Soportes dos espellos

Unha vez realizados os deseños e cálculos iniciais, comenzamos o proceso constructivo que consta de varias fases. Neste artigo explicaremos a construcción da estructura que soporta os espellos ao ángulo calculado previamente.

1. Deseño dos patróns:

Neste  proceso o primeiro paso foi a elaboración dos patróns creados co programa informático geogebra, donde se calculou a posición que deben ter os espellos na realidade.

Montando os patróns

Pegando os patróns

Pegando os patróns

 

2. Construción dos soportes:

Logo de facer eso, o seguinte paso foi creación dos soportes de ditos espellos, estes soportes construíronse con láminas de cartón corrugado  e listóns de base rectangular.

2.1 Laterais dos soportes construídos con cartón corrugado a partir dos patróns

2.2 Unión dos lateriais construídos sobre un listón de madeira de base rectángular.

Logo de facer os soportes necesitábanse unha base para cada soporte. Esta construiuse mediante un listón no cal se pega un soporte a cada lado

Pegando espellos

Pegando espellos

3. Colocación dos espellos.

Posteriormente encima dos soportes  se colocan os espellos.

Pegando espellos

Pegando espellos

Presentamos o resultado na seguinte imaxe:

Ringleira de espellos

Ringleira de espellos

Despois de ter todas as ringleiras de espellos o seguinte paso será  a elaboración da estrutura onde serán colocados as ringleiras nas respectivas posicións.

 

Todo sobre os espellos

Neste post ímosvos falar sobre as medidas e todo o relacionado sobre os espellos. A colocación dos espellos foi o primeiro paso na elaboración da cociña solar, dentro diso fixemos a recollida dos datos que foron obtidos polo alumnado de Debuxo Técnico. As medidas das estructuras que soportan os espellos son:

De 9 espellos:58 cm de longo, e 3 cm de ancho que posue a madeira.

De 8 espellos: 52,5 cm de longo, e 3 cm de ancho.

De 7 espellos: 47 cm de longo e 3 cm de ancho.

De 3 espello: 21.5 cm de longo e 3 cm de ancho.

De 2 espellos: 14 cm de longo e 3 cm de ancho.

O comezo do proxecto non habia espellos de 2 e 3 porque inicialmente contábase con estructuras de 5 espellos, pero viuse que o rendemento non era o mellor e que se optimizaba meténdollos de 2 e 3.

Os ángulos de ditos espellos son;

1º- 6,79º       2º- 11,21º   3º-15,46º      4º-18,85º           5º-22,22º        6º- 25, 08º      7º- 27,64º    8º-29,86º     9º- 31,89º

Estudo para a colocación dos espellos

Estudo para a colocación dos espellos