Probas extraordinarias de setembro. EPVA 2018/19

O alumnado 3º ESO que non superou a materia de EPVA na convocatoria ordinaria de xuño deberá presentar no mes de setembro os seguintes traballos:

  • Unha paisaxe realizada con técnica libre. Deberá incluír, cando menos, elementos no primeiro plano, elementos nun plano medio e fondo.
  • Unha composición xeométrica reticular a modo de mosaico. Este traballo pode realizarse en papel con técnica libre ou empregando Geogebra para o trazado e Gimp para aplicar cor.
  • Unha composición libre empregando liñas curvas abertas con predominio dos trazados tanxentes. Este traballo pode realizarse en papel con grafito ou tinta ou no ordenador empregando Geogebra.

Este alumnado terá ademais que realizar unha proba que constará das seguintes partes:

  • Composición gráfico-plástica con técnica libre sobre un tema por determinar. Valorarase especialmente a organización dos elementos, a composición, o trazo e un adecuado uso da cor.
  • Resolución dun exercicio de xeometría relacionado con tanxencias ou construción de polígonos.
  • Breve cuestionario sobre os traballos entregados.

O alumnado de 4º ESO que non superou a materia de EPVA na convocatoria ordinaria de xuño deberá presentar no mes de setembro os seguintes traballos:

  • Un bodegón en claroscuro. Deberá incluír elementos cotiás de diferentes formas e tamaños. Valorarase especialmente a organización dos elementos, a composición, o trazo e unha adecuada valoración tonal.
  • Un cartel alusivo aos hábitos de vida saudable en calquera das súas dimensións. Deberá incluír elementos gráficos e texto empregando unha tipografía acorde á mensaxe. Este traballo pode realizarse en papel con técnica libre ou empregando o ordenador (Inkscape ou Gimp).
  • Unha animación de cando menos 20 segundos de duración con temática e estilo libre. Este traballo pode resolverse en 2D con Gimp ou en 3D con Blender. Pódense empregar cantas técnicas complementarias sexan precisas.

Este alumnado terá ademais que realizar unha proba que constará das seguintes partes:

  • Construción a man alzada dunha perspectiva cónica oblicua dun espazo arquitectónico segundo un tema proposto no momento (vista interior ou exterior). Valorarase especialmente a organización dos elementos perspectivos, a composición, o trazado e unha adecuada valoración tonal.
  • Levantamento con regra, compás e plantillas da perspectiva axonométrica dun volume sinxelo. Valorarase especialmente unha adecuada interpretación e representación da figura e a calidade do trazo.
  • Breve cuestionario sobre os traballos entregados.

 

Deixa unha resposta