Na cociña que construímos basándonos no modelo fresnel, tíñamos que diseñar unha superficie plana para soportar as estruturas dos espellos. A estrutura tiña que ser o máis lixeira posible, pero ao mesmo tempo resistente.
¿Cómo deseñamos a estrutura para que co máximo número de espellos e que, ao mesmo tempo, sexa lixeira? ¿Cómo distribuimos as ringleiras de espellos para que cumplan as nosas expectativas? ¿Qué material empregamos para que sexa lixeira e resistente?
Debido a que as ringleiras de espellos teñen que ter unha disposición radial optamos por unha circunferencia, aínda que posteriormente engadimos uns centímetros máis a cada lado para así poder colocar catro estruturas de espellos máis, que aumentarían a eficacia pero non o peso. A medida teórica dun raio completo é 62,7 cm aos cales lle aumentamos 24 cm a cada lado.
Para distribuir as ringleiras de espellos de forma que collan os máximos posibles non todas as estruturas deben ter a mesma medida. Estas son as que empregamos:
- 3 estruturas de 9 espellos
- 2 estruturas de 8 espellos
- 6 estruturas de 9 espellos
- 20 estruturas de 3 espellos
- 10 estruturas de 2 espellos
As estructuras de espellos colocaranse nos raios debuxados sobre a tabla. Non todos as estructuras teñen a mesma lonxitude, polo que cada grupo ten un lugar. Como podemos observar na imaxe anterior non todos os raios teñen a mesma medida.
Para fixar as estructuras ao taboleiro de forma permanente empregamos cola de contacto.
Pensando no material para a estrutura, tíñamos claro que deberíamos empregar madeira pero, ¿de que tipo?
Nós escollemos un taboleiro de fibra de madeira de 16 mm de espesor xa que, ademáis de resistente, é asequible e podemos traballar con ela no taller dunha forma fácil.
A verdade é que estamos comezando a obter bos resultados, seguiremos así.
Este traballo foi realizado por Óscar Picado, Lidia Cordo e Sara Ferreira.