A Festa dos maios

Agora que abril está a rematar, imos buscar información e elaborar un texto sobre a festa que, en moitos sitios de Galicia, se celebra o primeiro día de maio, chámase “A festa dos maios”. Na zona de Bastavales e no concello de Rios hai un festexo, na noite do 30 de abril ao 1 de maio, que lle chaman “Alumear o pan”.
De xeito individual busca documentación e prepara un texto sobre unha destas celebracións.

32 thoughts on “A Festa dos maios

  1. A FESTA DOS MAIOS:

    - Orixe
    - Diferentes pobos e diferentes crenzas
    - Celebracións
    - Refráns

    Esta festa nace na Prehistoria cando as persoas preguntábanse sobre os cambios da época da chuvia e frío o florecemento do campo adoitando así moitos colores, floreaban as sementes.

    A esta forza da natureza relacionárona ca fecundidade tantos dos animais como dos humanos.

    Os gregos crearon un mito para festexar este mes.

    Os romanos festexaban o mes de Maio purificando os campos. Para eles era o mes das “Augas Primordiais” para as súas colleitas e fecundidade.

    Os Suevos tiñan culto as árbores, en Maio celebrábase a festa do San Isidro Labrador, Ascensión ou Corpus Christie teñen a festividade en Maio pero pode variar.

    Alfonso X o Sabio compón as cantigas de Santa María que relatan milagres sucedidos po la intervención da virxe María.

    En Inglaterra tamén se celebra esta festa, pero saen os mozos e mozas a pasar a noite nun bosque e cando volven traen un anaco de árbore para casa.

    Na Idade Medieval os cambios de estacións eran importantes porque en esta época dedicábanse o traballo do campo, gandería, este mes era o principal para a sementeira e a recolleita do pan que se sementaba polo San Martiño. Tamén podémolo chamar mes das flores.

    No século XIX a sociedade foi perdéronse os costumes do campo e as xentes que vivían nas aldeas a maioría foise a vivir a cidade, esta tradición foise perdendo pero aínda hai algúns lugares onde a celebran como por exemplo en Pontevedra ou Ourense que fan exposicións de figuras feitas con flores e ramas árbores e tamén os rapaces cantan coplas moi graciosas

    Refrán: Garda o pan para maio e leña para todo o ano.

    Fontes de información:
    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    María Gramunt Cernadas.

  2. A FESTA DOS MAIOS

    GUIÓN
    orixe
    estructura
    manifestacións

    ORIXE
    Os maios é unha celebración que se fai nalgunhas zonas e Galicia. Festéxase a despedida do inverno, e vai dende abril ata mediados de maio. Esta festa orixinouse hai moito tempo, cando certos pobos formaron unha serie de actos e cerimonias relixiosas e máxicas. Foron especialmente, agrupacións agrícolas, que as súas vidas dependían das boas colleitas, un ritual máis ou menos complicado coa finalidade de festexar o remate do inverno e o comezo da primavera.
    De todos modos, a antigüidade destas cerimonias queda cancelada polo feito de que xa foron prohibidas nos primeiros anos de cristianismo.

    ESTRUCTURA
    Os maios tradicionais tiñan forma cónica, recubertos de fiúncho, no que un neno ía metido e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo.
    Actualmente, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc…
    AUTORA
    Rosalia Casas Cabaleiro

  3. A festa dos maios
    Guión
    Orixe
    Documentación
    Os maios e una festa de celebración da despedida do inverno, a floración das plantas e aparición dos primeiros froitos.
    Esta festa debeu ser coñecidas na antigüidade desde que os nosos devanceiros que se decataron das repeticións cíclicas do ano, pero tamén pensan que foi introducida por os celtas ou por os íberos.
    E una celebración con moito colorido que chega acompañada do mes de maio. O seu festexo é tradicional en Galicia pero moito mais en Ourense e Pontevedra.
    Hai dous tipos de maios os artísticos e os tradicionais.
    Os tradicionais: Vístense de árbores mais ou menos estilizadas.
    Artísticos: de calquer figura como sea una casa, un pazo, u apeiro, una igrexa.

    http://www.turismortedondela.net/gal
    Adrián Carrillo Garrido

  4. A festa dos Maios
    A festa dos maios naceu na prehistoria, cando os homes preguntábanse que tras a época de chuvias e frío, e se revestía os campos de varias cores. Os gregos crearon un mito para explicalo.
    Nos maios festexase a despedida do inverno, a floración das plantas e aparicións dos froitos. Nesta festa pídese unha boa colleita.
    Na festa percórrense os campos sementados con fachucos de palla prendidos, na última noite de Abril acenden fogueiras, bendicen os campos con auga bendita.
    O dia 1 de maio fan arcos de flores para poñer nas rúas e tamén cruces de flores. A tradición dicía que había que roubar a árbore do maio antes de chantala na praza para queimala.
    Claudia Pulgar Méndez-Benegassi

  5. Orixes da Festa don maios
    A Festa dos maios naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano, tras a época das chuvias e o frío facía abrotạ-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto a “deidades” do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

    Os cidadáns romanos, pola súa parte, xa antes de ter escravos que lles traballaran as terras, festexaban á Maia, nai do nome do mes (que desde os romanos está no
    calendario dos pobos conquistados por eles) durante a que purificaban os campos coa realización de sacrificar de animais.

    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    Nerea Vidal Boullón

  6. A Festa dos Maios
    A festa dos Maios , naceu cando os primeiros homes se preguntaron sobre a forza renovadora dos anos. Despois das épocas de chuvia e frío facían brotar as sementes e encher os campos de variadas cores .
    Os gregos una das civilizacións mais avanzadas fixeron un mito para explicar o cambio de estación: Perséfone, filla de Deméter deusa da fertilidade en foi raptada polo señor do mundo subterráneo. Pero todos os anos en primavera e verán, Perséfone, volve coa nai e en outono e inverno volve co seu pai Hades.
    O Maio, celébrase en Galicia e no norte de Portugal e terras próximas .

    Http:/www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    Alex Mosquera Garea

  7. OS MAIOS

    Guión

    Orixes da festa dos Maios

    Os maios en Galicia

    O ciclo de Maio e as súas manifestación

    Esta festa naceu na prehistoria cando todos se preguntaban porque despois da etapa das chuvias e o frío todo fertilizábase. Os gregos relacionan isto con que Hades señor do mundo subterráneo rapta como todos os anos a Perséfone para que pase o frío inverno con el, despois volta coa súa nai a deusa da fertilidade da terra cunha explosión de flores multicolores.
    Os romanos xa festexaban á Maia; nai do nome do mes na que se purifican os campos coa sacrificación de animais.
    Din que a noite dos maios mozas e mozos, vellos e casados, ían ao monte e que menos da terceira parte volve inmaculado.

    Http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    Alba Gil Seoane

  8. A Festa dos Mios naceu como celebracion da fecundidade e fertilidade da natureza.

    A]
    Manifestacion agraria ou propiciatorias. Cando se quere unha abundante colleita. Destacamos entre estas o alumear o pan ou danzas do pan consistente no percorrido
    dos campos sementados con fachucos de palla prendidos e recitando invocacions, tamén acendendo fogueiras nesta última noite de Abril. Ou poñer o ramo nas leiras, cortes e animais, tamén nos apeiros coa fin de afastar o mal xunto coa bendicion dos campos coa auga bendita ou de fontes de recoñecida valía.

    B]
    Manifestacións propias de nenos ou mozos. De entre estas citaremos en primero lugar a entrega de ramos de flores cantando alguaha copla no día un do mes de Maio. Os arcos das flores, cruces das flore,s …

    Manuel Blanco Vigo

  9. Festa dos Maios

    A festa dos Maios naceu na prehistoria cando os homes e as mulleres se preguntaban como despois do inverno os campos estaban cheos de flores de varias cores. Aqueles homes quedaban asombrados como no comezo da primavera coincidía coa fecundidade animal, e non tardaron en relacionar a fertilidade da especie humana. Aí naceu o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.
    Os gregos unha das culturas máis avanzadas crearon un mito a Deusa Deméter e para os romanos Ceres, e foi raptada polo señor do escuro e friorento mundo subterráneo despois de volver de onde o seu esposo Hades, a súa nai a recibira con flores de moitas cores. Esta festa primaveral celébrana as mulleres da Atenas prohibidas aos homes, adicadas a deusa dos cereais.
    Os romanos xa antes de ter escravos celebraban esta festa chamábanlle á Maia, os cristiáns adaptaron esta festa ao seu santoral cambiándolle o nome, pero non os contidos.
    A fecundidade dos campos viuse relacionado coa fertilidade do gando e tamén preto dos froitos propios dos amores entre os homes e mulleres.
    Clodio González Pérez comenta no seu libro sobre os Maios que non supriman as festas que celebra a xente nos sacrificios que ofrecen aos deuses. Aínda que non remataron as prohibicións dos maios e das xuntanzas campestres, foise poñendo esta tendencia de ir quitando as festas estacionais.

    Autora: Natalia Noya Fernández
    Documentación: http://www.galicia espallada.com.ar/festas_maios.htm

  10. A festa dos maios

    -Orixe
    -Mitos
    -Rituais

    A festa dos maios orixinouse na época da prehistoria, cando os primeiros homes e mulleres se preguntaban porque todo florecía nese periodo de tempo despois da época das chuvias e o frío.

    Os gregos crearon un mito para explicar o cambio das estacions:”Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra, foi raptada polo señor do mundo subterráneo, cando, coma todos os anos volta á terra despois do inverno que pasa co seu esposo Hades, a súa nai recíbea cunha explosión de ledos verdes e flores multicolores”.

    Hai bastantes rituais para ter unha abundante colleita por exemplo:

    Alumea-lo pan ou danzas do pan
    Manifestacións propias dos nenos ou mozos.

    Lidia Quintela Rial

  11. FESTA DOS MAIOS

    GUIÓN:
    -orixe
    -características
    -documentación

    Orixe:

    O maio celébrase en Galicia, sobre todo na zona do sur. Esta celebración conmemora o fin do inverno e o nacemento da primavera, coas súas flores e froitos.

    Esta festa xa era coñecida na antigüidade. Uns din que os nosos devanceiros decatáranse dos cambios de estacións e por iso celebraban esta festa. Outros din que foi introducida polos celtas.

    Características dos maios

    Tradicionais: tenden a ser cónicos e lembran as formas das árbores.

    Artísticos: trátase de facer calquera tipo de figura. Pola feitura diferéncianse dos “humanos”que fan cantares e coplas novas todos os anos.
    Álvaro Parra Fernández

    Documentación:

    http://www.turismoredondela.net/gal_f_maios.php

  12. A FESTA DOS MAIOS

    A festa dos maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban esa forza renovadora que cada ano, tras a época das chuvias e o frío facía brotar as sementes e revestía os campos de cores variadas.

    Os romanos inventaron unha solución,“Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra que foi raptada polo señor do escuro e friorento mundo subterráneo,cando,como tódolos anos, volta a terra despois do inverno que pasa co seu esposo Hades, a súa nai recíbea cunha explosión de ledos verdes e flores de variados cores”

    Chegará a Idade medieval na que as novas técnicas agrícolas fan medrar tanto a produción como a poboación. Pódese asegurar que na etapa medieval a celebración de rituais propiciatorios do espertar da natureza, expresión cultural dunha sociedade agraria na que xogan un papel fundamental os cambios estacionais para o seu traballo, para a súa existencia.

    Máis é tamén no século VI cando o Papa Gregorio Magno, segundo nos comenta Clodio González Pérez aos seus deuses o seu libro sobre os maios en Galicia, recomendaba: “Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes nos sacrificios que ofrecen aos seus deuses; transladalos o día das festas dos santos mártires,coa fin de que, conservando algunhas groserías, alegrías da idolatría, se predispoñan máis doadamente a gostar das ledicias espirituais da fe cristiá”.Aínda que non remataron as prohibicións dos maios e das xuntanzas campestres, foise impoñendo esta tendencia de sacralizar as festas estacionais.

  13. A festa dos Maios
    -Orixe da festa
    -Celebración
    -Festas paralelas

    Para explicar a orixe da festa dos Maios hai diferentes teorías. Algúns coidan que naceu no Paleolítico e outros, en cambio, pensan que apareceu no Neolítico, cando apareceu a agricultura.
    En calquera caso, o que parece máis ou menos claro é que os maios naceron como un ritual para pedirlles aos deuses protección para os produtos sementados na terra.
    A festa os maios celébrase entre finais de abril e principios de maio. É a manifestación máis vistosa das que se celebran nos primeiros días de Maio, e tamén a que goza de máis popularidade. Dependendo da zona de Galicia (Norte de Galicia, Sur de Galicia, Pontevedra ou Ourense), celébrase de diferentes maneiras.
    Nestas datas celébranse, ademais dos Maios, outras festas por toda Galicia, como “Alumear o pan”, “Bendicir os campos”, poñer ramos nas portas das casa e, agora, nos coches, ou a “Árbore de maio”, que, segundo a tradición, había que roubala antes de poñela nunha praza para queimala ou colgar un boneco dela. Esta última festa consérvase nos pobos de Laza e Entrimo, de Ourense.

    http://html.rincondelvago.com/os-maios_los-mayos.html
    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    Xulia Sánchez Rguez.

  14. Alumear o pan

    -Duración.
    -Que se fai.
    -Onde se fai.

    30 de abril e o 1 de maio.

    -Na noite 30 de abril, na parroquia de Buxán, os nenos corren polas leiras con fachos, rememorando un antigo ritual que é para que as colleitas saen boas. A tradición de Buxán chamase « Alumear o pan´´.

    -Faise na provincia de A Coruña, no concello de Rois, na parroquia de Buxán.

    Documentación.
    http://www.enfiestasdegalicia.com/index.php?option=com_jevents&task=icalrepeat.detail&evid=10&Itemid=1&year=2011&month=04&day=30&title=alumear-o-pan&uid=b614208d5bb9c39ba21641ef370c1466&lang=es

    Santiago Esparis Matanza

  15. A Festa dos Maios

    -Orixe
    -Gregos
    -Romanos
    -Idade Medieval

    A Festa dos Maios provén da prehistoria, cando os primeiros homes preguntábanse pola forza que, cada ano despois do frío e das choivas, facía brotar as sementes e encher os campos con bonitas cores (primavera).

    Os Gregos inventáronse un mito para explicar o cambio das estacións e todos os anos celebraban esta eclosión primaveral.

    Os romanos festexaban a Maia, nai do nome do mes. Os cristiáns adaptaron estas festividades cambiándolle o nome pero non o contido.

    Máis tarde chega a Idade Medieval, onde os cidadáns sufrían ademais de moitas guerras e pestes; malas colleitas, por iso moitos celebraban festas para pedir á natureza que fixera bo tempo para poder ter boas colleitas, unha das festas era a do mes do Maio.

    As colleitas víronse relacionadas inevitablemente ca fertilidade do gando e tamén cos amores entre homes e mulleres.

    Martín Manuel Chaves Fraga

    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

  16. A festa dos Maios
    Guión:
    · A festa dos Maios
    · As orixes

    A festa dos Maios é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración xeralmente facíase coincidir con primeiro domingo de maio e tiña relación con bosques e árbores. Chámanse Maios tanto a celebración da festa coma ás representacións que se fan dela.

    Os Maios xurdiron sempre ligados ao medio agrícola e á necesidade de crear un ritual para o bo crecemento das colleitas e da súa protección contra calquera tipo de mal (enfermidades …)
    Cada primeiro de maio a vexetación sae á rúa en forma de «Maio´´, unha construción de diferentes formas feitas con elementos vexetais, como as carrizas, laranxas, millo, diferentes flores… Os «Maios´´utilizáronse para invocar un bo crecemento dos distintos alimentos cultivados e para protexelas de posibles ameazas naturais, como animais, ou sobrenaturais, como un «mal de ollo´´ dunha meiga.
    Co paso dos anos foron incorporándose bailes e coplas con carácter satírico completando, así , o sentido popular da festa.

    Daniel E. Vila Mateus

  17. A FESTA DOS MAIOS
    -Orixe
    -O maio e as súas manifestacións
    -Ritos

    A festa dos maios naceu na prehistoria, cando remataban as chuvias e os días de frío. Cando empezaban a brotar as flores e se poñían os campos de moitas cores. Din que o maio e o mes das flores.

    En Galiza hai moitas ataduras coa agricultura, aínda que é probable que oen cristianizadas na Idade Media.
    Manifestacións agrarias:
    A súa finalidade é a de favorecer a medra da colleita arredando o mal, xa sexa o que provén do home (meigas) coma dos animais e mesmo dos axentes meteorolóxicos.

    A máis coñecida é a de alumear o pan, da que aínda quedan restos moi pequenos en varias aldeas dos concellos coruñeses de Rois e a Serra de Outes.
    Estas manifestacións fanse na última noite de Abril.
    Para bendicir as leiras faise un rito, que é facer un fachico , queimalo e ao mesmo tempo se suplica para favorecer o seu cultivo.
    Autor: CHRISTIAN CAPEÁNS PÉREZ
    Documentación: http://www.galiciaespallada.org.ar/festas_maios.htm
    Christian Capeáns

  18. A festa dos Maios

    «Os maios´´ é unha celebración que se coñece como o comezo da primavera. Faise en case toda Galicia e maiormente no sur, nela celébrase a despedida do inverno e a floración e a aparición de os primeiros froitos.

    Esta festa xa se celebraba dende os nosos devanceiros que se lembraran da repetición cíclica que había coas estacións. Crése a posibilidade de que tamén fose introducida polos celtas ou polos íberos. Críase que os romanos inmbocaban a unha deusa chamada Tellus a que personificaba a terra que pertence a mitoloxía romana, a que lle ofrecían sacrificios para propiciar as colleitas.

    O típico nas cidades e facer figuras con flores ás que se lle chaman maios e hai dous tipos de maios:

    ·Tradicionais: Soen ser cunha forma cónica lembrando as árbores de nadal.

    ·Artísticos: Faise calquera tipo de figura dende animais ata monumentos.

    Enderezo Web : http://www.turismoredondela.net

    Autor : Alberto Arcay Méndez

  19. A FESTA DOS MAIOS.

    -Orixe.
    -Tradición.

    A festa dos maios celebrase o dia primeiro do mes das flores. Recordando unha tradición galega que festexa a chegada do bo tempo. Os maios son composicións formadas por flores, herba, fieitos e ovos, como os materiais mais habituais .

    A festa celebrase o dia 1 de maio no parque de Miguel Hernandez si fai bo tempo, e polo contrario na Plaza da Pescadería en Vilagarcía. No concurso participan os alumnos da maioría das escolas do municipio, e tamén as asociación culturais, quen cantan cancións típicas cargadas de humor e ironía.

    Fontes información:
    http://www.lariadearosa.com/Villagarcia/Maios/Maios2.htm

    Alexia Carballeira Grobas.

  20. A Festa dos Maios

    Guión :
    Titulo
    Orixe
    Celebracións
    Documentación
    Autor

    Orixe :
    A festa dos Maios, é o cambio de estacións que ocorre despois das chuvia e o frío, que fai que os campos estean cheos de cores vivas, a maioría das persoas coñecen este efecto natural como “Primavera” e os romanos ao igual que os cristiáns e os gregos teñen distintas formas de celebrar dicha estación, mediante mitos, sacrificios, …

    Celebracións:
    Sen dubida é unha festa coñecida polo mundo con distintos nomes. O adornan de diferentes formas en Castela, fan xogos, bailes, … En Francia e Inglaterra, soben nunha árbore ou se gañan noutro xogo escollen a “ Raíña do maio”, aínda que hai máis formas de celebrar esta estación.

    En Galicia:
    Son as manifestación agrarias que mais abundan, destacamos o “alumear o pan ou danza do pan” que é a mais coñecida entre as persoas maiores, esta festividade se celebra en todo Galicia.

    Documentación:
    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas-maio.htm

    Karla Sáenz
    Saenz Porras , Karla.

  21. A FESTA DOS MAIOS

    GUIÓN:
    Orixe
    Tipos de festexos

    TEXTO:

    Esta festa naceu na Prehistoria como unha maneira de darlle culto á fecundidade, á fertilidade e ós amuletos “máxicos”.
    O costume de ir buscar o maio está documentado desde XIII. Trátase dunha “árbore de maio”, que se coloca nun lugar céntrico, adornada de xeitos moi variados (cintas, flores…).Este tipo de celebración é usual Castela onde tamén se realizan bailes e xogo en torno á arbore.
    En Galicia son típicas as manifestacións agrarias ou propiciatorias para obter unha boa colleita, propias de adultos. “Alumear o pan” ou “Danzas do pan” consiste en facer un percorrido polos campos sementados con fachucos de palla prendidos, recitar invocacións e acendendo fogueiras na última noite de abril. “Poñer o ramo” (en leiras, cortes, animais e apeiros) coa a fin de afastar o mal ao igual que a “Bendición dos campos”,con auga bendita ou de fontes milagrosas, son cerimonias de boa colleita.
    As manifestacións propias de mozos e nenos son a entrega de “ramos de flores”, cantando algunha copla, o día un de maio, á noiva, ás mozas ou ós viandantes. “Os arcos de flores” colocábanse nos camiños o día un, o día de Corpus Christi e o día da Santa Cruz, no que se constrúen as “cruces de frores” (maios).

    DOCUMENTACIÓN:

    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm#ORIXES DA FESTA DOS MAIOS

    AUTORA:
    Ana Sabugueiro Gómez

  22. A FESTA DOS MAIOS
    A festa dos maios naceu na prehistoria . Nunha sociedade Neolítica,os Gregos unha das mais avanzadas culturas mediterráneas, foran mais inxenuos creando un mito para explicar o cambio estacional.
    Este eclosión primaveral celébranas as mulleres da Atenas clásica co as festas mistéricas, de carácter secreto e prohibido ós homes.
    Os cidadáns romanos, pola súa parte xa antes de ter escravos que lles traballaran as terra, festexaban á Maia nai do nome do mes,onde se purificaban os campos coa realización de sacarificación dos animais.
    Mais chegara a Idade Media na que as novas técnicas agrícolas fan medrar tanto a produción coma a poboación………………..

    ANA BLANCO VIGO

  23. FESTA DOS MAIOS

    -Orixe
    -Os distintos tipos de festexo dos Maios
    -Os maios en Galicia

    ORIXE
    Esta festa chamada festa dos maio naceu na prehistoria,os primeiros homes que habitaron a terra preguntábanse como podía ser que tras a época da chuvia e do frío os vexetais podían brotar e traer froitos, e como coincidía coa época da fecundación dos animais.
    Os tempos foron cambiando e agora hai máis adelantos pero a xente que traballa no campo segue cultivando neste mes.
    OS DISTINTOS TIPOS DE FESTEXOS DOS MAIOS
    O “maio mozo” vén da fecundidade vexetal, este e propio de Galicia.
    O “Xurxo o Verde” en Rumania.
    En Inglaterra chámaselle “Xoaniño o verde”.
    En Galicia como en Castela celebrase con rapaciñas vestidas de branco adornadas con grilandas de flores.
    OS MAIOS EN GALICIA

    http://www.galiciaespallada.com.ar

    Valeria Bello Tobío.

  24. OS MAIOS

    GUIÓN
    -ORIXE
    -TRADICIÓNS

    Os maios é unha festa de orixe celta que naceu na prehistoria, que se facía para conmemorar a chegada da primavera.
    En Galicia os maios pódense celebrar para pedir unha boa colleita,“alumear o pan” ou para cantarlle ás mozas.
    Outras cousas típicas dos maios é que os mozos se vistan con plantas e flores, ou facer unha figura de paus cuberta de flores e follas. Os gregos crearon un mito para explicar o cambio de estación: Perséfone, filla da deusa da fertilidade da Terra, foi raptada e só pode saír despois do inverno, entón súa nai recíbea con flores e ledos verdes.

    Http.//www.galiciaespallada.com.ar/festas maios.html

    Http.//cousasdoslaretas.blogspot.com.es/2010/05/os-maios.html

    Alberto Fernández

  25. FESTA DOS MAIOS
    Guión:
    -Orixe
    -Os maios en Galicia
    -Manifestacións
    Orixe
    Esta festa naceu na época da prehistoria, debido a que os campos se enchían de distintas cores fermosas, isto foi relacionado coa fecundidade dos animais.
    Os gregos, sen embargo, crearon un mito sobre este mismo tema.
    Os romanos, celebraban a festa da Maia, na que se purificaban os campos cos sacrificios dos animais.
    Na época mediaval facíanse rituais do espertar da natureza.
    Os maios en Galicia
    Nalgunhas comarcas galegas, (próximas a Santiago de Compostela) cravávanse un ramo de laurero ou de oliveira bendito o Domigo de Ramos.
    Os maios son unha manifestación moi vistosa que se celebra nos primeiros días do mes. Pode ser representado por figuras con follas e flores.
    Os maios no Norte de Galicia son representados por un neno denominado o “rei do maio”, con roupas cubertas con flores, follas, hedras.
    Os maios do Sur de Galicia máis coñecidos son os de Pontevedra e Ourense.
    Manifestacións
    En Galicia cando se desexa unha abundante colleita fanse manifestacións agrarias como por exemplo alumear o pan. Tamén hai manifestacións de rapaces e mozos, como a entrega de ramos de flores, arcos de flores ou cruces de flores. A árbore do maio en Galicia atópase rara vez, pero a tradición di que antes roubábanas e chantábanas nunha praza para queimala ou poñer un boneco nela.
    Documentación:
    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm
    Anna Nieto Lago

  26. A festa dos Maios.

    Guión:
    -Orixe
    -Desenvolvemento da festa na historia.

    Esta festa comezou na prehistoria cando os homes non sabían de onde viña as árbores novas e as follas de distintas cores. Na época neolítica tamén se preguntaban iso.

    Na época dos gregos inventáronse unha historia (mito) para explicalo: ´´Este cambio estacional é responsabilidade de Perséfone, filla da deusa da terra, que foi raptada polo señor escuro que a levou a ó mundo subterráneo« a lenda di que cando cando marcha de onde seu mozo escuro e volve a terra todo volve a ser verde e multicolor.

    Os romanos non pensan o mesmo, eles creron que cando sacrificaban a un animal (vaca, porco) volvía o verde ás súas terras, eles chamábanlle Maia (ó Maio).

    Na Idade Media xa non se creía niso porque se descubriu as novas cousas agrícolas que facían medrar a herba, as árbores, as flores …
    Había xente que traballaba como os labregos e outros que só guerreaban (reis), os labregos sufrían as malas colleitas, pero cando saía o sol brincaban da alegría. Isto é o que pasaba na Idade Media e o que lle preocupaba á xente era as boas colleitas e o bo tempo.

    Documentación:
    http://ww.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    Alejandro Rey Bustelo 1ºA

  27. A festa dos maios

    -Orixe
    -Tradición
    -Documentación
    -Autor

    A festa dos maios naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora da primavera. Debíalles sorprender a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que relacionaron coa fertilidade da especie humana. Os Romanos antes de ter escravos que lles traballara a terra xa festexaban a Maia (nai do nome do mes) durante esta festa purificábanse as terras con ofrendas de animais, os cristiáns puxéronlle outro nome pero non cambiaron o festexo.

    En maio os mozos, mozas,vellos e casados andan pola noite nos bosques e montañas, onde pasan a velada alegres, pola maña voltan as casas traendo unha rama de bidueiro para adornar as súas xuntanzas.

    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    Brais Cuns González

  28. A festa dos maios

    Guión
    1º Orixe e cando se celebra
    2º En que consiste
    3º Días das procesións

    Está festa se celebra a finais de abril e a primeiros de maio. Vén da prehistoria, cando os homes se preguntaban porque despois de cada ano afloraba todo de novo.

    Celebrase con procesións de flores moi fermosas. Este é o seu calendario:

    Abril:

    DOMINGO SEGUINTE AO 23: San Xurxo
    DÍA 25: San Marcos
    DÍA 29: San Pedro Mártir
    ÚLTIMO DOMINGO: San Alberte

    MAIO:

    DÍA 1: San Felipe e Santiago, o Menor, apóstolos(“Santiago o Verde”)
    DÍA 3: Invención da Santa Cruz, Santa Elena
    DÍA 9: San Gregorio, San Martiño

    Documentación: http//www.galiciaespallada.com..ar/festas_maios.htm

    AUTOR: Lois Meira López

  29. A Festa dos Maios

    Guión:

    Orixe
    Tipos de maios

    A festa dos maios orixinouse na Prehistoria cando os primeiros homes e mulleres se preguntaban por que cada ano despois do que nós coñecemos como inverno brotaban as sementes, as flores e ás árbores volvían recuperar as follas.

    En Galicia, os maios facíanse para pedir unha boa colleita ou cantarlle unha coplas ás mozas. Hai de dous tipos: os maios-mozos nos que os mozos se visten con plantas e flores; e os maios figurativos: unha figura de paus cuberta de follas e flores.

    http://www.galiciaespallada.com.ar/festas_maios.htm

    http://www.cousasdoslaretas.blogspot.com.es/2010/05/os-maios.html

    Miranda Juncal, Angel

  30. A FESTA DO MAIO

    GUIÓN:

    . De que vai a festa do maio.
    . Que se fai nesta festa.
    . Canto dura a festa e que dan por participar

    TEXTO:

    Durante o 1 de maio, os maios son ensinados pola rúa do Paseo na Alameda Cruceiro. Os maios son figuras feitas con musgo, e distintas froitas e verduras incluso algunhas veces levan plantas.

    Unha das tradicións desta festa e ir pola rúa cantando cántigas e ler coplas que comecen en forma satírica. Nesta actividade teñen que participar distintos concursante como comparsas, ata poden participar adultos. Os máis peculiares nesta festa son os nenos, reúnenos a todos os nenos de toda a cidade e fan unha comparsa.

    Durará todo o día dende as 11:00 h que chegan os maios ata as 18:00 h. Despois de ver as comparsas máis aos adultos disfrazados dan os premios as mellores comparsas, despois ás mellores coplas.

    Http//.www.OmaioOurese2011.com

    Tamara Enjo Calvo

  31. ALUMEAR O PAN

    GUION:

    -Orixe
    -Características
    -Documentación

    ORIXE:

    Estas manifestacións pertencen o “Ciclo do Mago”, entre mediados de Abril e mediados de Maio. É unha posible orixe Celta. Localízase en outras moitas localidades, non só en Galicia, variando só o día ou algúns elementos.

    CARACTERISTICAS:

    En moitas comarcas celebrase de diferente forma pero coincidindo no fundamental, unha serie de manifestacións folclóricas, agrarias ou lúdicas.
    Cunha serie de festas e ritos encamiñados a conseguir abundante colleita, a celebrar o fin do inverno e a festexar a aparición dos primeiros froitos.
    Unha quizais, das festas mais fermosas xa que os principais protagonistas son os nenos e as flores.

    DOCUMENTACION:

    http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.cfm?id=258

    Nayara Castro Fontans

Deixa unha resposta