O pasado día 1 de xuño os alumnos de Tecnoloxía e Debuxo de 1º de Bacharelato fomos expoñer o noso proxecto xunto con outros centros á mostra de «Tecnoloxía na rúa», que tivo lugar na praza do Toural en Santiago .
O papel asinado aos alumnos era o de explicar aos público que pasaba en que consistía o noso proxecto, así como o proceso levado a cabo para a súa fabricación.
Na exposición presentamos varios módulos de parafina, dous de eles electrificados para amosar o funcionamento da lámpada, maquetas, imaxes de diferentes do deseño, proceso e montaxes. Tamén se levou parafina e o molde do módulo coa intención de facer unha demostración da fabricación dun módulo.
Durante a exposición fomos entrevistados para explicar o noso traballo por Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia, espazo de información científica accesible a todos os públicos da Radio Galega. Parte da entrevista foi emitida no programa do 2 de xuño e pódese escoitar a partir do minuto 5 na seguinte ligazón: Efervesciencia