holandeses, a illa converteuse na maior produtora de azucre do mundo.
    Aínda que no 1530 os indíxenas fixeron unha revolta que fixo trasladar aos donos das plantacións a Brasil; pero a illa quedou igualmente supeditada para producir café e cacao.
    En 1975 Portugal viuse obrigada a deixar libre aos habitantes de Santo Tomé e Príncipe.
    En estas illas a principal relixión é a católica.
    Santo Tomé ten aproximadamente 144.000 habitantes; a súa moeda é a Dobra. E o seu principal idioma é o Portugués.

    Ducumentación:
    http://www.fasub.org/santotomeyprincipeinf.asp

    Autor:
    CHRISTIAN CAPEÁNS PÉREZ

  31. SAN MARCOS

    Lugar: San Marcos, parroquia: Pardesoa, coñcello: Forcarei, provincia: Pontevedra.
    San Marcos de Venecia (Italia)

    O barrio de San Marcos está ubicado na parte sureste de Venecia, foi sempre o nùcleo da cidade desde que foi fundada.
    Rodeado polo meandro do Canal Grande, o barrio de San Marcos, cos séculos foi ampliándose e agora é o espazo público mais importante da cidade, o único que de verdade marece o nome de praza, a diferencia das outras prazas de Venecia que se chaman campos.
    Na praza de San Marcos desde sempre se celebran as festas máis importantes da cidade como é o Carnaval de Venecia.

    Basílica de San Marcos
    É unha das catedrais máis fermosa, tanto do continente europeo como do mundo. Nela mestúranse distintos estilos.
    A súa construción actual data do ano 828 cando foi roubado por dous mercaredes dunha tumba de Alexandría o cadaber de San Marcos e levado a Venecia para entregarllo ao ducado.

    Documentación:
    http://www.venecia.es/visitar-venecia/san-marco/
    Autor:
    Manuel Blanco Vigo

  32. SANTA CRUZ

    Lugar: A Santa Cruz, parroquia: Santa Cruz de Grou, municipio Lobeira.
    A maior parte dos turistas que van alí proveñen do sendeirismo.

    Santa Cruz de Tenerife (Illas Canarias)
    Esta illa atópase na Comuniade Autónoma das illas Canarias, das que é a capital. Tamén é a capital da illa de Tenerife e da provincia de Tenerife.
    O xentilicio deste lugar é santacruceo/-a ou chicharrero/-a e ten máis de douscentos mil habitantes.
    Ten uns 150,56 km², e é unha cidade bastante famosa grazas aos seus entroidos, que a nivel mundial considéranse os máis importantes despois de Río de Janeiro (Brasil).

    Documentación:
    http://www.todopueblos.com/ourense.net/santa-cruz-de-grou/
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Santa_Cruz_de_Grou,_Lobeira
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Santa_Cruz_de_Tenerife
    http://www.carnavaltenerife.es/

    Xulia Sánchez Rguez.

  33. ROMA

    Aldea: Roma, parroquia: Piñor, concello: Barbadás, provincia: Ourense
    ROMA :Capital do estado de Italia.

    ROMA
    Poboación: 4.000.000 de habitantes.
    Superficie:1.285 quilómetros cadrados.
    Altitude:13 metros.
    É a capital de Italia é unha das capitais con máis historia de Europa. Acolle a cidade Do Vaticano que ten o maior poder relixioso do mundo.
    Situase a 20 quilómetros do mar Tirreno. A a súa lingua orixinaria e o italiano.
    Como conta a lenda esta cidade foi fundada por Rómulo e o seu xemelgo Remo. Estes seguindo o rito etrusco trazaron cun arado o perímetro da novas cidade e Rómulo xurou matar a aquel que cruzara a fronteira sen avisalo.
    A esta cidade poríalle o nome aquel dos irmáns que conseguira ver máis paxaros, Rómulo gañou e o seu irmán con rabia por perder borrou os límites da nova cidade e Rómulo seguindo o seu xuramento matouno.
    Despois converteríase na capital do impero romano.
    Hoxe en día Roma conta cunha gran herdanza arquitectónica e turística, os seus barrios son unha mestura de edificios de medievais, antigos…
    esta fermosa cidade pódense visitar moitos sitios con interese turístico

    DOCUMENTACIÓN:
    http://sobreitalia.com/2009/01/14/leyenda-de-romulo-y-remo-y-la-fundacion-de-roma/

    AUTORA:
    Alba Suárez Arufe.

  34. PORTO

    Lugar: Porto, parroquia: Maus, concello: Vilas de Barrio, provincia: Ourense.
    Oporto/Porto (Portugal).

    Oporto, ou en portugués Porto, é a segunda cidade máis importante de Portugal, despois de Lisboa. Ten aproximadamente 237.559 habitantes. Encóntrase no norte do país, na ribeira dereita do rio Douro, na súa desembocadura no Océano Atlántico. Limita ao norte con Matosinhos e Maia, ao leste por Gondomar, ao sur por Vila Nova de Gaia e ao oeste polo Océano Atlántico.
    O centro histórico da cidade foi nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
    O principal produto que exporta é o viño do Porto, produto apreciado e recoñecido mundialmente.
    Oporto foi capital europea da cultura no ano 2001.

    Documentación:
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Porto,_Portugal
    Autor:
    Daniel E. Vila Mateus

  35. BIZCAIA

    Lugar: Bizcaia; Parroquia: Arroxo; Concello: Sober; Provincia: Lugo.
    Bizcaia, País Vasco.

    Bizcaia é unha provincia da comunidade de Euskadi. Está situada no norte da Península Ibérica e ten unha extensión de 2.217 Km2 e 80 Km de costa bañada polo mar Cantábrico. As súas linguas son o euskera e o castelán. O seu nome, en euskera, pode significar “cima”, “cuíña”, “cima de Igueldo” ou “porto de escuma”.
    Biscaia conta con 1.141.457 habitantes, denominados «biscaíños»e a súa densidade de poboación é de 514,1 hab/km.
    Na súa xeografía destaca:
    O Golfo de Biscaia; tamén chamado Gascuña ou de Gascoña. Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos,en Francia; e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro-Urdiales, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz, Tamén en Francia.
    A capital de Biscaia é Bilbao, dividida pola ría do mesmo nome, tamén coñecida como ría do Nervión ou do Ibaizabal, que o atravesa e divídeo en dúas zonas, á dereita a zona vella ou Sete Rúas e á esquerda o Ensanche.
    DOCUMENTACIÓN
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Provincia_de_Biscaia_-_Bizkaia
    AUTORA
    Ana Sabugueiro Gómez

  36. EXIPTO

    Lugar: Exipto, Parroquia: Abanqueiro, Concello: Boiro, Provincia: A Coruña
    Exipto, país de África

    EXIPTO
    E un país situado no nordeste de África. Ao norte limita co Mar Mediterráneo, ao oeste con Libia, ao sur Sudán e ao leste fai fronteira con Israel e limita co mar Vermello.
    Exipto é un dos países mais poboados de África, a maior parte das rexións están no deserto do Sáhara. A súa capital e O Cairo. En Exipto está tamén a cidade de Alexandría moi importante na antiguidade e na actualidade.
    Ten una de las civilizacións máis antigas do mundo, esta civilización sempre foi moi interesante para a xente do mundo occidental. Viaxeiros de todos os países foron alá e quedaron marabillados co que atoparon, uns monumentos históricos que dan fe da existencia, hai máis de cinco mil años, dun grande desenvolvemento científico e artístico difícil de imaxinar para a época.
    Entre os monumentos máis importantes están as piramides, a gran esfixe, a cidade meridional de Luxor contén un gran número de restos antigos, tales como o templo de Karnak e o Val dos Reis.
    Hoxe é un país moi dinámico, un dos máis importantes do Próximo Oriente

    EXIPTO DE BOIRO
    Exipto é unha aldea da parroquia de Abanqueiro no municipio de Boiro. Está nunha zona de costa, cerca da praia de Mañóns e tamén da de Barraña.
    Teñen unha ermida coa Virxe e o neno Xesús na burra, e San Xosé coa corda, que ten o significado de cando tiveron que fuxir co neno Xesús ao Exipto de África cando os perseguía o rei Herodes. Hai tamén unha pequena pirámide.

    DOCUMENTACIÓN:
    http://www.guiarte.com/destinos/africa/egipto.html
    http://recunchosdeboiro.blogaliza.org/egipto-boiro/

    AUTORA:
    Nayara Castro Fontans

  37. SANTIAGO

    Lugar: Santiago de Compostela, concello de Sanatiago de Compostela, provincia da Coruña.
    Santiago de Chile, capital do estado de Chile, América do Sur.

    Santiago de Compostela
    Santiago de Compostela é unha cidade de case 100.000 habitantes, situada no centro de Galicia.
    É coñecida no mundo enteiro por contar cunha catedral que é un dos maiores símbolos relixiosos da cristiandade. Santiago é o fin da rota de peregrinacións desde hai máis de mil anos para visitar o sepulcro do apóstolo Santiago e é onde acaba o camiño de Santiago.
    En Santiago tamén hai unha universidade con varias facultades e é a capital de Galicia.

    Santiago de Chile
    Santiago de Chile é a capital da República de Chile. Conta con máis de seis millóns habitantes, está situada na rexión central de Chile a uns cincocentos metros sobre o nivel do mar, ten corenta quilómetros de este a oeste e trinta e cinco quilómetros de norte a sur.
    Estes son os monumentos e as zonas de importancia en Santiago de Chile: un museo de Belas Artes, un teatro municipal, o Barrio Brasil, o Barrio Suecia, o Barrio Bellavista, o Cerro San Cristóbal

    DOCUMENTACIÓN:
    http://www.red2000.com/spain/santiago/1santia.html
    http://enciclopedia.us.es/index.php/santiago_de_chile(metropolitana_de_santiago)

    AUTOR:
    Brais Cuns González

  38. ROMA
    Lugar: Roma, parroquia: Castromaior, concello: Alfoz, provincia: Lugo
    Roma: Capital de Italia

    Roma é a actual capital de Italia. É unha das cidades máis grandes de Europa, pero tamén é unha aldea da unha parroquia de Castromaior en Lugo.
    Antigamente, Roma, foi o núcleo dunha das civilización máis importantes con respecto á cultura, á lingua, etc, chegando a fundar o chamado Imperio Romano.
    Roma, como cidade, foi fundada no ano 753 antes de Cristo por Rómulo no centro da península de Italia.
    Os romanos conquistaron moitos territorios veciños ata que chegaron ao estado de Cartago que orixinou as chamadas Guerras Púnicas que deron lugar a destrución de Cartago, o que fixo ao imperio moito máis grande e poderoso.
    Os Bárbaros no século V atacaron a Roma por todas as súas defensas, conseguindo derrotala e saqueala, logo ocuparon as súas terras, foi o fin do Imperio Romano

    FONTES DE INFORMACIÓN:
    http://www.historia-roma.com/
    http://www.portalplanetasedna.com.ar/roma_antigua.htm
    http://www.mundocity.com/europa/historia-roma.html
    AUTORA:
    María Gramunt Cernadas.

  39. ISLA CRISTINA
    Lugar: Santa Cristina, parroquia: Areas, concello: Antas de Ulla, provincia: Lugo.
    Isla Cristina, Huelva.

    Isla Cristina é unha illa totalmente mariñeira que se fundou cando pescadores cataláns e levantinos chegaron ata alí e vendo a riqueza que había de peixes e mariscos. Formaron un pobo de pescadores que foi medrando cando a xente de lugares próximos foise mudando para este pobo.
    Cando un terremoto destruíu o pobo, a única cousa que quedou en pé foi a fonte de auga potable que había ao pé dunha figueira, chamando Real Isla de la Higuerita. Máis tarde cambiaron o nome da illa por Isla Cristina, en honor a raíña Cristina que lles axudou cando tiveran unha epidemia de cólera.
    Isla Cristina ten doce quilómetros de praia ben cuidada o que fai que teñen moito turismo. A gastronomía consista en peixes e mariscos, tamén é famosa polas festa do carnaval. Tiene edificios interesantes como a igrexa das Dores e a casa patio de San Francisco.

    Documentación:
    http://www.pueblosespana.org/andalucia/huelva/isla+cristina
    http://www.terra.es/personal/xilcar/entrada.htm
    http://www.guiacompleta.com/islacristina/
    Autora:
    Ana Patricia Buenavilla Cadenas

  40. RÍO DE JANEIRO
    Lugar: Río, Parroquia: Caamouco (San Vicente), Concello: Ares, provincia: A Coruña
    Río de Janeiro (Brasil)

    Río de Janeiro é unha cidade moi poboada situada ao sudoeste de Brasil. Está considerada unha cidade chea de contrastes: por un lado é moi dinámica a nivel de aconomía, é un dos motores do Brasil, pero tamén é unha cidade onde hai unha grande pobreza e moita violencia.
    Un dos símbolos desta cidade brasileira é o Cristo Redentor ou Cristo do Corcovado, imaxe de 30 metros de Xesús de Nazaret situada nun alto cos brazos abertos de cara a cidade.
    Outro dos símbolos de Río de Janeiro é a do Pao de Azucre, un pequeno monte que se encontra nun cabo e que sobresae do océano máis da Bahía Guanaba. Hai moita xente que escala este monte, aínda que son máis os que prefiren ir no teleférico ata arriba e disfrutar dunhas moi boas vistas.
    Tamén son moi coñecidos en case todo o mundo os seus famosos carnavais.
    Río de Janeiro conta con praias moi coñecidas como a de Ipanema e a de Capacabana, pero tamén hai outras, coma a de Arpador, Grumari, La Barra De La Tijuca ou do Botafogo….

    Documentación:
    http://www.placesonline.es/sudamerica/basil/riodejaneiro/introduccion.asp

    Autora:
    Tamara Enjo Calvo

  41. CIDADE DO CABO
    Lugar: O Cabo, parroquia: Fisterra, concello: Fisterra, provincia: A Coruña
    Cidade do Cabo, África do Sur.

    Cidade do Cabo é a capital de África Occidental, é a segunda cidade máis grande de África despois de Johannesburgo. Está considerada unha das máis fermosas do mundo polo bo clima, as súas paisaxes exuberantes e os numerosos monumentos a nivel nacional. Tamén ten grande importancia a nivel económico e industrial, ten uns dos principais portos do país.
    O país é coñecido pola diversidade de culturas, idiomas (conta con once idiomas recoñecidos pola constitución de Sudáfrica e dous deles son de orixe europeo), diferentes crencias relixiosas. Toda esta variedade está presente na súa capital: Cidade do Cabo.
    Tamén hai que dicir que ten unha grande desigualdade entre grupos sociais, mentres que existen grandes fortunas nas capitais, e aproximadamente unha cuarta parte da poboación está desempregada e vive en barrios marxinados.

    DOCUMENTACIÓN:
    http://www.viaje.info/2010/…/ciudad-del-cabo-sudafrica
    http://sudafrica.costasur.com/es/ciudad-del-cabo.html

    AUTOR:
    Alberto Fernández

  42. O CRISTO DO CORCOVADO
    Lugar: O Cristo, parroquia: Adelán, concello: Alfoz, provincia: Lugo
    Cristo de Corcovado, Río de Janeiro, Brasil

    O Cristo-Redentor é unha estatua de formigón armado que mide uns 38 metros sobre a base do monte Corcovado duns 700 metros. Atópase nun barrio moi visitado polos turistas chamado Cosme Velho. Este cristo é o orgullo de todos os brasileiros, debido a que como ten os brazos abertos da a impresión de que está abrazando e protexendo á cidade de Río de Janeiro.
    A súa construción levou uns cantos anos e realizouse no século XIX, a idea foi de Heitor da Silva Costa axudado por Francés Paul Landowski. En ela participaron moitas persoas, pero non faleceu ninguén. Ao principio, non sabían moi ben en que monte construíla pero finalmente decantáronse polo monte de Corcovado, máis que nada pola altura.
    Inaugurouse o 12 de outubro de 1931 en Río de Janeiro unha estatua de Xesús de Nazaret, que pasou a formar parte das sete marabillas do mundo. A proposta foi feita por Don Pedro María Boss, e estivo pendente desde o ano 1850, cando Don Pedro lle fixo a proposta á Raíña Isabel que non se interesou polo tema. As obras comezaron en 1921. Buscando recordos neses 80 anos atópase un proxecto no que ao cristo se lle ía poñer un cruz colgada do pescozo, e un globo terráqueo nunha man, pero non se levou a cabo. Pola noite ilumínano cunhas luces de cor gris verdoso que fan deste unha boa presenza.
    O cristo pódese divisar desde o Sur e o centro da cidade de Río. Desde aquela altura hai unhas vistas espectaculares. Para chegar a elá hai que coller un tren, ir en coche e camiñar, o último tramo ou subir polos elevadores panorámicos. Todas estas opcións valen a pena.

    Documentación:
    http://locuraviajes.com/blog/el-cristo-redentor-de-rio-de-janeiro/
    http://www.rentanapartmentinrio.com/cristoesp.html
    http://www.abc.es/20111010/archivo/abci-historia-cristo-corcovado-anos-201110101251.html
    http://www.taringa.net/posts/info/2067400/Cristo-Redentor—Rio-de-Janeiro
    Autora:
    Anna Nieto Lago

  43. LOS ÁNGELES
    Lugar: Os Ánxeles, parroquia: Santa María dos Ánxeles, concello: Brión, provincia: A Coruña.
    Los Ángeles, EEUU

    Los Ángeles é unha gran cidade de Califonia, na Costa Oeste de Estados Unidos. É unha das cidades máis poboadas de Estados Unidos só superada por Nova York. Esta cidade atópase á beira do Pacífico.
    A historia desta cidade comeza no ano 1781, cando España fundou Los Ángeles. Despois, foi un territorio de México e máis tarde de Estados Unidos, desde o ano 1848.
    No século XX, Los Ángeles converteuse na cidade máis importante do cine estadounidenseao crear alí Hollywood, un dos lugares máis importantes de Los Ángeles, núcleo de produción de cine mundial. Los Ángeles é unha cidade na que a música, tamén, ten un gran recoñecemento internacional.

    DOCUMENTACIÓN:
    http://www.tvymas.com/viajes/informacion-destinos/informacion-los-angeles.html
    http://enciclopedia.us.es/index.php/Los_%C3%81ngeles_%28California%29
    http://usa.costasur.com/es/los-angeles.html

    AUTORA:
    María Otero Anguiano

  44. O ROSSIO
    LUGAR:O Rosío; PARROQUIA: Caamaño; CONCELLO: Porto do Son; PROVINCIA: A Coruña.
    O ROSSIO, Lisboa.
    A palabra rosío fai referencia a un espazo de propiedade común. A prazo do Rossio está en Lisboa situada na “A Baixa”, no extremo norte da Rúa Augusta e a pouca distancia da Praza dos Restauradores.
    Como está moi céntrica alí sempre se celebran diferentes festexos como a corrida de touros, desfiles, … Ademais, nesta praza, están situados algúns dos edificios máis importantes da cidade coma o “ Palacio de Estatus” ou “Hospital Real de todos os Santos”…
    Actualmente nela atópanse edificios de estilo pombalino. Conta cun abundante comercio no que destacan xoiarías e cafeterías. No centro encóntrase a estatua de D. Pedro IV, o primeiro emperador de Brasil .
    O Rosío foi durante séculos un punto de encontro para os lisboetas e aínda hoxe segue séndoo. Rodeada de comercios, restaurantes e hoteis, algunhas das súas tendas e cafés dende o século XVIII, como a Pastelería Suíça e o Café Nicola que fora visitado polo poeta Bocage e o escritor Eça de Queirós .

    DOCUMENTACIÓN:
    http://www.mundocity.com/europa/lisboa/plaza-rossio.html
    http://www.diariodelviajero.com/europa/descubriendo-lisboa-la-estacion-de-rossio
    AUTORA:
    Rosalia Casas Cabaleiro.

  45. Fraga
    Lugar: Fraga, parroquia: Fraga, concello: Lobeira, provincia: Ourense.
    Fraga, cidade da provincia de Huesca
    Fraga é un concello de Huesca; atópase no extremo sureste da provincia. Ten 12.868 habitantes. Fraga ten unha superficie de 435 quilómetros cadrados e é un dos municipios máis extensos de España.
    Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunha temperatura media anual de 14,7ºC, e cunha media de precipitacións de 348 mm ao ano.
    Os monumentos importantes do municipio de Fraga son: igrexa de San Pedro, pazo Montcada, torre dos Frades, castelo medieval, museo Salvador Sabaté e “Villa de Fortunatus”.

    Documentación:
    gl.wikipedia.org/wiki/Fraga,_Huesca

    Autor:
    Martín Manuel Chaves Fraga

  46. TORO
    Lugar: TORO, concello: LAZA, provincia: OURENSE
    TORO, ZAMORA, CASTELA E LEÓN

    Toro é unha aldea do concello de Laza, na comarca de Verín, provincia de Ourense. Ten unha poboación de 83 habitantes. Está situado a unha altitude de 978,6 metros por riba do nivel de mar e o seu terreo ten unha inclinación de 20,89%.

    Toro localízase no noroeste da Península Ibérica na provincia de Zamora, comunidade de Castilla e León. Ao pé da cidade discorre o río Douro, un dos ríos máis importantes da península. O concello de Toro é un dos máis extensos da comunidade.
    As persoas que viven en Toro chámanse torensáns.
    Antigamente, na época dos romanos, a cidade era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala.
    Toro, xa desde a Idade Media, converteuse nunha das cidades mais prósperas de Castilla e León, grazas ao seu viño que axudou a reactivar a economía da zona.

    Autor:
    Álvaro Parra Fernández
    Documentación:
    Hispacasas.com
    http://www.toroayto.es

Deixa unha resposta