Arquivos do autor: xabier
Bisectriz dun ángulo
A bisectriz dun ángulo é unha recta que o divide en dous ángulos iguais.
Resulta moi interesante esta outra definición, da que por certo se deriva o procedemento para calculala: A bisectriz dun ángulo é o conxunto de puntos que equidistan dos seus lados.
Mediatriz dun segmento
A mediatriz dun segmento é unha recta que o divide en dous segmentos iguais.
Resulta moi interesante esta outra definición, da que por certo se deriva o procedemento para calculala: A mediatriz dun segmento é o conxunto de puntos que equidistan dos seus extremos.
Puntos notables do triángulo
Na seguinte construción dinámica podes ver os catro puntos notables do triángulo.
O incentro ou centro da circunferencia inscrita no triángulo atópase na intersección das bisectrices do ángulos do triángulo. A circunferencia inscrita pasa por tres puntos de tanxencia cos lados do triángulo que se atopan nas respectivas perpendiculares aos lados pasando polo incentro.
O circuncentro ou centro da circunferencia circunscrita atópase na intersección das mediatrices dos lados do triángulo.
O ortocentro atópase na intersección das alturas do triángulo. Nos triángulos obtusángulos estas non se cortan, polo que será preciso prolongalas mediante rectas.
O baricentro ou centro de masas do triángulo atópase na intersección das medianas.
Modifica a posición dos vértices A, B e C para construir diferentes triángulos. Observa as posicións dos distintos puntos notables e saca conclusións.
Poliedros regulares
Podedes observar os cinco poliedros regulares inscritos nunha esfera. Para velos basta con activar a casiña de verificación correspondente.
Lembra que so existen cinco poliedros regulares, tamén chamados corpos platónicos ou sólidos fundamentais.
A toda cor
Matiz, luminosidade e saturación
Desprazando o cursor sobre o lenzo poderás experimentar coa luminosidade e a saturación das tres cores primarias en cor luz.
Xogando coa cor
Color de Method of Action é un interesante e entretido xogo no que poderás demostrar canto sabes sobre a cor.
Movies in color
Código hexadecimal da cor
Como moi probablemente xa saibas, a cor de cada pixel dunha imaxe RGB ven determinada polas cantidades de vermello, verde e azul que o constitúen, segundo 256 valores diferentes para cada canle que oscilan entre o 0 e o 255. Das combinacións destes 256 valores por canle resultan un total de 16.777.216 cores que ocupan un total de 24 bits (3 bytes).
O código de cor HTML ou código hexadecimal da cor ten a seguinte estrutura #RRGGBB, e os seus valores oscilan entre o #000000 para o negro e o #FFFFFF para o branco.
ColRD e Hailpixel son dúas aplicacións en liña coas que poderás obter cómodamente o código hexadecimal de calquera cor.