Soporte do concentrador solar

Na cociña que construímos basándonos no modelo fresnel, tíñamos que diseñar unha superficie plana para soportar as estruturas dos espellos. A estrutura tiña que ser o máis lixeira posible, pero ao mesmo tempo resistente.

¿Cómo deseñamos a estrutura para que co máximo número de espellos e que, ao mesmo tempo, sexa lixeira? ¿Cómo distribuimos as ringleiras de espellos para que cumplan as nosas expectativas? ¿Qué material empregamos para que sexa lixeira e resistente?

Debido a que as ringleiras de espellos teñen que ter unha disposición radial optamos por unha circunferencia, aínda que posteriormente engadimos uns centímetros máis a cada lado para así poder colocar catro estruturas de espellos máis, que aumentarían a eficacia pero non o peso. A medida teórica dun raio completo é 62,7 cm aos cales lle aumentamos 24 cm a cada lado.

Para distribuir as ringleiras de espellos de forma que collan os máximos posibles non todas as estruturas deben ter a mesma medida. Estas son as que empregamos:

  • 3 estruturas de 9 espellos
  • 2 estruturas de 8 espellos
  • 6 estruturas de 9 espellos
  • 20 estruturas de 3 espellos
  • 10 estruturas de 2 espellos
Taboleiro para o concentrador

Taboleiro para o concentrador

As estructuras de espellos colocaranse nos raios debuxados sobre a tabla.  Non todos as estructuras teñen a mesma lonxitude, polo que cada grupo ten un lugar. Como podemos observar na imaxe anterior non todos os raios teñen a mesma medida.

Para fixar as estructuras ao taboleiro de forma permanente empregamos cola de contacto.

Pensando no material para a estrutura, tíñamos claro que deberíamos empregar madeira pero, ¿de que tipo?

Nós escollemos un taboleiro de fibra de madeira de 16 mm de espesor xa que, ademáis de resistente, é asequible e podemos traballar con ela no taller dunha forma fácil.

A verdade é que estamos comezando a obter bos resultados, seguiremos así.

Este traballo foi realizado por Óscar Picado, Lidia Cordo e Sara Ferreira.

 

Deseñando a estrutura

Á hora de facer un concentrador solar fresnel, son moi importantes as medidas, a cantidade de espellos que debemos poñer e a súa inclinación para que teñamos o máximo rendemento da cociña e os materiais que debemos empregar. Pero un complemento importante e imprescindible para, ainda que poida pasar desapercibido,  é a estrutura ou soporte do reflector.

Cómo atopamos unha estrutura o suficientemente resistente como para que soporte todo o peso? Cómo conseguimos que esta nos permita mover  o concentrador sin que a posición do foco varíe? E cómo o combinamos todo para que sexa o máis portable posible?

Despois de presentar ideas sobre diferentes estruturas e materiais posibles, e analizalas posteriormente, nós resolvemos este problema dunha forma moi sinxela.

  1. Para que ao mover o concentrador non nos varíe a posición do foco, estes, deben estar unidos, para esto empregaremos unha estrutura con forma de triángulo rectángulo que conteña os espellos na súa parte máis longa e que pola outra esté unida ao foco. Esta estrutura xirará en torno a un eixe situado na parte superior.
    OLYMPUS DIGITAL CAMERA2. O material que vamos a empregar será a fibra de madeira xa que, ademáis de ser resistente, é fácil de traballar e asequible. Tamén pensamos en traballar con algún metal, como o aceiro, debido a súa gran resistencia, pero decidimos empregar a fibra de madeira debido a que nos aporta moitas máis vantaxes a hora de traballar con ela.
    3. Para intentar alixeirar o peso prescindiremos de toda a madeira que nos sexa posible; no centro da estructura, que terá forma de cabalete, deixaremos un oco onde situaremos o concentrador e na base da nosa estrutura tamén sacaremos uns centímetros de madeira para crear os ps. Pero sempre asegurándonos de que sexa resistente.

Os deseño de traballo da estrutura  pódense apreciar nas seguintes imaxes:

estructura_2

 

estructura_3