Arquivos do autor: Xabier Lorenzo

A medición do mundo

A medición do mundo, de Daniel Kehlmann, parte do encontro en 1828, en Berlín, do xeógrafo Alexander Von Humboldt e o matemático Carl Friedich Gauss.

Humboldt, logo de partir en barco dende a cidade de A Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse de Göttingen, que o espazo é curvo.

Unha lectura máis que recomendable.

Construción dun cadrado dada a diferenza da diagonal e o lado

Exercicios sobre a construción de cadrados dada a diferenza da diagonal e o lado.

  1. Demostra o procedemento de construción dun cadrado dada a diferenza da diagonal e o lado, de modo análogo á demostración ofrecida para o procedemento de construción dun cadrado dada a suma da diagonal e o lado.
  2. Constrúe o cadrado ao que se lle poden circunscribir e inscribir dúas circunferencias cunha diferenza de 1,5 cm de raio.
  3. Reproduce a seguinte figura:

teteira

Obradoiro de cociñas solares

O día 23 de marzo desenvolveuse no IES de Brión un obradoiro sobre cociñas solares. Esta actividade enmárcase no ciclo de charlas e obradoiros organizados polo CEIP de Pedrouzos arredor do Día da Muller, e na celebración do Ano Internacional da Luz.

Neste obradoiro alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, explicou ao alumnado de 6º de primaria o funcionamento das cociñas solares. Trataron aspectos relativos ao deseño, á construcción, ao aproveitamento enerxético e as dimensións socioeconómica e medioambiental.

A partir das cociñas construídas no centro nos cursos 2009/10 e 2012/13, o alumnado de primaria tivo a oportunidade de construír o seu propio reflector.

Paralelamente, e a pesar do pouco que se deixou ver o Sol nesta mañá da recén estreada primavera, fíxose unha demostración do funcionamento deste tipo de cociñas, fervendo auga e… cocendo un ovo!

charla_inicial

novo_reflectortermometro

Xeometría vs física

tren

Un tren que se despraza a unha velocidade uniforme, percorre unha distancia igual a súa lonxitude. Entre tanto o xefe de estación, tamén a unha velocidade uniforme, desprázase polo andén dende a cola ata a máquina e de novo ata a cola do tren. En que punto do percorrido se atopan o xefe de estación e o maquinista?

Curvas de Bézier

Na interesantísima páxina de Jason Davies podes atopar unha animación interactiva de curvas de Bézier lineais, cuadráticas, cúbicas e de cuarto grao.

curvas_de_bezier

Preme na imaxe para acceder directamente á animación.

Se queredes pasar un rato entretido e, de paso, aprender algo máis sobre o comportamento dos trazados a partir de curvas de Bézier podedes botarllle un ollo a The Bézier Game, de Method of Action.

Voiture minimun

O CSIC ven de publicar o libro “Voiture minimun. Le Corbusier y el automóvil” do arquitecto e profesor do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da Universidade da CoruñaAntonio Amado Lorenzo.

Accede á información na web do CSIC.

Accede á información na web do COAG.

Este proxecto recorda ao libro Dymaxion Car, unha homenaxe do arquitecto Norman Foster ao traballo de R. Buckminster Fuller.

Estereoscopía dun cubo

This is a Java Applet created using GeoGebra from www.geogebra.org – it looks like you don’t have Java installed, please go to www.java.com
 

Na metade esquerda desta construción represéntase un cubo en diédrico que poderemos rotar en torno a un eixe vertical que pasa polo centro da base. Na metade dereita podemos ver un anaglifo da representación cónica do cubo e dos planos de proxección. Pódemos situar o punto de vista en calquera posición ao redor do diedro e mesmo variar a súa cota.

Na seguinte construción pódese ver un anaglifo dun cubo representado en perspectiva cónica.

This is a Java Applet created using GeoGebra from www.geogebra.org – it looks like you don’t have Java installed, please go to www.java.com
 

 

Laboratorio de diédrico. Recta

This is a Java Applet created using GeoGebra from www.geogebra.org – it looks like you don’t have Java installed, please go to www.java.com
 Esta construción permítenos relacionar a representación diédrica dunha recta dadas as súas trazas (sen ter en conta liñas vistas e ocultas) coa súa representación en perspectiva cónica.