Nesta construción podes ver os cinco poliédros regulares inscritos nunha esfera.
Cónicas misteriosas
Sabendo que as curvas representadas son tanxentes no infinito, poderías dicir de que cónicas se trata?
Un bo recurso para estudar tanxencias
Robot ” Brión5″. Deseño e construción
A medición do mundo
A medición do mundo, de Daniel Kehlmann, parte do encontro en 1828, en Berlín, do xeógrafo Alexander Von Humboldt e o matemático Carl Friedich Gauss.
Humboldt, logo de partir en barco dende a cidade de A Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse de Göttingen, que o espazo é curvo.
Unha lectura máis que recomendable.
Construción dun cadrado dada a diferenza da diagonal e o lado
Exercicios sobre a construción de cadrados dada a diferenza da diagonal e o lado.
- Demostra o procedemento de construción dun cadrado dada a diferenza da diagonal e o lado, de modo análogo á demostración ofrecida para o procedemento de construción dun cadrado dada a suma da diagonal e o lado.
- Constrúe o cadrado ao que se lle poden circunscribir e inscribir dúas circunferencias cunha diferenza de 1,5 cm de raio.
- Reproduce a seguinte figura:
Construción dun cadrado dada a suma da diagonal e o lado
Construción de pentágonos regulares
Teorema da altura
Como funciona un GPS?
Clara Grima explica como funciona un GPS na segunda temporada de Órbita Laika.
Interesante como exemplo de intersección de lugares xeométricos. En certo sentido podemos relacionalo co problema de Potenot.
Prototipo de cuberta para o xardín da biblioteca
Obradoiro de cociñas solares
O día 23 de marzo desenvolveuse no IES de Brión un obradoiro sobre cociñas solares. Esta actividade enmárcase no ciclo de charlas e obradoiros organizados polo CEIP de Pedrouzos arredor do Día da Muller, e na celebración do Ano Internacional da Luz.
Neste obradoiro alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, explicou ao alumnado de 6º de primaria o funcionamento das cociñas solares. Trataron aspectos relativos ao deseño, á construcción, ao aproveitamento enerxético e as dimensións socioeconómica e medioambiental.
A partir das cociñas construídas no centro nos cursos 2009/10 e 2012/13, o alumnado de primaria tivo a oportunidade de construír o seu propio reflector.
Paralelamente, e a pesar do pouco que se deixou ver o Sol nesta mañá da recén estreada primavera, fíxose unha demostración do funcionamento deste tipo de cociñas, fervendo auga e… cocendo un ovo!
Clara Grima explica o Problema de Kakeya
A matemática Clara Grima colabora co programa de divulgación científica Órbita Laika que emitirá TVE-2 a partir do domingo día 7 de decembro.
Xeometría vs física
Un tren que se despraza a unha velocidade uniforme, percorre unha distancia igual a súa lonxitude. Entre tanto o xefe de estación, tamén a unha velocidade uniforme, desprázase polo andén dende a cola ata a máquina e de novo ata a cola do tren. En que punto do percorrido se atopan o xefe de estación e o maquinista?
Emilio Pérez Piñero. Estruturas vivas.
Tanxencias
Accede a Tanxencias en debuxotecnico.com
Curvas de Bézier
Na interesantísima páxina de Jason Davies podes atopar unha animación interactiva de curvas de Bézier lineais, cuadráticas, cúbicas e de cuarto grao.
Preme na imaxe para acceder directamente á animación.
Se queredes pasar un rato entretido e, de paso, aprender algo máis sobre o comportamento dos trazados a partir de curvas de Bézier podedes botarllle un ollo a The Bézier Game, de Method of Action.
Voiture minimun
O CSIC ven de publicar o libro “Voiture minimun. Le Corbusier y el automóvil” do arquitecto e profesor do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da Universidade da Coruña, Antonio Amado Lorenzo.
Accede á información na web do CSIC.
Accede á información na web do COAG.
Este proxecto recorda ao libro Dymaxion Car, unha homenaxe do arquitecto Norman Foster ao traballo de R. Buckminster Fuller.
Día mundial da arquitectura
Baixo o lema “Cidades saudables, cidades felices” celébrase este 6 de outubro o día mundial da arquitectura.
Monteas en Santa Clara
Descubren no convento de Santa Clara de Santiago de Compostela un importante conxunto de monteas do século XVIII que podería ser considerado o mellor exemplo do barroco europeo.
Doodle adicado a María Gaetana Agnesi
Doodle do día 16 de maio adicado a María Gaetana Agnesi, e a súa famosa versiera.
Shigeru Ban, premio Pritzker de arquitectura 2014
O arquitecto xaponés Shigeru Ban foi galardoado co premio Pritzker de arquitectura 2014. O xurado destacou como motivos para a escolla o uso innovador dos materiais e os seus esforzos humanitarios.
No vídeo que segue podedes ver unha intervención súa en TEDxTokyo en maio de 2013.
MIT Architecture
MIT Architecture from Paper Fortress on Vimeo.
Loading Project
Framework Project
Responsive Expansion
Podedes ler máis sobre o proxecto neste artigo publicado na sección de arquitectura da web do MIT. É especialmente interesante ver o vídeo que se inclúe ao final do texto.
Advances in Architectural Geometry – MIT
Diédrico II. Exercicios
Estereoscopía dun cubo
Na metade esquerda desta construción represéntase un cubo en diédrico que poderemos rotar en torno a un eixe vertical que pasa polo centro da base. Na metade dereita podemos ver un anaglifo da representación cónica do cubo e dos planos de proxección. Pódemos situar o punto de vista en calquera posición ao redor do diedro e mesmo variar a súa cota.
Na seguinte construción pódese ver un anaglifo dun cubo representado en perspectiva cónica.