Deseñando a estrutura

Á hora de facer un concentrador solar fresnel, son moi importantes as medidas, a cantidade de espellos que debemos poñer e a súa inclinación para que teñamos o máximo rendemento da cociña e os materiais que debemos empregar. Pero un complemento importante e imprescindible para, ainda que poida pasar desapercibido,  é a estrutura ou soporte do reflector.

Cómo atopamos unha estrutura o suficientemente resistente como para que soporte todo o peso? Cómo conseguimos que esta nos permita mover  o concentrador sin que a posición do foco varíe? E cómo o combinamos todo para que sexa o máis portable posible?

Despois de presentar ideas sobre diferentes estruturas e materiais posibles, e analizalas posteriormente, nós resolvemos este problema dunha forma moi sinxela.

  1. Para que ao mover o concentrador non nos varíe a posición do foco, estes, deben estar unidos, para esto empregaremos unha estrutura con forma de triángulo rectángulo que conteña os espellos na súa parte máis longa e que pola outra esté unida ao foco. Esta estrutura xirará en torno a un eixe situado na parte superior.
    OLYMPUS DIGITAL CAMERA2. O material que vamos a empregar será a fibra de madeira xa que, ademáis de ser resistente, é fácil de traballar e asequible. Tamén pensamos en traballar con algún metal, como o aceiro, debido a súa gran resistencia, pero decidimos empregar a fibra de madeira debido a que nos aporta moitas máis vantaxes a hora de traballar con ela.
    3. Para intentar alixeirar o peso prescindiremos de toda a madeira que nos sexa posible; no centro da estructura, que terá forma de cabalete, deixaremos un oco onde situaremos o concentrador e na base da nosa estrutura tamén sacaremos uns centímetros de madeira para crear os ps. Pero sempre asegurándonos de que sexa resistente.

Os deseño de traballo da estrutura  pódense apreciar nas seguintes imaxes:

estructura_2

 

estructura_3