Elementos de unión e montaxe final

No anterior proxecto, realizado no curso 2009-2010, utilizaron uns elementos de unión bastantes sinxelos entre os que cabe salientar os parafusos, que suxeitaban toda a estrutura composta de metal.

No noso proxecto tivemos que utilizar un amplo ábano de elementos de unión, como a escuadra, os parafusos, os tirafondos, tirantes, etc…

Inicialmente construimos tirantes, para compensar os esforzos que soporta o reflector sobre as dúas columnas, que é o elemento básico de unión de todo o proxecto. Estes tirantes foron unidos as dúas columnas mediante simples parafusos aos que lles unimos un par de palomillas por se é necesario separar o tirante das columnas.

Coa estrutura de soporte lista para aguantar o peso de todos os espellos, procedimos a pensar na maneira que íbamos a inclinar os espellos para que todolos raios coincidisen no foco, a solución foi un par de escuadras. Estas escuadras foron unidas na base da estrutura dos espellos mediante cola e máis tirafondos, a continuación e para permitir que se incline, incorporáronselle uns parafusos con mariposas que se introducían nunhas muescas que se lle fixeron as columnas, permintindo así a libre inclinación dos espellos. Esa libre inclinación por parte da estrutura dos espellos non sería posible gracias a uns cilindros de madeira colocados nunhas “cunas” na parte superior das columnas, estos cilindros realizan dúas funcións importantísimas. A primeira é que son capaces de aguantar toda a estrutura dos espellos, pasando todo o seu peso a través das columnas, evitando así que rompa completamente. A segunda é a de facilitar que os espellos se inclinen con maior facilidade, e tamen lles reduce o traballo aos parafusos con palomilla que se encontran na muesca. Estos dous cilindros forman tamen un eixe imaxinario onde vai situado o foco. Os cilindros foron unidos as escuadras mediante cola e un par de tirafondos colocados no centro dos cilindros.

Construcción da escuadra

Construcción dunha das escuadras

Como podedes observar, na nosa estrutura foron utilizados un montón de elementos de unión simples (supostamente coñecidos), pero que son capaces de soportar unha gran cantidade de peso e durar moito tempo.

Montando o concentrador solar na estrutura

Montando o concentrador solar na estrutura