Estreando a cociña

Facendo chocolate e café
O día 5 de xuño, un dos poucos días de sol deste chuvioso fin de curso, fixemos café e chocolate na cociña solar. O café (9 tazas) tardou entre 15 e 20 minutos en saír, e o chocolate (1,5 litros de leite) algo máis de 25.

O raio de Arquímedes

Pintura mural de Giulio Parigi, 1599

Conta Luciano de Samosata, que Arquímedes deseñou un dispositivo con espellos ustorios, capaz de facer arder os barcos que se achegasen as costas de Siracusa, e que o usou para queimar as naves romanas no sitio de Siracusa (213-211 a. C.).

Portada da edicion latina de Thesaurus opticus de Alhazen

Moi probablemente Arquímedes nunca deseñara semellante inxenio, pero o debate que provocou aventurar esta posibilidade chegou ate os nosos días e non foron poucas as veces que se intentou demostrar, senón a veracidade da anecdota, si a verosimilitude do procedemento.

Gravado de Athanasius Kircher. Forma parte dos seus estudos sobre o tema.

Na cuarta parte de Cabiria (Giovanni Pastrone, 1914) podemos observar o funcionamento do dispositivo, presuntamente deseñado por Arquímedes para queimar as naves romanas mediante luz concentrada por espellos convenientemente orientados.

Podedes ver un fragmento neste vídeo

Podedes ver tamén o experimento realizado en 2005 no MIT sen resultados concluintes.

 

No seguinte vídeo o profesor Romulo Mussel fala do raio de Arquímedes.

Presentación do blog

Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo do IES de Brión desenvolverán co alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I un proxecto de deseño e construción dunha cociña solar con concentrador parabólico Fresnel.

Este espazo estará adicado ao seguimento deste proxecto. Será unha ferramenta básica para reunir os documentos de referencia así como para amosar a evolución e as diferentes fases do traballo.