Perspectiva cónica de cubo con reflexo

Para elaborar construcións como a proposta, na que hai que realizar recursivamente unha determinada serie de operacións, é preferible deseñar ferramentas específicas empregando macros. Nesta construción empregamos unha macro para a perspectiva do cubo, e outra para o seu reflexo.

Para construir esta perspectiva cónica prescindimos dos elementos auxiliares que empregamos habitualmente neste tipo de representación, e que dun modo equivoco se presentan ás veces como elementos determinantes da mesma.

O procedemento empregado na construción desta imaxe é radicalmente fiel á descripción do fenómeno perspectivo que fai Leon Battista Alberti  no seu tratado Della pittura, con xustiza adicado a Brunelleschi. Alberti plantexa a imaxe perspectiva como sección da pirámide visual mediante o plano de cadro, e así é como se procede precisamente para elaborar esta imaxe:

  1. Representamos en sistema diédrico a figura situada no 2º diedro e o punto de vista situado no 1º diedro.
  2. Trazamos rectas definidas por cada un dos vértices da figura e o punto de vista.
  3. Calculamos a interseccion destas rectas co plano vertical, que será ao tempo o plano de cadro (evidentemente esta operación e a anterior realizámolas cunha macro definida a partir dun punto situado como se explicou).
  4. Opcionalmente trasladamos os puntos resultantes segundo un vector paralelo á liña de terra (esta operación realizámola exclusivamente para desplazar a construción perspectiva da representación diédrica  evitando o solapamento das imaxes).

Este tema tratámolo Horacio G. D. e máis eu nun texto titulado A perspectiva no abismo no que  se desenvolven unha serie de ideas nas que se fundamenta unha maqueta interactiva presentada ao Artech 2006.

Save

Save

Save

Save

Posted in Recursos, Xeral | Leave a comment

Axonométrico. Modelo do sistema

 

Save

Save

Posted in Recursos, Xeral | Leave a comment

Perspectiva cónica. Modelo do sistema

Este modelo dinámico permítenos analizar, non só os elementos básicos empregados na representación en perspectiva cónica, senón tamén o seu fundamento primordial descrito por León Battista Alberti como sección da pirámide visual.

Save

Save

Save

Posted in Recursos, Xeral | Leave a comment