Escolma de animación

Symphony. Erick Oh

Unha animación de Tomas Nilsson a partir do conto de Carrapuchiña vermella

Gridin. Unha animación de Rogier Van Der Zwaag

Audi Q5

Blu. Muto

Vincent. Unha animación de Tim Burton

El viaje de Said. Goya 2007 na categoría de curtas de animación

Alain Bashung. Lhomme à tête de chou (Teaser). Unha animación de Maxime Bruneel.

Jugend Forscht 2012 Preisverleihung

 

Save

Neve en “Frozen”

Como xa sabedes é moi importante observar atentamente e analizar aquilo que queremos representar. Cando traballamos en animación debemos estudar o comportamento físico dos elementos representados, as traxectorias, as velocidades, as aceleracións, etc. Neste vídeo podedes ver con que minuciosidade se fai todo isto na animación profesional. Trátase da análise da neve realizada para Frozen de Disney.

Puntos notables do triángulo

Na seguinte construción dinámica podes ver os catro puntos notables do triángulo.

O incentro ou centro da circunferencia inscrita no triángulo atópase na intersección das bisectrices do ángulos do triángulo. A circunferencia inscrita pasa por tres puntos de tanxencia cos lados do triángulo que se atopan nas respectivas perpendiculares aos lados pasando polo incentro.

O circuncentro ou centro da circunferencia circunscrita atópase na intersección das mediatrices dos lados do triángulo.

O ortocentro atópase na intersección das alturas do triángulo. Nos triángulos obtusángulos estas non se cortan, polo que será preciso prolongalas mediante rectas.

O baricentro ou centro de masas do triángulo atópase na intersección das medianas.

Modifica a posición dos vértices A, B e C para construir diferentes triángulos. Observa as posicións dos distintos puntos notables e saca conclusións.