Heptágono regular inscrito

Estas primeiras semáns de curso estiven recopilando, para as clases de Debuxo Técnico II, algúns métodos alternativos aos clásicos que fixen uns anos atrás para o trazado dos polígonos regulares que deben constuirse por aproximación, xa que non hai método exacto posible con regra e compás.
Onte probei a facer este con GeoGebra, para darlle a interactividade dun regulador de avance, que permita aos alumnos revisar a construción, pero non paso a paso, senón de xeito contínuo, unha posibilidade da xeometría dinámica que xa ensaiara outras veces.

E ben, o mérito do método é que non leva moito máis tempo que o clásico (lado7 igual á metade de lado3), pero é unhas cen veces máis exacto teóricamente, aínda que esta diferencia non sexa visibel no papel por causa da imprecisión propia dos materiais de trazado que utilizamos.

Posted in Recursos | Tagged , , | Leave a comment

Disco de Alberti -applet-

Buscando temas interesantes para as primeiras sesións de TIC 1ºbacharelato decidín dedicar unhas clases a ver sistemas de numeración e tamén de cifrado de mensaxes -os rudimentos da encriptación-
O disco de Alberti serve para facer unha substitución sinxela das letras do alfabeto. Para poder utilizalo sen ter que fabricalo en madeira ou cartulina, fixen este applet en Geogebra, que sonsiste prácticamente en inserir dúas imaxes, unha delas con rotación.

En canto ao manexo de Geogebra non aporta moito, pero do que se trata é de mostrar exemplos da versatilidade da xeometría dinámica na creación de materiais interactivos. Como curiosidade, cargar aquí este applet vaime permitir utilizalo na clase sen ter que entrar en todos os ordenadores dos alumnos como administrador para instalar ou actualizar a versión de java. O que faremos é acceder a esta páxina, copiar a ruta, logo ir a www.geogebra.org/webstart/geogebra.htm para utilizar a versión en liña do programa, que pode abrila co comando Abrir>Abrir páxina web

Posted in Recursos | Tagged , | Leave a comment

Sombra dunha esfera en Diédrico

Esta deu un pouco máis de guerra que as anteriores.

Como tampouco quero aburrir posteando todas as figuras que faga, poño os enlaces por se alguén quere utilizar calquera das que puxen e dúas máis (prisma e cilindro rectos). Cando teña unha colección máis completa ou haxa avances significativos xa veremos como organizar os applets e poñelos a disposición de todos.
Enlaces:

CILINDRO     CONO     ESFERA     PIRÁMIDE     PRISMA

Posted in Recursos | Tagged , , , | Leave a comment